Calendario
Info da proba

Vigo - San Silvestre

31/12/2023 11:30 - 12:30
Regulamento SAN SILVESTRE DE VIGO 2023
A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Concello de Vigo
organizan a carreira de fin de ano San Silvestre de Vigo 2023.
As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo e estarán suxeitas ao seguinte:
REGULAMENTO
1.- Data:
A proba celebrarase o domingo 31 de decembro de 2023 a partir das 11:30 horas.
2.- Saída e Meta:
A saída e meta da proba estará situada na Praza Porta do sol.
Ubicación -> https://maps.app.goo.gl/BKteXWMpqA8aspcF6 .
3.- Participantes:
Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, estean ou non
federadas. Non haberá clasificación da mesma por tratarse dunha proba NON COMPETITIVA.
O control da carreira estará a cargo do comité galego de xuices da Federación Galega de
Atletismo. Os/as participantes deberán cumplir coas condicións de participación e inscrición
reflectidas no presente regulamento. Na proba os/as participantes poderán correr disfrazados,
pero o dorsal deberá estar visible en todo intre na parte anterior do corpo.
4.- Inscricións, prazos e prezos:
A inscrición realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com
(máis info en www.atletismo.gal ).
Prezos de inscripción: GRATUITA
Prazos de inscrición: NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA
◼ Ata o 25 de decembro ás 14:00 horas para recollida de dorsais do 26 o 29 de
decembro;
◼ Do 25 de decembro ás 14:01 horas ata o 29 de decembro as 14:00 horas para
recollida de dorsais o 30 de decembro.
5.- Horarios, distancias aproximadas e Categorías:
CATEGORÍA ANOS NACEMENTO DISTANCIAS (Aprox.) HORARIO
Nen@s De 2023 ata 2006 4,5 Km aprox. 11:30 horas
Adultos 2005 e anteriores 4,5 km aprox. 11:30 horas
6.- Percorrido e distancia.
DISTANCIA: 4,5 km aprox.( 1 volta completa o percorrido).
PERCORRIDO: Saida da Porta do Sol, Elduayen, Poboadores, San Francisco, Avenida de
Beiramar, Teófilo Llorente, Mestre Mateo, Cánovas del Castillo, Carral, Marqués de
Valladares, Rosalía de Castro, Pontevedra, Areal, Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, García
Barbón, Policarpo Sanz, para chegar novamente o punto de saída
7.- Recollida de dorsais :
Lugar: Decathlon Vigo (Parque comercial Meixoeiro)
Horario: de 10:00 horas a 22:00 horas.
Prazos recollida de dorsais:
➔ Do 26 o 29 de decembro para inscricións feitas ata o 25 de decembro ás 14:00 horas;
➔ Día 30 de decembro para inscricións feitas desde o día 25 de decembro ás 14:01 horas
ata o día 29 de decembro as 14:00 horas.
8.- Recollida de alimentos:
Como en anteriores edicións, na carreira San Silvestre levarase a cabo unha acción solidaria
en favor do Banco de Alimentos. Tódolos participantes entregarán alimentos non
perecedeiros no horario de 15:00 a 16:45 horas nas carpas habilitadas nas rúas Principe e
Carral.
9.- Premios e agasallos:
• Recibirán premio os tres mellores disfraces de cada categoría Nen@s, Adultos e aos
tres mellores difraces grupais.
• Os 1.500 primeiros participantes en entregar alimentos antes da saida nas carpas do
banco de alimentos situadas nas ruas Principe e Carral (nas inmediacións de porta do
sol) recibirán un gorro de Papa Noel.
Os premios entregaranse no escenario da praza Porta do Sol unha vez rematada a proba.
10.- OUTRAS DISPOSICIÓNS REGULAMETARIAS.
Non está permitido o acompañamento na proba por ningún vehículo alleo á organización, nin
bicicletas, patíns ou persoas NON inscritas que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos
aos participantes.
SERVIZOS MÉDICOS
A organización contará cos servizos médicos obrigatorios, dotando de ambulancias a zona de
saída/meta e distintos puntos do percorrido. Os servizos médicos e o Xuíz Árbitro da
competición están facultados para retirar da proba a calquera participante que manifeste un
mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.