Calendario
Info da proba

Narón - San Silvestre

31/12/2023 16:50 - 17:50
Regulamento San Silvestre Naronesa
Artigo 1. Organización:
O Concello de Narón e a AD Náutico de Narón organizan “A trintaeunodoce” (San
Silvestre Naronesa). A proba terá lugar o domingo 31 de decembro, con saída e meta na
Estrada de Castela (Freixeiro) e discorrerá por dita Estrada. A proba estará aberta a todos
os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta
participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para
rematar a proba.
Artigo 2. Categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os
autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por persoas e vehículos da
organización.
CATEGORÍA/ANOS DISTANCIA HORA DE SAÍDA
A PITUFOS (2015 e posteriores) 200 mts (aprox) 16:20
B PROMOCIÓN (2014-2008) 1556 mts (1v) 16:30
C SENIOR (2007-1988) 3112 mts (2v) 16:50
D MASTER (1987 e anteriores) 3112 mts (2v) 16:50
Artigo 3. Condicións de participación:
- As inscricións faranse a través da páxina web > > > www.galitiming.com
- A inscrición pecharase o 25 de decembro ás 23:59 horas.
- Non se admitirán inscricións fora de prazo.
- A inscrición na proba é persoal e intransferible
- NON está permitida a participación na proba con mascotas.
- A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo
participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
- No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a
decisión quedará en mans da organización.
- A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados
para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento. Serán motivo de
descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
• Non respetar as indicacións dadas pola organización.
• Non realizar todo o circuíto da carreira.
• Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
• Falsificar datos persoais.
- Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA,
RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
Artigo 4. Percorridos:
A saída e meta estarán situadas na estrada de Castela nº 336 (punto próximo á rotonda
de Freixeiro), mentres o punto de retorno para as categorías B, C e D estará na mesma
estrada de Castela nº 525.
A organización poderá modificar o percorrido por motivos de seguridade ou por causa de
forza maior.
Artigo 5. Inscricións
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina: www.galitiming.com
Os dereitos de inscrición na carreira absoluta terá un custe de 3 €uros. Na proba de
promoción serán de 1 €uro e a proba de pitufos será gratuíta.
O prazo de inscrición será do 1 de decembro ó 25 de decembro ás 23:59 horas.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular
ou federado, e neste caso facilitarase o número de licenza e o clube.
Artigo 6 . Retirada de Dorsais
Os dorsais poderanse retirar o día 31 de decembro na caseta de información turística do
Concello próxima a Saída/Meta (Rotonda de Freixeiro) desde as 15:15 e desde as 16h00
do venres 29 ata as 21h00 do sábado 30 en DECATHLON Ferrol.
Artigo 7 . Premios e clasificacións:
- A entrega de premios será no parque de Freixeiro e farase unha vez finalice a proba
absoluta.
- Clasificacións, segundo as categorías indicadas no artigo 2. As clasificacións e a
cronometraxe será electronica e apoiada polo Comité Galego de Xuíces.
- Haberá medallas para os tres primerios clasificados de cada categoría e sexo, segundo
as categorías indicadas no artigo 2.
- Na categoría de PITUFOS darase un agasallo a tod@s @s participantes. Trátase dunha
proba NON COMPETITIVA. Non haberá premiacións para esta categoría nin se farán
clasificacións.
- Premio Especial aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos absolutos da
proba.
- Haberá un sorteo con diferentes agasallos unha vez finalice a proba.
Artigo 8. Seguro
Tod@s @s participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun
padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa
dacompetición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao
lugar da competición ou desde o mesmo.