Calendario
Info da proba

Muros

18/02/2024 9:00 - 13:00
Regulamento TRAIL COVA DA BRUXA 2024
O clube de atletismo Serres Runners organizará a terceira edición do Trail e Andaina Cova
da Bruxa o domingo 18 de febreiro de 2024 a partir das 09:00 horas no Concello de Muros.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. En adultos
desputarase sobre 2 distancias trail classic (15 e 23 km aprox.); tamén haberá una andaina de
11 km aprox.e un Trail preclassic de 7,5 km, así como probas para escolares. A proba rexirase
polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. Lugar de SAIDA de todas as probas:
As probas sairán desde o instituto de As Insúas (Serres).
Ubicación: https://goo.gl/maps/UKhKBFd2WQrAjHqA7
Artigo 2. Horarios e distancias.
O III Trail Cova da Bruxa terá os seguintes horarios e distancias:
HORA PROBA DISTANCIA DESNIVEL ANOS CATEGORÍA PRAZAS
09:00 h
Trail Terras
de Sestaio
(Longo)
23 km aprox 1200 m + aprox 2006 e anteriores ABSOLUTA 300
09:30 h
Trail do
Valdexería
(Curto)
15 km aprox 690 m + aprox. 2006 e anteriores ABSOLUTA 300
09:35 h
Trail Pedra
do Corvo
(Minitrail)
7,8 km aprox 460 m + aprox. 2007-2008 Sub 18 200
09:40 ANDAINA 11 km aprox 400 m + aprox. 2004 e anteriores ABSOLUTA 200
13:00 h
Trail dos
Corzos 2 km aprox
SAIDA DO
INSTITUTO
De 2009 a 2012 Sub 14 – Sub 16 50
13:15 h
Trail dos
Raposos 1 km aprox
SAIDA DO
INSTITUTO
De 2013 a 2016 Sub 10 – Sub 12 50
13:30 h
Trail dos
Esquíos 300 m aprox.
SAIDA DO
INSTITUTO
2017 e
posteriores
Sub 8 50
Tódolos deportistas das modalidades classic e preclassic deberán pasar por cámara de chamadas
ata 15 minutos antes da saída.
Dispoñeranse de caixóns de saída para cada proba sendo obrigatorio respectar os mesmos.
Artigo 3. Límite de prazas.
Establecerase, tal e como indica o cadro de horarios presente neste regulamento, un límite
de prazas en cada modalidade de Trail de adultos (Curto e Longo), sub 18, andaina e probas
escolares.
Unha vez se chegue a esas cifras na inscrición, percharase á mesma en cada carreira
programada.
Artigo 4. Categorías de competición.
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE TRAIL CURTO E TRAIL LONGO
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SENIOR MASC / FMNO De 2006 ate máster
MASTER 1 MASC / FMNO Nados entre 1989 e 1979
MASTER 2 MASC / FMNO Nados entre 1978 e anteriores
ABSOLUTA MASC / FMNO Calquera das categorías anteriores
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS PROBAS ESCOLARES
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 18 2007 – 2008
SUB 16 2009 - 2010
SUB 14 2011 – 2012
SUB 12 2013 – 2014
SUB 10 2015 – 2016
SUB 8 2017 e posteriores
ANDAINA (NON COMPETITIVA): 2004 e anteriores.
Artigo 5. PARTICIPACIÓN E SEGURO / LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os
participantes inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running que
incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán
federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os
deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa
correspondente licenza. Para o resto de participantes suscribirase un seguro (licenza de día).
Artigo 6. DISTANCIAS, DESNIVEIS e TEMPOS MÁXIMOS DE REALIZACIÓN DA
PROBA NOS TRAILS E ANDAINA DE ADULTOS
A partir do 15 de xaneiro a organización publicará tódolos tracks e percorridos para
disposición dos participantes
DISTANCIAS:
Minitrail: 7,9 km aprox.
Andaina: 11,00 km aprox.
Trail Curto: 15,2 km aprox.
Trail: 23,00 km aprox.
DESNIVEL POSITIVO:
Minitrail: 460 m aprox.
Andaina: 400 m aprox.
Trail Curto: 690 m aprox.
Trail: 1200 m aprox.
TEMPO MÁXIMO DE REALIZACIÓN DA PROBA:
Minitrail: 2 h (cumprido o tempo retirarase o/a participante da proba).
Andaina: 4 h (cumprido o tempo retirarase o/a participante da proba).
Trail Curto: 3,5 h (cumprido o tempo retirarase o/a participante da proba).
Trail: 4 h (cumprido o tempo retirarase o/a participante da proba).
TRAIL CLASSIC - LONGO
TRAIL CLASSIC – CURTO
TRAIL PRECLASSIC - MINI
ANDAINA
Artigo 7. INSCRICIÓNS. PREZOS E PRAZOS
As inscricións realizaranse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e
www.atletismo.gal .
APERTURA DE INSCRICIONS: venres 3 de novembro de 2023 ás 22.00 h
PECHE DE INSCRICIONS: mércores 14 de febrero de 2024 ás 23.59 h
PREZOS DA INSCRICION:
✓ TRAIL CURTO: 15 €
✓ TRAIL LONGO: 20 €
✓ MINITRAIL: 12 €
✓ ANDAINA: 12 €
✓ PROBAS ESCOLARES: 2€
Artigo 8. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais poderán recollerse nos seguintes puntos:
• Sábado 17 de febreiro: de 17:00 a 20:00 horas no Instituto As Insúas
(opción recomendada);
• Domingo 18 de febreiro: a partir das 08:00 horas e ate 15 minutos antes do
comenzo de cada proba no lugar de saída.
Artigo 9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:
▪ Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no
presente regulamento;
▪ Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados/as absolutos das probas de Trail Curto e
Trail Longo.
▪ AGASALLO para todos os participantes (poderán recollelo xunto co dorsal de
competición antes da saída das probas).
▪ Premio PARTICIPACIÓN ao clube ou equipo con maior número de participantes
chegados á meta da proba.
▪ A entrega de premios realizarase a partir das 13:15 horas aproximadamente no
lugar de saída e meta de todas as probas.
▪ Premios NON acumulativos.
Artigo 10.SERVIZO DE DUCHAS e VESTIARIOS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas e vestiarios no instituto As
Insúas (Serres). Ubicación: https://goo.gl/maps/UKhKBFd2WQrAjHqA7
Artigo 11. AVITUALLAMENTOS
Haberá 3 puntos de abastecemento nos Trails Longo, Trail Curto e Andaina e 1 no Mini Trail,
será responsabilidade do deportista portar sistema de hidratación para facer uso dos
mesmos.
▪ Avituallamento 1 (común aos Trails Longo e Curto): km 7 aprox. (líquido e sólido);
▪ Avituallamento 2 (só Trail Longo): km 15 aprox. (líquido e sólido);
▪ Avituallamento META (todas as probas): (líquido e sólido).
A asistencia externa a calquera deportista durante a competición non estará
permitida. As zonas de abastecemento estarán acotadas en inicio e fin. Non estará
permitido abandonar o abastecemento con ningún tipo de residuo do mesmo,
incluídas as posibles ‘codias’ de froita como poden ser mondas de plátano ou
laranxa
Artigo 12. MATERIAL OBRIGATORIO
O material estará revisado polo comité galego de xuíces, podendo facerse total ou
parcialmente en saída, meta ou durante o percorrido.
O uso de auriculares ou elementos de igual índole non está permitido.
As penalizacións e descalificacións sobre o material obrigatorio serán as oficiais da circular
105-2023 da Federación Galega de Atletismo. O seguinte material afectará ás modalidades
Trail classic e preclassic, sendo igualmente recomendable no resto de disciplinas do evento.
*LISTAXE DE MATERIAL OBRIGATORIO:
• Dorsal visible na parte frontal.
• Manta térmica.
• Chifre.
• Teléfono móvil (operativo).
• Sistema de hidratación (só Trail classic).
*LISTAXE DE MATERIAL RECOMENDADO:
• Curtaventos ou chaqueta impermeable.
*IMPORTANTE: A organización publicará ata un máximo de 5 días antes o material
obrigatorio definitivo, podendo pasar o recomendado a ser obrigatorio en función da
meteoroloxía prevista.
Artigo 13. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
O Club Serres Runnes e o Concello de Muros publicarán a información de accesos para
tódolos participantes facilitando os accesos a recollida de dorsais, saída, meta e zonas de
paso intermedias. Tamén se facilitará a información de transporte público.
A proba contará con retransmisión en vivo, accesible desde as distintas plataformas
habilitadas ó seu efecto.
O evento conta con proxecto de percorrido alternativo e plan de evacuación ante calquera
imprevisto, sendo obrigatorio cumplir as indicacións correspondentes por parte dos
participantes.
O plan de xestión de residuos e protección ambiental do III Trail Cova da Bruxa garantiza un
uso responsable do medio natural e a preservación do mesmo así como a correcta
distribución de calquera residuo ou material empregado para a realización do evento.
Artigo 14. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis
tarde de 30’despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e
WORLD ATHLETICS para probas de Trail Running.