Calendario
Info da proba

Pontevedra

28/01/2024 12:30 - 13:30
Regulamento Regulamento da “XII Carreira Pedestre San Brais 2024”
PREVIO Á CARREIRA
1. DATA:
A Asociación Veciñal Salcedo Norte, coa co-organización do Concello de Pontevedra,
organizan o domingo 28 de xaneiro do 2024 a partir das 12,30h a “XII Carreira Pedestre
San Brais 2024”.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS:
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas
nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de
participación.
MASCULINA / FEMININA
ANO CUMPRIDOS O DÍA DA PROBA
MENOR MAIOR
CUMPRIDOS
Chupete De 00 A 04
Pitufo/a De 05 A 07
Benxamín De 08 A 09
Alevín De 10 A 11
Infantil De 12 A 13
Cadete De 14 A 15
Xuvenil De 16 A 17
Senior De 18 A 39
Veteranos/as +40 De 40 A 49
Veteranos/as +50 De 50 A 59
Veteranos/as +60 De 60 A 69
Veteranos/as +70 De 70 Ou máis
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente
regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á
vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde, que me habiliten para participar en probas deportivas de
máis de 6.000 metros.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña
participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras
circunstancias, agresións,...), e a Organización non será responsable de calquera lesión
ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións,
carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a
utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Asociación de Veciños
Salcedo Norte (Centro Sur - Rúa Luís Braille, 40, Centro Sur, 36003, Pontevedra) ou ao
correo avsalcedonorte@gmail.com.
- Conforme á normativa vixente, informámoslle de que os seus datos persoais
pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación de Veciños
Salcedo Norte. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira
Pedestre de San Brais así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por
escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os
termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida,
ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a
Organización.
4. INSCRICIÓNS E ENTREGA DE DORSAIS:
Todas as categorías faranse en www.championchipnorte.com ata as 23:59 horas do día
21 de xaneiro 2024. Todas as inscricións son persoais e intransferibles.
CATEGORÍA DATA TOPE
INSCRICIÓN RECOLLIDA DE DORSAIS COTA SISTEMA DE INSCRICIÓN ALUGUER
CHIP
Chupetes
MENORES
E
MAIORES
DE
IDADE
Só telemática
ata as 23.59h
do
21/01/2024
O día 27/01 de 11.00
ás 13.00h e de 18.00
a 20.00h.
No Centro comercial
Carrefour (San Brais -
Salcedo)
Non se entregan
dorsais o día da
carreira
As persoas inscritas de fóra
da comarca que pidan
excepción a
avsalcedonorte@gmail.com
poderán ser autorizadas
expresamente a recoller o
dorsalo día da proba.
DE BALDE / GRATUITA
www.championchipnorte.com
NON
Pitufos/as
Benxamín
Alevín
Infantil
Cadete
Xuvenil
Senior
7€ 2€ DE NON
TELO
Veteranos/as
+40
Veteranos/as
+50
Veteranos/as
+60
Veteranos/as
+70
No caso de que o/a deportista maior de idade que se inscriba estivera en situación de
desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde, agás o chip que terá que
pagar 2 € do aluguer, devolvéndose a cota de participación polo mesmo sistema de
pago (non o aluguer do chip). A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá
que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego”
(D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego, en vigor ese día (que terá que presentar
obrigatoriamente ao recoller o seu dorsal); En caso de non presentación do documento
acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
5. COMO CHEGAR EN COCHE E ESTACIONAR.
A prioridade é achegarse a pé ou en bicicleta; de non ser así, saír de Pontevedra pola
Avda. de Eduardo Blanco Amor (EP0012) dirección á BRILAT ou centro comercial
Carrefour ou ao Lago Castiñeiras, ao atopar o Carrefour xirar á esquerda a avanzar ata
a primeira rotonda e alí estacionaremos no andar superior do propio centro comercial
Carrefour (antes das 12.00 e non se poderá mover o coche ata as 13.30 horas).
6. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES:
Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de
Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá unha ambulancia e un
médico/a para a atención.
7. PERCORRIDO.
Terá unha lonxitude variable en función da categoría. No caso das categorías de
menores de idade farano nun circuíto pechado sobre asfalto no parking inferior do
Centro Comercial Carrefour (Especificado no cadro inferior). Para os maiores de idade
o percorrido será polo parroquia de Salcedo comprendendo tramos de asfalto e tramos
de terra. Haberá diversos controis de paso obrigatorios.
8. DESCUALIFICACIÓNS.
O servizo médico da competición, ou persoal de organización, están facultados para
retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que
non realice o percorrido completo, que non teña dorsal diante, que manipule a
publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere
en protestas ante a Organización.
9. CHIP.
Estableceranse controis de cronometraxe de Chip (deberá ir suxeito aos cordóns das
zapatillas) por todo o percorrido, co propósito de verificar que todos os/as atletas
realicen a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso
totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas
na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados,
sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do
chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos,
premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
10. PERSOAS NON INSCRITAS.
Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e
non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a
abandonar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA
11. OUTROS.
Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo
médico,... NON HABERÁ DUCHAS NIN GARDARROUPAS.
12. PREMIOS.
A clasificación será por categorías e absoluta, e premiarase como vencedores/as
absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos
recibirán o premio correspondente a esta clasificación e recibirán tamén o premio da
súa categoría particular.
1º 2º 3º
ABSOLUTA
Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.
1º 2º 3º
Todas as de
maiores de
idade
Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
Regulamento da “XII Carreira Pedestre San Brais 2024”
Nas categorías: Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil,
recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.
O “Trofeo Julian Bernal” será para o corredor e á corredora máis veterano/a en tomar
parte nesta edición.
13. PROTOCOLO DE ENTREGA DE TROFEOS.
A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.30 horas na zona de
meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma,
podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que
renuncian ao premio material.
14. TERCEIRO TEMPO:
Haberá un sorteo de lacóns entre as persoas participantes nas categorías de maiores
de idade, xusto antes da saída ( 12:15 h.). Haberá unha chocolatada para todos os/as
deportistas ao remate da carreira.
15. PARA MAIS INFORMACIÓN.
Máis información (e axuda para a inscrición en caso necesario) a través da Asociación
Veciñal Salcedo Norte en avsalcedonorte@gmail.com, no teléfono 664381343 ou nas
redes sociais da Asociación Veciñal: https://linktr.ee/a.v.salcedonorte