Calendario
Ver carrera

Cerceda

11/05/2024 18:00 - 19:30

[ Go Back ]

Descripción II Os 11 das Vías, Cerceda

Data: sábado, 11 de maio de 2024.
Hora: 18:00 h.
Distancia: 11.000 m.
Inscricións: Carreiras Galegas

:: Le e comenta "Os 11 das Vías" neste tema do foro ::

Percorridos das probas (clic para ampliar).


O Club Atlética A Silva, o Albergue da Estación e o Concello de Cerceda organizan esta carreira de 11 km que mestura, no seu percorrido, zonas de trail de baixa dificultade con tramos de asfalto.

Esta proba pretende dar a coñecer a Vía Verde que conecta actualmente Cerceda con Oroso, así como a área de descanso xerada na antiga Estación de Queixas-Cerceda, rehabilitada como albergue turístico. Do mesmo xeito, a carreira colabora coa Asociación Española Contra o Cancro na investigación oncolóxica e o financiamento de proxectos que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro.

Art. 1 - DATA
Os 11 das Vías terá lugar o 11 de maio de 2024 en Cerceda. A proba estará incluída no calendario oficial autonómico da Federación Galega de Atletismo.

Art. 2 - HORARIO
A carreira comezará ás 18.00 p.m.

Art. 3 – CIRCUITO
A proba levarase a cabo sobre a distancia de 11 km. O percorrido discorre sobre asfalto, camiños e a propia vía verde. A ruta estará debidamente sinalizada e terá marcados todos os quilómetros.

Está prohibido usar como zonas de carreira as non sinalizadas como tal.

O incumprimento desta regra, así como atallar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das persoas infractoras.

A saída e a meta estarán no Albergue da Estación de Queixas-Cerceda.

A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.

ART. 4 - CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo Comité Galego deXuíces da FGA.
Todas as reclamacións deberanse facer verbalmente ao/á Xuíz Árbitro da proba ata 15 minutos despois da publicación dos resultados.

INFORMACIÓN XERAL
Art. 5 – SISTEMA DE CRONOMETRAXE
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá un punto de control de chips a mitade do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por ese punto poderán ser descualificadas coa consecuente non aparición nos resultados finais.

Art. 6 - UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles, son exclusivos desta carreira e deben colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen ocultar e sen manipulacións, manténdoos así durante toda a proba.

Os dorsais contarán cun código QR a través do cal as persoas que cheguen á meta (finishers) poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean rexistradas ou que corran sen dorsal e/ou chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas regulamentariamente rexistradas. Non se permitirá a participación co dorsal e o chip correspondente a outra carreira ou persoa, con máis dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa o oficial.

Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A organización resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.

Art. 7 – UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas materiais de ningún tipo. No caso de persoas con diversidade funcional poderán contactar coa organización para asegurar a accesibilidade do percorrido.

Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes.

Tampouco está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.

Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa participante.

Art. 8 - DESCUALIFICACIÓNS
A organización reservase a facultade de retirar da proba ao/à participante que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira, así como aos/as participantes que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos
médicos ou membros da organización debidamente identificados.

Os/as xuíces/xuízas da proba terán a facultade de descualificar ao/á infractor/a que non leve visible o seu dorsal, que o manipulen e/ou cedan a outra persoa, altere os datos facilitados á organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA, WA e IPC.

As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.

Art. 9 - PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O tempo máximo de realización da carreira será de 1 hora e 30 minutos.

Ao cumprirse este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e trasladarse á zona peonil, consideraráselles “fóra de carreira” e non figurarán nas clasificacións.

Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade, debendo cumprir en todo momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.

Art. 10 - CATEGORÍAS
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS HORARIO* DISTANCIA
Sub 20 (nadas/os nos anos 2005/2006) 18:00 h 11.000 aprox.
Sub 23 (nadas/os nos anos 2002/2003/2004) Senior (nadas/os desde 2001 ata os 34 anos cumpridos o día da proba)
Máster 1 (De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba)
Máster 2 (De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba)
Máster 3 (De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba)
Máster 4 (a partir de 65 anos cumpridos o día da proba)
Atletas con diversidade funcional*: nados/as en 2005 e anos anteriores

*Atletas con diversidade funcional: Consutar coa organización a acesibilidade do percorrido.
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un máximo de 2 guías para os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de participantes con discapacidade intelectual, de atletas de apoio, debe comunicarse con antelación á Federación Galega de Atletismo, así como o punto quilométrico exacto onde se situarán os/as guías das persoas corredoras con discapacidade visual para facer a remuda.

A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde, para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal.

Para optar a trofeo na categoría de atletas con diversidade funcional é necesario inscribirsenesa categoría.

A organización resérvase o dereito de incluír algunha categoría promocional durante a carreira, que terá unha normativa especifica para a súa regulación.

CATEGORÍAS E INSCRICIÓN
CATEGORÍAS EQUIPOS DE EMPRESAS HORARIO* DISTANCIA
PARELLA MASCULINA 18:00 h 11.000 aprox.
PARELLA FEMININA
TRIO MASCULINO
TRIO FEMININO
A clasificación oficial por equipos establécese tendo en conta a suma de tempos de cada compoñente do equipo. Se algunha das persoas compoñentes do equipo non participase ou non terminase a proba, o seu equipo non aparecerá na clasificación de equipos de empresas.

Art. 11 – INSCRICIÓN, COTA E APORTACIÓN SOLIDARIA
a) A inscrición en liña realizarase a través da pasarela de pagamento inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación de este regulamento, ata o 5 de maio de 2023 ás 23:59.

b ) Cota e prazos de inscrición:
• Prazo: ata o 5 de maio: 6 €
A organización non aceptará ningún tipo de inscrición posterior a este prazo.

c) 1 € de cada inscripción terá como destino a XXXXXX (XXXXXXXXX), a fin de colaborar na investigación oncolóxica e o financiamento de proxectos que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro. Asimesmo, todas as persoas participantes poderán completar a doazón voluntariamente coa cantidade que desexen. Asimesmo, todas as persoas participantes poderán completar a doazón voluntariamente coa cantidade que desexen.

Art. 12 - DEVOLUCIÓN DA COTA
Só se devolverá a tarifa de inscrición en caso de lesión e /ou enfermidade grave, presentando un informe médico na Federación Galega de Atletismo (Avenida de Glasgow, 13 Edificio Federacións. 15008, A Coruña / info@carreirasgalegas.com).
De non enviarse o informe mencionado anteriormente, non se realizará ningún reembolso. Para outros casos xustificados a organización avaliará a devolución da cota.
O prazo para presentar o informe médico na FGA terminará o venres anterior á celebración da carreira, ás 12.00 horas.

Art. 13 - ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS
Informarase ás persoas inscritas da hora de recollida de dorsais e camisetas. Entregaranse o día da carreira no Albergue da Estación.
A organización non pode garantir o talle, xa que o pedido de camisetas realízase con anterioridade ao peche de inscricións.

SERVIZOS A PARTICIPANTES
Art. 14 – ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA
WC, DUCHAS e GARDARROUPA: Estarán a disposición localizados na zona de saída/meta, no Albergue da Estación.

Art. 15 – AVITUALLAMENTOS E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
Establecerase un punto de avituallamento durante o percorrido e outro na liña de meta para favorecer a hidratación das persoas participantes.
Ademais, poñeranse a a disposición dos/as corredores/as colectores suficientes para a recollida selectiva de residuos e que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización destes por parte dos/as participantes poderá supoñer a descualificación.

Art. 16 - SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola lexislación vixente.
A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente. Todas as persoas rexistradas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes segundo o Real Decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do Seguro Obrigatorio Deportivo.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal, indicando os datos de nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias, enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e contacto/s en caso de emerxencia.

Art. 17 – CLASIFICACIÓNS
Publicaranse nas páxinas web www.carreirasgalegas.com. Non haberá exposición física das listaxes de resultados.

Art. 18 – PREMIOS ECONÓMICOS
Xeral:
POSTO PREMIO
Homes Mulleres
Primeiro posto 300 € 300 €
Segundo posto 200 € 200 €
Terceiro posto 100 € 100 €

NORMAS RELATIVAS A TODOS OS PREMIOS
Para poder recoller os premios será necesarioxustificar documentalmente o ano de nacemento das persoas participantes, por medio do DNI as peroas con nacionalidade española, ou do documento legal en vigor (pasaporte) ás persoas estranxeiras. Todos os premios estaránsuxeitos ás retencións legais vixentes.

PREMIOS E TROFEOS
Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender a calquera posible reclamación, a organización resérvase a posibilidade de entregar os premios en metálico a partir do luns seguinte á data da competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios económicos quedarán retidos ata a súa resolución oficial.

Art. 19 – ENTREGA DE TROFEOS
Outorgaranse os trofeos no podio da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo 10, así como aos equipos gañadores da categoría de empresas.
A entrega de trofeos comenzará ás 19:45 horas.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que, pola megafonía, se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías.

Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo, perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.

Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberanse poñer en contacto coa organización, durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a este.



Información actualizada a 6/05/2024.

[ Go Back ]