Calendario
Info da proba

Xalo

28/04/2024 9:30 - 13:30
Regulamento REGULAMENTO
1. A asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo e a Comunidade
de Montes Veciñais de Castelo, a décimo terceira edición da Travesía do Xalo
2. DATA E LUGAR
A proba celebrarase o domingo 28 de abril de 2024 no Monte Xalo, con saída e chegada no lugar
de Folgueira (parroquia de Castelo), no termo municipal de Culleredo, e en concreto, na súa pista
polideportiva.
3. PROBAS
Trátase dun evento deportivo composto por diferentes probas:
• Carreira de 18 quilómetros
• Andaina de 10 quilómetros
• Carreiras infantís de 250 metros, 800 metros e 2 quilómetros
4. COIDADO DO ENTORNO
A Travesía do Xalo promove os valores de respecto á natureza, favorecendo a conservación do
monte, a súa flora e a súa fauna. As e os participantes na proba deberán por esta razón prestar
especial atención ao emprego dos contenedores de lixo dispoñibles, evitando deixar calquera
tipo de resíduo no monte.
5. CATEGORÍAS
• Pequerrechos e prebenxamín Nados logo do 01/01/2017 80 m.
• Alevín e benxamín Nados entre o 01/01/2013 e o 31/12/2016 250 m.
• Infantil e cadete Nados entre o 01/01/2009 e o 31/12/2012 2 km.
• Absoluta Nados antes do 01/01/2009 18 km.
• Andaina 10 km.
6. HORARIOS
A Travesía do Xalo consta de cinco distancias, a percorrer polas/os participantes en diferentes
momentos da mañá do domingo 28 de abril, segundo o seguinte horario:
• Carreira de 18 km. 9.30 horas
• Andaina de 10 km. 9.45 horas
• Carreira de 2 km. 13.30 horas
• Carreira de 250 m. 13.45 horas
• Carreira de 80 m. 14.00 horas
7. INSCRICIÓNS E PREZOS
Permanecerán abertas desde o venres 8 de marzo ata o martes 23 de abril de 2023 ás 23.59 horas
en www.emesports.es, cos seguintes prezos (os pagamentos realizaranse no momento da
inscrición):
• Andaina de 10 km 25,00 €
• Carreira de 18 km 25,00 €
• Carreira de 2 km 5,00 €
• Carreira de 250 m 5,00 €
• Carreira de 80 m 5,00 €
As/os tres primeiras/os clasificadas/os na carreira absoluta da pasada edición non pagarán
inscrición.
8. LÍMITE DE INSCRICIÓNS
Disporanse un total de 250 prazas para a carreira absoluta e de 450 prazas para a andaina.
9. PREMIOS
Entregaranse trofeos ás/aos tres primeiras/os clasificadas/os das categorías masculina e
feminina da carreira absoluta, e ás/aos tres primeiras/os clasificadas/os das carreiras de alevínbenxamín, e infantil-cadete, sen distinción de xénero. Todas e todos os participantes nas carreiras
de pequerrechos terán unha medalla.
10. DORSAIS E CRONOMETRAXE
A proba absoluta estará cronometrada pola empresa Emesports. Os chips de cronometraxe
entregaranse ás e aos participantes xunto co dorsal, e poderanse recoller o día da proba entre
as 8.00 e as 9.00 horas na polideportiva de Castelo, así como o día anterior, no mesmo lugar, en
horario de 16.30 a 20.30 horas.
11. AVITUALLAMENTOS E SINALIZACIÓN
Para a carreira de 18 km. ubicaranse dous avituallamentos líquidos, un deles tamén sólido. Na
andaina haberá un avituallamento sólido e outro líquido. O percorrido estará sinalizado con
cinta de balizaxe. Para garantir a seguridade das e dos participantes distribuiranse polo monte
máis de cincuenta voluntarias e voluntarios da organización.
12. ABANDONO VOLUNTARIO
Agás en caso de accidente, só será posible abandoar nun punto de avituallamento marcado
como tal. Prohíbese abandoar a proba sen avisar previamente á organización.
13. ABANDONO OBRIGATORIO
A organización poderá deter en calquera momento a un/ha corredor/a ou obrigarlle a abandoar
a proba se considera que o seu estado pon en perigo a súa integridade física, a súa seguridade,
ou a do resto de participantes.
14. AGASALLOS
Cada participante na carreira absoluta e na andaina recibirá unha camiseta e un ticket para
xantar na churrascada popular que se celebrará na polideportiva de Castelo ao remate das
probas deportivas.
15. SERVIZOS
Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os
participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba. Instalaranse
duchas portátiles, a disposición das e dos participantes.
16. RECLAMACIÓNS
As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente ao persoal de
Emesports nas dúas seguintes ao remate da proba, ou por escrito no correo electrónico
travesiadoxalo@castelodeporte.gal nas vintecatro horas posteriores ao remate da proba.
17. DEREITOS DE IMAXE
As e os participantes, coa súa inscrición, autorizan á organización e aos seus patrocinadores a
empregar e publicar libremente calquera fotografía ou vídeo gravado no contexto da proba.
18. DESCALIFICACIÓN
Serán motivos de descalificación:
• Atallar ou percorrer conscientemente tramos do percorrido diferentes ao oficial
• Tirar no monte lixo de calquera tipo
• Non asistir a outra/o participante en dificultades
• Non pasar polos avituallamentos ou puntos de control
19. SUSPENSIÓN
No caso de que polas condicións meteorolóxicas non fora posible que a proba dera comezo, a
organización resérvase o dereito de suspendela, neutralizala ou modificar o seu horario, o
percorrido e os avituallamentos. Neste caso non se devolverá o importe da inscrición. No caso de
suspensión da proba por causas de forza maior e cunha antelación de máis de sete días en
relación á data da mesma, realizarase un reembolso parcial da inscrición, fixado en función dos
gastos non recuperables pola organización.
20. ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
A inscrición das e dos participantes está condicionada á aceptación do presente regulamento.
21. MÁIS INFORMACIÓN
Nas web www.castelodeporte.gal e nas redes sociais da Asociación Castelo Deporte publicarase
toda a información de interese sobre a proba. No correo electrónico
travesiadoxalo@castelodeporte.gal e no teléfono 689 882 972 proporcionarase información
adicional ás e aos participantes.