Calendario
Info da proba

Cacheiras

20/04/2024 17:45 - 19:15
Regulamento CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2024 CONCELLO DE TEO

A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organizará o sábado 20 de abril de 2024 en
horario de tarde a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2024 - Concello de Teo .
A carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperará, como na pasada edición, a tradición de
conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abri l de 1846 , xa que a súa proba
absoluta discorrerá polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzaron
para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xenera l Solís . Camiños cheos de
historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de
Bamonde , Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta linea l que comeza ó pé da
reitora l de Bamonde e rematará en Cacheiras .
As probas estarán baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo e seguirán o
seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados, aínda que haberá unha soa clasificación
conxunta. O control da carreira realizarao o Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo (https://www.rfea.es/normas/pdf/Reglamento2023/05_ReglamentoCompeticion.pdf).
Todas as categorías están abertas a persoas con diversidade funcional. Se ben, deben
adaptarse ás condicións existentes para cada circuíto. As persoas con discapacidade poderán
realizar a proba acompañadas sempre que o precisen.

CATEGORÍAS DOS/AS PARTICIPANTES
PARTICIPANTES CON ACOMPAÑAMENTO (proba non competitiva)

SUB 6 (proba non competitiva): atletas nadas/os nos anos 2019 e posterioreS
SUB 8 (prebenxamín): atletas nadas/os no ano 2017 e 2018
SUB 10 (benxamín) : atletas nadas/os nos anos 2015 e 2016
SUB 12 (alevín): atletas nadas/os nos anos 2013 e 2014
SUB 14 (infantil): atletas nadas/os nos anos 2011 e 2012
SUB 16 (cadete): atletas nadas/os nos anos 2009 e 2010
SUB 18 (xuvenil): atletas nadas/os entre 2007 e 2008
SUB 20 (jun.) - SUB 23 (prom.): atletas nadas/os entre 2002 e 2006
SÉNIOR: atletas nadas/os en 2001 e ata máster 1
MÁSTER 1 H/M: atletas de 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 2 H/M: atletas de 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 3 H/M: atletas de 50 a 55 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 4 H/M: atletas de 56 ou máis cumpridos ata o día da proba

HORARIOS E DISTANCIAS
As probas escolares celebraranse en horario de tarde o día sábado 20 de abril de 2024 no
aparcadoiro do cemiterio de Cacheiras. Ningún/ha corredor/a poderá participar con axuda externa
(pais, nais...), salvo a categoría SUB 6 (proba non competitiva) e excepcións pactadas coa
organización.

Os horarios e distancias das probas serán os seguintes:
CARREIRA HORA CATEGORÍAS DISTANCIA
ESCOLARES

(Sábado 20de abril)
- 16:00 SUB 16 (cad.) –SUB 18 (xuv.) 2.800 m aprox. (2 voltas ao circuíto verde)
- 16.25 SUB 14 (inf.) 1.400 m aprox. (1 volta ao circuíto verde)
- 16:45 SUB 12 (alev) 1.100 m aprox. (1 volta ao circuíto amarelo)
- 17:00 SUB 10 (benx) 1.100 m aprox. ( 1 volta ao circuíto amarelo)
- 17:15 SUB 8 (prebenxamín. Separaranse en función do número de inscritos e dúas carreira según dorsal)
300 m aprox. (2 voltas ao circuíto vermello)
- 17.35 SUB 6 (PROBA NON COMPETITIVA) 150 m aprox. (1 volta ao circuíto vermello)

ABSOLUTA (Sábado 20 de abril)
- 17:45 SUB 20 - SUB 23, SÉNIOR E MÁSTER 10 Km aprox.
- 19:15 ENTREGA DE TROFEOS

INSCRICIÓNS
* Todas as persoas participantes (ESCOLARES E ABSOLUTOS) nas carreiras deberán
correr cun dorsal-chip. *Excepto a categoría SUB 6 (non competitiva) e participantes
que necesitan acompañante, de todas maneiras para participar nesta categoría (Sub 6)
hai que anotarse igualmente cubrindo o formulario en liña.
 CARREIRAS ESCOLARES (de sub 6 ata sub 18) ata o mércores 17 de abril de 2024 ás
23:59 horas no formulario de inscrición en liña presente na web www.emesports.es (única
forma de inscrición).
 CARREIRA ABSOLUTA: ((Júnior) sub 20, (promesa) sub 23, sénior e máster) ata o
mércores 17 de abril de 2024 ás 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma
de inscrición).

NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DOS PRAZOS ESTABLECIDOS NIN O DÍA DA PROBA
PREZOS DE INSCRICIÓN:

CARREIRAS ESCOLARES (nadas/os a partir do 2006): GRATUÍTA
 CARREIRA ABSOLUTA (sub 20 – sub 23 , sénior e máster): 6,00 €
A inscrición non se completará ata que se realice o pago no momento de rexistrarse na web
www.emesports.es .
Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 881
978 433 (Departamento de Deportes) ou no enderezo electrónico deportes@teo.ga l .
RECOMÉNDASE A TODAS AS PERSOAS INSCRITAS QUE COMPROBEN A LISTAXE DE
PARTICIPANTES EN www.emesports.es ANTES DE QUE REMATE O PRAZO DE
INSCRICIÓN.
CAMISETA CONMEMORATIVA
Todas/os as/os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.
2. RECOLLIDA DE DORSAIS E CAMISETA CONMEMORATIVA
Probas escolares (sábado 20 de abril): a partir das 12.00 horas no lugar de META e ata 45’
antes da súa proba.
 Proba absoluta (sábado 20 de abril): a partir das 12.00 horas no lugar da META e ata 45’
antes do inicio da proba respectando o horario de autobuses establecido pola
organización.
Todo/a atleta que entre na liña de meta sen o seu dorsal ou sen que estea debidamente
colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión, será automáticamente
descualificado.

3. SERVIZO DE AUTOBUSES E DE ROUPEIRO NA PROBA ABSOLUTA E NA ANDAINA :
Unha vez recollido o dorsal os/as atletas adultos/as e participantes na andaina que o
necesiten serán trasladados en autobús ata o punto de saída.
Horario de saída dos autobuses :
 Carreira absoluta: a partir das 16:30 h, o último sairá ás 17.00 h.
 Andaina: primeiro autobús das 16:30 horas.
Haberá servizo de roupeiro na liñas de saída e meta.

4. TROFEOS PARA OS/AS CORREDORES/AS :
Haberá trofeo para:
› Os/as 3 primeiros/as clasificados/as en todas as categorías establecidas (homes e
mulleres). Excepto a categoría SUB 6 e os participantes con acompañante.
› As 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da proba absoluta.
Todos/as aqueles/as participantes que non saian nas listaxes da páxina web non
poderán participar o día da carreira.
› O/A participante máis novo/a e o/a máis veterano/a que logre concluír a proba polos
seus propios medios e sen axudas externas.
› O primeiro equipo federado masculino e feminino clasificado na clasificación final*.
› O centro escolar do Concello de Teo que achegue máis participantes que logren concluír a
proba (deberá indicarse o centro educativo na inscrición).
› O/A primeiro/a clasificado/a empadroado/a en Teo en cada categoría, homes e mulleres,
(deberá indicarse se está empadroado/a ou non no concello de Teo na inscrición), o/a
participante que non o especificara correctamente na inscrición non poderá reclamar o
trofeo.
› Vale mensual para acceso á Piscina Municipal da Ramallosa ao primeiro e primeira
clasificado/a empadroado/a en Teo na proba absoluta.
› 3 invitacións de acceso á Piscina Municipal o/a primeiro/a clasificado/a empadroado/a en
Teo en cada categoría.
Os trofeos non serán acumulativos, excepto os trofeos ás e ós atletas locais.
* Para o trofeo ao equipo federado masculino e femenino da proba absoluta, a clasificación
será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos
seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo
que mellor clasifique o seu 6º compoñente (imprescindible facer a inscrición como club). Haberá
equipos masculinos e femininos nesta clasificación.
Para optar ó premio a clubs federados da proba absoluta deberán anotarse os/as atletas
individualmente na web www.emesports.es e remitir un correo á dirección
santiago@atletismo.gal indicando os datos do club e a listaxe dos/as atletas inscritos.
Para o premio ó centro escolar do Concello de Teo que achegue máis participantes ás probas,
deberán realizar a inscrición do mesmo xeito, inscribindo os atletas individualmente na web
www.emesports.es e remitindo un correo electrónico á dirección indicada (santiago@atletismo.gal)

5. RECLAMACIÓNS
As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes. Todo o non previsto no
presente regulamento resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA, por esta orde, en
vigor para probas en ruta.

6. SERVIZO DE DUCHAS
Haberá servizo de duchas a disposición dos/as atletas participantes no campo municipal da
Cañoteira.

7. DEREITOS DE IMAXE
O/a participante nas carreiras autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso
garde relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o/a participante
admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos/as os/as participantes en
calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, dvd,
internet, carteis, medios de comunicación, etc.).
Todos os dereitos de imaxe pertencerán á organización (Concello de Teo).
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil
así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece
a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida
de Glasgow13 - 15008 A Coruña.
Mais información nas webs:
www.teo.gal www.atletismo.gal www.emesports.es www.correrengalicia.org