Calendario
Info da proba

Moeche

02/06/2024 11:45 - 12:45
Regulamento REGULAMENTO DA IX CARREIRA POPULAR DE MOECHE
1. ORGANIZACIÓN:
O Concello de Moeche organiza a IX Carreira Popular de Moeche. A proba terá
lugar o Domingo 2 de Xuño de 2024 dende as 11:00 horas, con saída e chegada
nas inmediacións do Recinto Feiral situado no núcleo urbano de San Ramón e
discorrerá polas vías do Concello de Moeche.
Haberá control técnico por parte da organización en todas as categorías.
Para levar a cabo esta carreira cóntase coa colaboración da Deputación da
Coruña, Protección Civil, Xeoparque Cabo Ortegal, Lácteos Moeche, Supermercado
O Cruce, Supermercado A Tendiña Moeche, A Tenda de Iria, clínica de fisioterapia
Fisioche –Ben, Asociación de veciños Labacengos e Asociación de veciños val de
Moeche.
2. PARTICIPACIÓN:
A proba estará aberta a todos/as os/as atletas nados/as dende o ano 2021,
federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade, que posúan unha
condición física mínima para poder completar o seu percorrido e acepten as
condicións de este regulamento.
3. CATEGORÍAS E ORDE DE SAÍDA:
4. INSCRICIÓNS:
 A inscrición será gratuíta para os/as atletas das categorías menores (nados no
ano 2007 ou posteriores) e de 5 € para os/as atletas da categoría absoluta
(nados no ano 2006 ou anteriores) ; e poderá realizarse a través da páxina
web da empresa de servizos deportivos www.galitimng.com.
Calquera dúbida ou máis información serán atendidas no teléfono 666488801
ou por correo electrónico: daniel.feijoo@moeche.gal.
 O prazo de inscrición rematará o Xoves 30 de Maio ás 23:59 h.
 Límite de prazas: 350
 Non se admitirán inscricións fóra do prazo.
 Non se fará devolución da inscrición, agás por motivos debidamente
xustifiacados.
CARREIRA CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA SAIDA
1 Pitufos M/F 2019-2020-2021 75 m 11:00
2
Prebenxamín
M/F
2017 - 2018 200 m 11:05
3 Benxamín M/F 2015-2016 500 m 11:10
4
Alevín M/F 2013-2014
1000 m
11:20
Infantil M/F 2011-2012
Cadete M/F 2007 – 2008 – 2009-2010 2000 m
5 Absoluta M/F 2006 e
anteriores
Senior M/F:
2006-1985
6700 m 11:45
Veterán A
M/F:
1984-1975
Veterán B
M/F:
1974 e
anteriores
 A inscrición da proba é persoal e intransferible.
 A realización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado o
regulamento da proba.
 A realización da inscrición inclúe un agasallo conmemorativo da proba.
 A proba estará controlada polo persoal da organización e a empresa de
servizos deportivos galitiming , que estarán capacitados para descualificar a
calquera atleta que incumpra o regulamento.
Protección de datos: Todos/as os/as corredores/as ao realizar a inscrición
aceptan a publicación do seu nome e imaxe na clasificación, medios de
comunicación, cartelería e/ou internet. Mediante a inscrición o corredor/a consinte
expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para
comunicacións acerca da súa actividade. En todo caso e tal e como establece a Ley
de Protección de datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito ou correo electrónico.
5. ENTREGA DE DORSAIS:
Os dorsais entregaranse o día da proba na zona habilitada pola organización
(nave do Mercado), ata 15 minutos antes antes da saída de cada proba.
6. GARDARROUPA:
A organización habilitará un servizo de gardarroupa, pero non se responsabiliza
dos efectos depositados no interior das bolsas. Estará instalado na nave do mercado.
7. SPEAKER:
A proba estará amenizada por un speaker, que dará ánimos a todas/os as/os
participantes.
8. SERVIZO DE DUCHAS:
A organización poñerá a disposición dos/as corredores servizo de duchas.
(Pavillón Municipal de Deportes). A 500 metros da saída.
9. SERVIZO DE FISIOTERAPIA.:
A clínica de fisioterapia e rehabilitación FISIOCHE – BEN, colabora nesta carreira
para atender aos/as corredores/as que o necesiten ao rematar a proba.
10. PERCORRIDOS:
 A saída e meta situaranse diante da nave do Mercado do recinto feiral e as
diferentes carreiras realizaranse no entorno próximo arredor de toda a
localidade.
 É obrigatorio que os corredores leven durante toda a carreira o dorsal no peito,
debendo chegar á meta con el.
 En todas as carreiras haberá ciclistas abrindo e pechando o grupo de atletas.
 Na carreira de adultos, en caso de haber dobrados, estes deberán facilitar o
paso dos/as atletas máis rápidos/as botándose cara a esquerda do trazado.
 Nos tramos de dobre sentido de carreira, os/as corredores/as deberán ir pola
esquerda da calzada para non entorpecer o paso dos/as demais
corredores/as.
 O percorrido da categoría absoluta é maioritariamente sobre asfalto, con
pequenos tramos de herba e terra.
 As distancias sinaladas son aproximadas.
 A organización resérvase o dereito de realizar modificacións ou cambios no
percorrido se a seguridade o require; e na distribución das saídas dependendo
da cantidade de inscritos.
11. AVITUALLAMENTO:
Haberá servizo de avituallamento sólido e líquido ao final da proba por cortesía de
SUPERMERCADO A TENDIÑA MOECHE , SUPERMERCADO O CRUCE , A
TENDIÑA DE IRIA e BAR - TENDA TOÑITO. En caso de que a temperatura sexa
excepcionalmente alta para a época do ano, habilitarase un avituallamento líquido no
punto intermedio da carreira absoluta.
12. VEHÍCULOS:
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba son os designados pola
organización, que regularán o tráfico ao longo do percorrido. Queda totalmente
prohibido seguir aos corredores en coche, moto ou bicicleta, polo perigo que puidera
supoñer para os atletas, así como a participación de animais.
13. APARCADOIROS:
No núcleo urbano de San Ramón hai suficientes prazas de aparcadoiro sempre que
non entorpeza o circuíto das carreiras. Recoméndase estacionar nas inmediacións do
Pavillón polideportivo ou da casa do Concello
14. PREMIOS :
 A organización premiará aos tres primeiros/ras clasificados/as de cada
categoría Masculina e Feminina a partir da categoría PreBenxamín . Os/as
primeiros/as clasificados/as de cada categoría masculina e feminina tamén
levarán como agasallo un queixo doado por LÁCTEOS MOECHE.
 Os/as corredores da categoría Pitufos recibirán todos/as unha medalla, xa que
estas non son probas competitivas.
 Trofeo para o mellor Modestino e mellor Modestina (empadroados no Concello
de Moeche) en categoría absoluta.
 A entrega de trofeos realizarase unha vez remate a proba da categoría
absoluta (ás 13:00 horas aprox.) Os premios non son acumulativos, a
excepción dos trofeos a mellor modestino/a.
15. SEGURO:
A proba conta cun seguro de accidentes para todos/as os/as corredores/as que
cubre os posibles danos e responsabilidade civil durante o transcurso do evento.
Esta carreira disporá de ambulancia medicalizada para atender posibles
incidencias.
Igualmente o atleta declara estar en condicións físicas óptimas para realizar dita
proba. Todos/as os/as participantes polo feito de inscribirse, aceptan o presente
regulamento i en caso de dúbida ou de surxir algunha situación non reflexada no
mesmo, acatarase o que dispoña o Comité Organizador da proba.
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas
participantes por imprudencias ou descoidos delas mesmas.
15. DESCUALIFICACIÓNS:
A proba estará controlada por técnicos da empresa de servizos deportivos
Galitimng e polo persoal do concello de Moeche; e estarán capacitados para
descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento ou mostre unha actitude
antideportiva e irrespetuosa contra participantes, organización, espectadores e
medioambiente.
16. DEVOLUCIÓN DO CHIP DE CRONOMETRAXE:
Os/as participantes deberán devolver o chip de cronometraxe ao finalizar a proba,
no lugar habilitado pola organización (preto da liña de meta). En caso de non facelo, a
empresa cronometradora poderá cargar na tarxeta do participante o gasto
ocasionado