Calendario
Info da proba

Oleiros-Carreira da Luz

26/04/2024 21:20 - 22:20
Regulamento VI CARREIRA DA LUZ-MIRAFLORES, 26/04/2024, Oleiros
Nesta ocasión, dende o IES Miraflores traballaremos a prol da asociación Operación Pangono Pangono que, como a define o propio grupo de profesionais de
perfil técnico que a compoñen (enxeñeiros, frigoristas, electricistas…), non é unha ONG
(nin pretende selo). O seu obxectivo é mellorar a vida da xente e, en especial, dos que
menos teñen realizando os traballos que saben facer, de aí que a idea dun mundo
mellor impere en cada proxecto no que se embarcan.
HORA DE SAIDA ADULTOS: 21.20
DISTANCIA: 6KM
INSCRICIÓNS
 ON LINE: A través do formulario da páxina web do centro:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmiraflores/?q=node/1318, segundo as indicacións,
E sendo imprescindible achegar o resgardo de ingreso/transferencia a través do propio
formulario.
Nº de conta IES Miraflores (ABANCA): ES08 2080 0064 9230 4001 6160
Incidencias de inscrición: carreiradaluz@iesmiraflores.gal
Ata o XOVES, 25 de ABRIL de 2024, ás 23:59h
 PRESENCIAL: No IES Miraflores, os días 23, 24 e 25 de abril, de 10:10 a 12:30h:
Avda. Miguel Hernández, 8. 15173 Oleiros (A Coruña). Tfno: 881/880845
Entregando importe en efectivo ou resgardo de ingreso/transferencia
 INSCRICIÓN DE ASOCIACIÓNS E CLUBS: Poderán tramitarse conxuntamente
enviando un listado e xustificante de pago a: carreiradaluz@iesmiraflores.gal
DE XEITO EXCEPCIONAL, PODERANSE REALIZAR INSCRICIÓNS HASTA 2 HORAS ANTES DO INICIO DA PROBA.
IMPORTE DAS INSCRICIÓNS:
– MENORES DE 18 ANOS: DONATIVO DE 6€.
– A PARTIR DE 18 ANOS (CUMPRIDOS O 26/04/2024): DONATIVO DE 12€.
DONACIÓN VOLUNTARIA A BENEFICIO DO PROXECTO DA OPERACIÓN PANGONO PANGONO:
Nº de conta IES Miraflores (ABANCA): ES08 2080 0064 9230 4001 6160
RECOLLIDA DE DORSAIS E CAMISETAS
Venres, 26 de abril de 2024, a partir das 19:00h, no lugar de realización da carreira e ata 30 minutos antes do inicio de cada proba.