Calendario
Ver carrera

Ribeira

28/09/2024 18:00 - 19:30

[ Go Back ]

Descripción “XXV CARREIRA POPULAR SANTA UXÍA – I MEMORIAL MIGUEL
RUIZ”. SÁBADO 28 DE SETEMBRO DE 2024
O Concello de Ribeira a través da Concellería de Deportes organiza o sábado 28 de
setembro de 2024, a partir das 17.00 horas, a XXV edición da Carreira Popular de Santa
Uxía – I Memorial Miguel Ruiz que formará parte do X Circuíto Provincial de Carreiras
Populares da Deputación da Coruña, así como do VII Circuíto de Carreiras Barbanza
Arousa.
A proba absoluta disputarase sobre a distancia 10 km. As probas levaranse a cabo na
localidade de Ribeira e estarán suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación
conxunta. As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo.
2. CATEGORIAS DE PARTICIPACION
As categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 6 2021-2020-2019
SUB 8 2018-2017
SUB 10 H/M 2016-2015
SUB 12 H/M 2014-2013
SUB 14 H/M 2012-2011
SUB 16 H/M 2010-2009
SUB 18 H/M 2008-2007
SUB 20 H/M 2006-2005
SUB 23 H/M 2004-2003-2002
SENIOR H/M De 2001 ata 1990
MASTER 1 H/M De 1989 ata 1984
MASTER 2 H/M De 1983 ata 1974
MASTER 3 H/M De 1973 ata 1964
MASTER 4 H/M Nados antes do 1964
“SAPATILLA
INCLUSIVA”
Categoría única absoluta para persoas
con diversidade funcional

3. DISTANCIAS E HORARIOS
A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ UBICADA NA ZONA DO MALECON DE RIBEIRA (Paseo
marítimo).
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
17.00 h Sub 14 – Sub 16 2.100 metros
17.30 h Sub 12 1.400 m
17.40 h Sub 10 700 m
17.50 h Sub 8 500 m
18.00 h Sub 18, Sub 20, sub 23,senior e
máster
10 km
(2 voltas)
18.00 h “Sapatilla Inclusiva” 5 km
(1 volta)
19.10 h Sub 6 (2 ou 3 saídas) 100 m
19.30 h ENTREGA DE PREMIOS
4. INSCRICIONS
Os participantes na XXV Carreira Popular de Santa Uxía – I Memorial Miguel Ruiz poderán
realizar a súa inscrición na web www.carreirasgalegas.com e www.emesports.es, con data
límite o mércores 25 de setembro ás 23.59 horas.
PREZOS DA INSCRICIÓN
- CATEGORIAS BASE (ata sub 16 incluído): GRATUITA
- PROBA ABSOLUTA (De sub 18 a master): 6,00 €
- Nesta proba abrirase un segundo e prazo final de inscrición ao Circuito de
Carreiras Barbanza Arousa 2024.
I M P O R T A N T E: Non se permitirá a participación de ningún deportista que non
houbera realizado a inscrición previa. Non se realizarán inscricións o día da proba.
5. PREMIOS
Na XXV Carreira Popular de Santa Uxía – I Memorial Miguel Ruiz outorgaranse os
seguintes premios:
a) PREMIOS ECONÓMICOS PROBA DE 10 kilómetros*:
1º clasificado/a 300,00 euros + trofeo
2º clasificado/a 150,00 euros + trofeo
3º clasificado/a 90,00 euros + trofeo
*Os premios económicos serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal as/os
atletas gañadoras/es terán que facilitar os seus datos persoais e bancarios unha vez remate a
proba.
• Medallas conmemorativas ós tres primeiros clasificados de cada categoría
establecida no presente regulamento.
• Medallas conmemorativas ás/ós 3 primeiras/os clasificadas/os locais da carreira.
• OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS, a excepción dos primeiros
clasificados locais.
Ojo morado Categorías base:
• Medallas Conmemorativas para os tres primeiros clasificados/as das categorías
sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16.
• Medallas para todos os participantes das categorías sub 6 e sub 8. Nestas dúas
categorías non se realizará clasificación nin entrega de trofeos.
6. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS.
Realizarase o día da proba na zona do Malecón (preto da oficina de turismo), en caso
de mal tempo trasladarase o AUDITORIO MUNICIPAL, ó carón do Centro de Saúde, ata
media hora antes do inicio de cada proba. O dorsal outorgado deberá levarse en toda a
súa extensión, colocado na parte anterior do corpo e de xeito visible. Todo atleta que
entre na meta sen o seu dorsal será descualificado.
OS PARTICIPANTES NO CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES BARBANZA
AROUSA 2024, TERÁN QUE RECOLLER UN DORSAL NOVO EN CADA PROBA DO
CIRCUITO INCLUIDA ESTA, CO CAL TERÁN QUE COMPETIR.
7. DESCUALIFICACIÓNS
O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando
autorizados para descualificar a calquera participante que incumpra as normas de competición,
as establecidas nos regulamentos da FGA ou RFEA para probas en ruta, por esta orde, ou que
cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou colectiva durante a
proba.
8. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
▪ Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Complexo Deportivo de A
Fieiteira ou Centro de Raqueta Sta Uxía (praia de Coroso).
▪ Haberá servizo de gardarroupa (Oficina de turismo).
▪ Haberá servizo de ambulancia, e seguro deportivo (licenza de día) para os
participantes.
▪ Haberá sinalización dos puntos quilométricos.
▪ Haberá avituallamento intermedio líquido e líquido/sólido final.
▪ Aparcamento nas inmediacións da saída, na zona portuaria.
▪ Haberá sorteo de agasallos entre os corredores ao finalizar as probas.
▪ A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do
mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
9. RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da competición,
ubicado na zona próxima á meta, non máis tarde de 30 minutos despois da publicacións
dos resultados oficiais que serán expostos en lugar visible pola ORGANIZACIÓN.

[ Go Back ]