Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Arzúa
07/09/2024
18:30 - 20:00
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO
Artigo 1. Participación:
Esta proba pertence ó calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo e nela
poderán participar atletas federados e non federados. Establecerase unha clasificación final
conxunta de todos os participantes.
Artigo 2. Lugar de saída e meta das probas:
As probas terán a súa saída e meta na “Praza de Galiza” na localidade de Arzúa. Ubicación da
mesma: https://goo.gl/maps/aKbuK1RRvAuHhx2YA
Artigo 3. Categorías, horarios e distancias das probas:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
MENORES SEN
CLASIFICACION
PITUFOS (*) 2019 e seguintes 100m aprox. 17:30
MENORES
SUB 8 2017 - 2018 300m aprox. 17:40
SUB 10 2015 - 2016 1000m aprox. 17:50
SUB 12 2013 - 2014
SUB 14 2011 - 2012 2000m aprox. 18:10
SUB 16 2009 - 2010
ABSOLUTA
SUB 18 2007 - 2008
10k aprox. 18:30
SUB 20 2005 - 2006
SUB 23 2002 - 2004
SENIOR 2001 ata 34 anos
MASTER 1 35 a 40 anos
MASTER 2 41 a 49 anos
MASTER 3 50 a 54 anos
MASTER 4 55 anos e superiores
ENTEGA DE PREMIOS ÁS 20:00h no lugar da saída / meta de proba
(*) Poderán ir acompañados dun adulto
Artigo 4. Percorridos:
Percorrido 300m.
Percorrido 1000m e 2000m, neste último daranse dúas voltas.
Percorrido 10k
Artigo 5. Inscricións:
O prazo de inscrición abrirase o xoves 1 de Agosto e pecharase o mércores 4 de setembro ás 23:59
horas.
As mesmas poderán realizarse na páxina web www.emesports.es
Cadro de prezos de inscrición:
Artigo 6. Servizos complementarios:
A organización poñerá a disposición dos participantes os seguintes servizos:
Duchas e vestiarios no Polideportivo Municipal O Viso.
https://maps.app.goo.gl/kjVxShvEjSBYBPa37
Servizo de gardarroupa.
Avituallamento final para todas as categorías e no punto kilométrico 5 para a proba de 10
km.
Artigo 7. Retirada dorsais e chips:
Os dorsais e chips recolleranse no lugar de saída / meta das probas (Praza de Galiza) o día da
carreira dende as 16:00 h. ata 30 minutos antes do inicio de cada proba en cuestión. E tamén na
mesma zona en recollida anticipada o venres 6 de setembro de 19:30 h. a 20:30 h.
Artigo 8. Colocación do dorsal:
Durante a competición deberá levarse o dorsal na parte anterior do corpo, na zona próxima ao peito
e de xeito totalmente visible, sen dobreces. Todo corredor/a que incumpra esta norma ou entre na
liña de meta sen o dorsal será descualificado a criterio do xuíz árbitro da competición.
Artigo 9. Seguros:
Todos os participantes inscritos estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e
responsabilidade civil concertada pola Federación Galega de Atletismo. Estarán excluídos os
derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc... Tamén
quedarán excluídos os producidos por desprazamento a/ou desde o lugar no que se desenvolve a
proba.
Artigo 10. Responsabilidade na inscrición:
Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar
de trofeo ou agasallo. Tampouco estará amparada polos seguros da proba. Quedará prohibido ceder
o dorsal ou correr co dorsal outorgado a outro/a participante.
Artigo 11. Servizos sanitarios obrigatorios:
A organización contará cos servizos sanitarios obrigatorios por lei, ambulancia e médico segundo
volume de participantes.
Artigo 12. Premios e agasallos:
Todos os participantes inscritos en tempo e prazo na proba recibirán un agasallo técnico da organización.
A maiores outorgaranse os seguintes trofeos:
Trofeo ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os das categorías Sub 8 a Sub 16, agás na categoría
pitufo que non haberá clasificación.
Trofeo ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os de cada categoría absoluta (non acumulable) e ós 3
mellores equipos.
Medallas a todas/os ás/os participantes ata a categoría Sub 16 (incluída). Outorgaráselle unha
vez crucen a liña de meta.
Trofeo especial local, á/ó primeira/o clasificada/o da proba absoluta (empadroado no Concello
de Arzúa)
Premio especial á/ó primeira/o clasificada/o de cada categoría establecida no presente regulamento
consistente nun QUEIXO ARZÚA-ULLOA D.O.P. de Queixerías Barral
PREMIOS ECONÓMICOS
Premios en metálico individuais:
CATEGORÍA POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta homes/mulleres 1º/ª Si 175 €
Absoluta homes/mulleres 2º/ª Si 125 €
Absoluta homes/mulleres 3º/ª Si 100 €
Premios a clubes:
CATEGORÍA POSTO TROFEO PREMIO
Equipos proba Absoluta 1º Si 200 €
Equipos proba Absoluta 2º Si 100 €
Equipos proba Absoluta 3º Si 75 €
Premio especial récord da proba, (acumulable) o atleta que gañe a proba absoluta 10k e supere o
récord tanto en categoría masculina (31:35) como feminina (36:20) obterá un premio de 100€ .
EQUIPOS:
Haberá unha clasificación por equipos (a composición poderá ser mixta) e confecionarase no formulario
de inscrición individual de cada un dos compoñentes do equipo, no apartado “Participa na
clasificación de clubes”. A denominación do clube deberá ser igual tanto na formación de equipo
como na inscrición individual.
A maiores deberase remitir un email coa relación de participantes e nome do equipo á dirección
clubedeportivoarzua@gmail.com, dentro do prazo de inscrición da proba.
A clasificación dos equipos establecerase pola suma dos postos dos 8 primeiros clasificados do mesmo
clube, optendo o mellor resultado o equipo que na suma acade un número menor e así sucesivamente.
En caso de empate resolverase a favor do equipo no que o seu primeiro corredor teña o mellor posto
na clasificación xeral.
Os premios en metálico estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.
[
Go Back
]