Calendario
Ver carrera

Malpica

28/09/2024 18:00 - 19:30

[ Go Back ]

Descripción O obxectivo da VII Carreira Pedestre do Concello de Malpica é fomentar a práctica de actividade
física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable e segura.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen.
DISTANCIAS E HORARIOS : Categorias de base
CATEGORÍA NACIDOS DISTANCIAS HORARIOS
Biberón
Masculino
2017 e posteriores 100 m
19:40 H
Feminino
Sub 10
Masculino
2015-2016 740 m
19:30 H
Feminino
Cadete, Infantil e Alevin
CATEGORÍA NACIDOS DISTANCIAS HORARIOS
Sub 12
Masculino
2013-2014 2.000 m
18:05 H
Feminino
Sub 14
Masculino
2011-2012 2.000 m
18:05 H
Feminino
Sub 16
Masculino
2009-2010 2.000 m
18:05 H
Feminino
2K (carreira curta, categoria única)
CATEGORÍA NACIDOS DISTANCIAS HORARIOS
Proba 2k
Masculino
2008 (incluído) e anteriores 2.000 m
18:05 H
Feminino
10 K
CATEGORÍA NACIDOS DISTANCIAS HORARIOS
Sub 18
Masculino
2007-2008 10.000 m
18:00 H
Feminino
Sub 20
Masculino
2005-2006 10.000 m
18:00 H
Feminino
Sub 23
Masculino
2002-2003-2004 10.000 m
18:00 H
Feminino
Senior
Masculino
2001-1990 10.000 m
18:00 H
Feminino
Máster 1
Masculino
1989-1984 10.000 m
18:00 H
Feminino
Máster 2
Masculino
1983-1974 10.000 m
18:00 H
Feminino
Máster 3
Masculino
1973-1964 10.000 m
18:00 H
Feminino
Máster 4
Masculino
Nados antes do 1964 10.000 m
18:00 H
Feminino
2.- PERCORRIDO
a) As Categoría Sub 10 e Biberón terán dúas carreiras no paseo da praia.
Ojo morado A proba 10 K terá un tempo máximo de remate da proba 1h e 30´.
Percorrido: Saída dende a Praza de Anselmo Vilar Amigo (enfrente do Concello), Vila
Fano, Rúa do Porto, Muelle norte cara a lonxa e volta cara o muelle sur, Vila Fano,
Guardia Pardines, Paseo da Praia, Rúa Canido, Cancela de Areas, Seaia, , Instituto Urbano
Lugris, Estrada de Santo Hadrian ata a Capela, Camiño do Santo, Canido, chegada no
Paseo da Praia.
c) As proba Sub 12, Sub 14, Sub 16 e 2K terán un tempo máximo 20´.
Percorrido: Saída dende a Praza de Anselmo Vilar Amigo (enfrente do Concello), Vila
Fano, Rúa do Porto, Muelle norte cara a lonxa e volta cara o muelle sur, Vila Fano,
Guardia Pardines, chegada no Paseo da Praia.
3.- NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE
1. A carreira rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade
Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas
deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº
306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993
do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de
accidentes e a lei 10/2017 , de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades
recreativas de Galicia).
2. Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun
padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición,
etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da
competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso
que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización
da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará
as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
3. Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará de dúas ambulancias
e un médico no caso que non superen os 750 participantes.
A organización contará cunha ambulancia nas inmediacións da zona de saída/meta e outra
na metade do percorrido 10K.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como
aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba
será suspendida automaticamente. Buscarase unha data axeitada para desenvolvela e non
se devolverán os cartos da inscrición.
6. Antes de inicio da proba 10K, a partir das 18:30h, estará habilitada a rúa Vilafano para o
quecemento dos atletas. Os atletas que durante o transcurso da proba que circulen por fóra
do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse
a todos os efectos usuarios normais da vía. Pese a que a organización fará o máximo esforzo
no control do tráfico rodado, indicamos aos participantes a posibilidade que nalgún punto
poidan coincidir cunha circulación mínima de vehículos. Solicitamos que se extreme a
atención para mitigar posibles riscos.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá
participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva
implícita a aceptación do Regulamento Xeral da proba.
9. O Concello de Malpica habilitará as oficinas municipais situadas na Casa do Concello, como
lugar onde se recollerán os dorsais e chips. Tamén habilitará o pavillón polideportivo
municipal para que todos os atletas que o desexen, unha vez rematada a súa proba, poidan
ducharse, estando aberto a partir das 18:30h ata as 21:00h.
10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización. Non
está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
11. @s participantes na proba recibirán unha camiseta cando recollan os seus dorsais e chips.
12. Terán avituallamento final todos os participantes e un líquido intermedio na carreira 10K.
13. Respetarase a talla da camisetas a todos aqueles que se inscriban con dez dias de antelación.
Logo de cerrar as mesas de recollida de dorsais non se atendará ningunha reclamación sobre
as camisetas.
14. Descualificacións:
O servizo médico da competición e o xuíz árbitro da competición, están facultados para
retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico . durante o
desenvolvemento da mesma.
Todo atleta que non realice o percorrido completo.
O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a
organización.
15. Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da
FGA, RFEA e IAAF en vigor.
4.- UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos e naturais, sen
axudas externas físicas ou materiais de ningún tipo.
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo
á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr
acompañados destes en ningún momento, coa única excepción dos carros de running*.
Tampouco está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en ningún
momento.
*A participación con carro de running deberá estar xustificada unicamente para levar unha
persoa con discapacidade motora grave (que non lle permita á persoa con discapacidade
trasladarse polos seus propios medios físicos), entendendo nestes casos como participante
sempre a persoa que empurra o carro (dentro da categoría que lle corresponda), e non a persoa
que vai no carro. A inscrición desta persoa, que irá con dorsal sen chip, será gratuíta. Para iso
deberán contactar coa organización a través da páxina web www.championchipnorte.com.
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa
participante.
5.- DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha
autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo
constar no reverso do dorsal da proba.
O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa
por escrito.
6.- SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
Será obrigatorio o uso de chip para tódalas carreiras agás a Categoría Biberón. Para controlar
a proba estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir suxeito aos cordóns das
zapatillas).
Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
O atleta que non porte o chip nas carreiras non poderá entrar na clasificación da proba.
O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de carreira.
O horario de apertura das mesas de recollida de dorsais será de 15:00 a 17:30 do día 28 de
setembro na casa do Concello de Malpica. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30
minutos antes do inicio da proba de 10K .
Os chipsson persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas,
sancionarase coa expulsión da carreira do portador e do/a atleta suplantado, anulando todos
os dereitos adquiridos coa inscrición.
7.- INSCRICIÓNS
A inscrición, que será única por cada participante, realizarase a través da páxina web
www.championchipnorte.com data límite o Martes 24 de setembro ás 24h.
Cotas de inscrición:
A inscrición para as carreiras 10 K e 2K terá un custo de 5 € para aqueles corredores que
posúan chip, e de 6 € para aqueles corredores que deban alugar o chip, mais 5 € de fianza
para os que alugan os chips que se devolven a semana seguinte da carreira na mesma tarxeta
ca que fixeron o pago.
A inscrición dos corredores das categorías de base (Biberón, sub 10, sub 12 e sub 14) será
gratuita.
1 € solidario. Por cada inscrito na carreira a organización doará 1 € á AECC.
As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da plataforma
championchip. A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente
cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en
www.championchipnorte.com.
O chip terán que devolvelo despois de cada carreira no espazo habilitado pola organización.
8.- CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS
Clasificacións das probas.
Nas carreiras de categorías de base
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes nas probas.
• Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das
categorías. Na categoría Biberón recibirán medalla todos conforme vaian entrando na meta.
Na carreira 2 K.
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
• Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as nesta proba
que ten categoría única.
Na carreira 10 K.
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
• Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das
categorías.
• Recibiran trofeo os tres primeiros/as clasificados/as na proba 10K.
• Recibiran trofeo o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello de Malpica.
A entrega de trofeos no podium situado diante da Meta, se o tempo o permite, e no suposto
que non fose así no Pavillón Polideportivo municipal do Concello de Malpica.

[ Go Back ]