Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
A Pobra do Caramiñal - Curota
28/09/2024
18:00 - 20:00
[
Go Back
]
Descripción
VII SUBIDA Á CUROTA SERRA DO BARBANZA
A POBRA DO CARAMIÑAL (A CORUÑA) – 28 SETEMBRO 2024
CRONOESCALADA DE CICLISMO (BTT E BICIS DE ESTRADA)
CARREIRA POPULAR (ATLETISMO EN RUTA)
O Concello da Pobra do Caramiñal, a Asociación de Atletismo e Deportes
do Barbanza, a Federación Galega de Atletismo e coa colaboración do
Club Ciclista Sportbike organizan a VI SUBIDA Á CUROTA, nas
modalidades de atletismo e ciclismo (BTT e bicis de estrada), no día 28 de
setembro de 2024.
Poderán participar deportistas federadas/os e non federadas/os, na
carreira a pé e nas de ciclismo.
REGULAMENTO:
CATEGORÍAS:
CARREIRA A PÉ:
SUB-18.- HOMES E MULLERES – Nados/as 2007/2008
SUB–20.- HOMES E MULLERES- Nados/as 2005/2006
SUB-23.- HOMES E MULLERES- Nados/as 2002/2003/2004
SÉNIOR.- HOMES E MULLERES –Nados/as 2001 ata MÁSTER
MÁSTER 1.- HOMES E MULLERES- DE 35 A 39 ANOS
MÁSTER 2- HOMES E MULLERES – DE 40 A 44 ANOS
MASTER 3.- HOMES E MULLERES – DE 45 A 49 ANOS
MÁSTER .- HOMES E MULLERES – DE 50 ANOS EN DIANTE
BTT:
MÁSTER 30.- HOMES E MULLERES- NADOS/AS 1985 A 1994 (DE 30 A 39 ANOS)
MÁSTER 40- HOMES E MULLERES – NADOS/AS 1977 A 1984 (DE 40 A 49 ANOS)
MÁSTER 50.- HOMES E MULLERES – NADOS/AS 1965 A 1974 (DE 50 EN DIANTE)
BICICLETA DE ESTRADA:
CADETE.- HOMES E MULLERES – Nadas/os 2008-2009
JÚNIOR.- HOMES E MULLERES – NADAS/OS 2006/2007
SUB-23.- HOMES E MULLERES – 2002/2003/2004/2005
ELITE.- HOMES E MULLERES –2000 ata MÁSTER
MÁSTER 30.- HOMES E MULLERES- NADAS/OS 1985 A 1994 (DE 30 A 39 ANOS)
MÁSTER 40- HOMES E MULLERES – NADAS/OS 1975 A 1984 (DE 40 A 49 ANOS)
MÁSTER 50.- HOMES E MULLERES – NADAS/OS 1965 A 1973(DE 50 EN DIANTE)
Inscrición en http://emesports.es (6 euros), ata as 23.59 h do día 26 de
setembro.
SAÍDAS: praza Alcalde Segundo Durán-17.30h: BTT (cada 30 segundos unha
persoa participante)
-18.00 h: saída a pé(conxunta homes e mulleres)
-18:15 h: bicis de estrada (cada minuto unha persoa participante)
META:-Bicis: no alto da Curotiña
DISTANCIA :9 km
-As saídas das carreiras en bicis serán individuais en intervalos de 1 minuto e
de 30 segundos en BTT. A orde de saída será por orde de inscrición. A carreira
a pé farase de maneira conxunta (homes e mulleres) para tódalas categorías e
participantes.
-Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as por categorías e
modalidades(masc. e fem.)
PREMIOS ECONÓMICOS.- Ós tres mellores tempos en carreira a pé, bicicleta
de estrada e bicicleta de montaña
-CARREIRA A PÉ
HOMES MULLERES
1.º) 150 € 1.ª) 150 €
2.º) 100 € 2.ª) 100 €
3.º) 75 € 3.ª) 75 €
-BICICLETA ESTRADA
HOMES MULLERES
1.º) 150 € 1.ª) 150 €
2.º) 100 € 2.ª) 100 €
3.º) 75 € 3.ª) 75 €
-BICICLETA MONTAÑA
HOMES MULLERES
1.º) 150 € 1.ª) 150 €
2.º) 100 € 2.ª) 100 €
3.º) 75 € 3.ª) 75 €
-Seguro de accidentes para tódolos/as participantes
-Poderán participar atletas federados/as e non federados/as.
-Os/as participantes nas probas de bicis poden ter acompañamento, sen que
isto supoña molestias ó resto dos/as participantes a pé ou en bici. Débese
comunicar á organización.
-As bicis para tódalas categorías será sen motor.
-Para BTT usaranse neumáticos de montaña.
-Recollida de dorsais na praza Alcalde Segundo Durán, ata media hora antes
do comezo de cada unha das probas
-A entrega de trofeos farase no lugar da saída (praza Alcalde Segundo Durán),
ás 20.15 horas.
-A organización porá autobuses para o traslado das e dos deportistas dende a
meta ó lugar de saída.
-Os/as participantes terán á súa disposición bolsas para gardarroupa, as cales
se recollerán co dorsal e nelas rotularase o seu número (pódense gardar nos
autobuses).
-A saída dos autobuses para o alto da Curotiña será quince minutos antes da
saída da primeira carreira e o retorno será cando o/a último participante chegue
á meta.
-Disporase dun camión cisterna no lugar da meta para poderse asear.
-A proba discorrerá OBRIGATORIAMENTE polo carril dereito da estrada ata o
cruzamento de Moldes.
-Os/as acompañantes que o desexen poderán subir ó lugar da meta antes das
17.00h, a partir desa hora non se permitirá a circulación.
—A ORGANIZACIÓN CONTA COA COLABORACIÓN DA GARDA CIVIL,DA
POLICÍALOCALE DA PROTECCIÓN CIVIL PARA O BO
DESENVOLVEMENTO E SEGURIDADE DA PROBA.
-O control da proba realizarase a través de emesport.
[
Go Back
]