Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Coruña 10
06/10/2024
10:00 - 11:30
Voltar
Regulamento
Art. 1 - DATA
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán o 6 de outubro de 2024 na Coruña a
XVIII Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no calendario oficial das competicións da FGA e a RFEA,
disputarase a través dun circuíto totalmente urbano.
Art. 2 - HORARIO
A carreira comezará ás 10.00 h.
Art. 3 – CIRCUÍTO
A proba levarase a cabo sobre a distancia de 10 km. O percorrido está medido e homologado pola Real
Federación Española de Atletismo e discorre sobre asfalto na súa totalidade. A ruta estará debidamente
sinalizada e terá marcados todos os quilómetros.
A carreira realizarase unicamente pola vía de tráfico rodado en todo o seu percorrido. Está prohibido usar
como zona de carreira as beirarrúas, rotondas, áreas axardinadas etc. O incumprimento desta regra, así como
atallar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das persoas infractoras.
A saída e a meta estarán na avda. de Montoto.
A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
ART. 4 - CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.
Art. 5 – SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces e da RFEA. Todas as reclamacións
deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da proba ata 30 minutos despois da publicación dos
resultados.
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá varios puntos de control de chipsao longo
de todo o percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos poderán ser
descualificadas coa consecuente non aparición nos resultados finais.
INFORMACIÓN XERAL
3
Art. 6 - UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles son exclusivos desta carreira e débense colocar
na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen ocultar e sen manipulacións, e mantelos así
durante toda a proba.
Os dorsais contarán cun código QR a través do cal as persoas que cheguen á meta (finishers) poderán
consultar os seus rexistros de forma instantánea.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean rexistradas ou que corran sen dorsal e/ou
chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas regulamentariamente rexistradas.
Non se permitirá participar co dorsal e o chip correspondente a outra carreira ou persoa, con máis dun dorsal
e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa o oficial.
Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A organización
resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
Art. 7 – UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas materiais
de ningún tipo, coa única excepción das persoas corredoras en cadeira de rodas debidamente rexistradas e
que cumpran as normas do World Para Athletics. Calquera dúbida a respecto diso deberá ser consultada coa
organización antes de facer a inscrición a través do correo electrónico info@carreirasgalegas.com
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr acompañados
destes en ningún momento, así como tampouco está permitida a participación con animais, nin correr
acompañados destes en ningún momento, coa única excepción dos carros de running *.
*A participación con carro de running deberá estar xustificada unicamente para levar unha persoa
con discapacidade motora grave (que non lle permita á persoa con discapacidade trasladarse polos
seus propios medios físicos), entendendo nestes casos como participante sempre a persoa que
empurra o carro (dentro da categoría que lle corresponda), e non a persoa que vai no carro.
Igualmente, será obrigatorio acreditar a discapacidade da persoa que vai no carro, enviándolle unha
copia da tarxeta acreditativa da discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o
envío, ao correo electrónico info@carreirasgalegas.com. A inscrición desta persoa, que irá con dorsal
sen chip, será gratuíta. Para iso deberán contactar coa organización a través do correo electrónico
info@carreirasgalegas.com.
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa participante.
Art. 8 - DESCUALIFICACIÓNS
As persoas membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un
mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira, os/as participantes
4
que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da
organización debidamente identificados.
Os/as xuíces/xuízas da proba terán a facultade de descualificar o/a infractor/a que non leve visible o seu
dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos facilitados á organización con respecto
aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido, ou incumpra calquera outra
norma contemplada nas normas da FGA, RFEA, WA e IPC.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
Art. 9 - PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O tempo de realización máxima da carreira será de 1 hora e 30 minutos.
Ao cumprirse este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e trasladarse
á zona peonil. Serán consideradas “fóra de carreira” e non figurarán nas clasificacións.
Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade, e deberán cumprir en todo
momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.
Art. 10 – CATEGORÍAS FEMININA E MASCULINA
- Sub 20, nados/as en 2005 e 2006
- Sub 23, nados/as en 2002, 2003 e 2004
- Sénior, nados/as desde 2001 ata os 34 anos
- Máster 1: de 35 a 39 anos cumpridos o día da proba
- Máster 2: de 40 a 44 anos cumpridos o día da proba
- Máster 3: de 45 a 49 anos cumpridos o día da proba
- Máster 4: de 50 a 54 anos cumpridos o día da proba
- Máster 5: de 55 a 59 anos cumpridos o día da proba
- Máster 6: de 60 a 64 anos cumpridos o día da proba
- Máster 7: a partir de 65 anos cumpridos o día da proba
- Atletas con discapacidade*: nados/as en 2006 e anos anteriores
*Atletas con discapacidade: establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
A) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á
impulsión das ditas cadeiras. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido
á roda.
Discapacidades visuais
C) Discapacidades intelectuais
No momento da inscrición débenlle comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan
entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figuraránna táboa xeral de
tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta acreditativa
de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo electrónico
CATEGORÍAS E INSCRICIÓN
5
info@carreirasgalegas.com
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que necesitan
para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un máximo de 2 guías para os
e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de participantes con discapacidade
intelectual, de atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de Atletismo,
así como o punto quilométrico exacto onde se van situar os/as guías das persoas corredoras con
discapacidade visual para facer a remuda.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde, para o que
deberán contactar coa organización a través do correo electrónico info@carreirasgalegas.com
A organización resérvase o dereito de incluír algunha categoría promocional durante a carreira, que terá
unha normativa especifica para a súa regulación.
Art. 11 – INSCRICIÓN E COTA
a) A inscrición en liña realizarase a través da pasarela de pagamento inserida na páxina web da Federación
Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento
ata o 29 de setembro de 2024.
Cota e prazos de inscrición:
Prazo reducido: ata o 18 de agosto 8 €
Prazo ordinario: ata o 27 de setembro 12 €
Por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é aconsellable
que as persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos indicados.
Prazo extraordinario: 28 e 29 de setembro 20 €.
Ás persoas que se inscriban no prazo extraordinario non se lles garantirá a entrega dunha camiseta xa que a
produción destas débese facer coa antelación suficiente.
A organización non aceptará ningún tipo de inscrición posterior a este prazo.
c) Inscrición presencial:
As inscricións presenciais pódense formalizar no horario comercial do centro de El Corte Inglés (rúa Ramón
y Cajal – A Coruña), desde o luns 29 de xullo.
d) Bonificacións: 50% de desconto para maiores de 65 anos, persoas usuarias do Carné Xove e persoas
desempregadas. Para acreditar estas circunstancias será suficiente cunha declaración responsable, que
se entenderá realizada no momento no que se marque a opción “solicito bonificación”, no formulario de
inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial. Ademais é necesario enviarlle á Federación Galega
de Atletismo os documentos que se detallan a continuación, mediante un correo electrónico a
info@carreirasgalegas.com:
Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI
Persoas usuarias do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove
Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e informe de períodos de altas e baixas, expedido polo
6
Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia da tarxeta de
desemprego.
Art. 12 - DEVOLUCIÓN DA COTA
Só se devolverá a tarifa de inscrición en caso de lesión e /ou enfermidade grave, se se presenta un documento
acreditativo na Federación Galega de Atletismo (avenida de Glasgow, 13, Edificio Federacións. 15008, A
Coruña.) info@carreirasgalegas.com
Se non se envía o informe mencionado anteriormente, non se realizará ningún reembolso. Para outros casos
xustificados a organización avaliará se se devolve a cota.
O prazo para presentar o documento acreditativo na FGA terminará ás 12.00 horas do venres anterior á
realización da carreira.
Art. 13 - ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS
As persoas inscritas serán informadas da hora de recollida de dorsais e camisetas. Entregaranse o venres e o
sábado previos á proba, e excepcionalmente o día da competición.
A organización non pode garantir o talle, xa que o pedido de camisetas realízase con anterioridade ao peche
de inscricións.
Art. 14 – CAIXÓNS DE SAÍDA
Os caixóns de saída estableceranse en función da inscrición final e segundo as marcas acreditadas polas
persoas participantes na inscrición, que será publicada na páxina web da organización. Os agrupamentos e
número de caixóns estableceranse en función do número de persoas inscritas, que se deberán colocar na
zona acoutada que lles corresponda segundo o caixón que se lles asigne.
Art. 15 – ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA
WC PORTÁTILES: estarán a disposición aseos portátiles localizados na zona de saída/meta, e no punto
de avituallamento (km 5 aprox.) do trazado de A Coruña10.
DUCHAS: especificaranse a localización e o horario destas.
GARDARROUPA: especificaranse a localización e o horario do servizo de gardarroupa.
Art. 17 – AVITUALLAMENTOS E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
Estableceranse un punto de avituallamento durante o percorrido e outro na liña de meta para favorecer a
hidratación das persoas participantes. Calquera avituallamento fóra da zona marcada pode supoñer a
descualificación da proba.
Ademais, poñeranse ao dispor dos/as corredores/as colectores suficientes para a recollida selectiva de
residuos e que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización destes por parte dos/as atletas poderá
supoñer a descualificación.
SERVIZOS A PARTICIPANTES
7
Art. 18 - SERVIZOS MÉDICOS
A proba dispoñerá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación vixente.
A organización dispoñerá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente.
Todas as persoas rexistradas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes segundo o Real
decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do Seguro Obrigatorio Deportivo.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal, indicando os
datos de nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias, enfermidades crónicas, se
está baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e contacto/s en caso de emerxencia.
Art. 19 – CLASIFICACIÓNS
Publicaranse nas páxinas web do Concello da Coruña e FGA. Non haberá exposición física das listaxes de
resultados.
PREMIOS E TROFEOS
Art. 20 – PREMIOS ECONÓMICOS
Xeral:
POSTO PREMIO
CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1.º 1000 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
2.º 700 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
3.º 500 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
4.º 350 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
5.º 250 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.
Atletas con nacionalidade española (premio non acumulable) (1):
POSTO PREMIO
CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1.º español/a 400 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 35:00 ou menos
2.º español/a 250 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 35:00 ou menos
3.º español/a 150 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 35:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.
(1) Considerarase atleta de nacionalidade española quen presente o correspondente DNI.
Atletas galegas/os (premio non acumulable) (2):
POSTO PREMIO
CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1.º galego/a 400 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
8
2.º galego/a 250 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
3.º galego/a 150 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.
(2) Consideraranse atletas galegos/as os/as empadroados/as ou nados nalgún concello de Galicia. Para poder recibir o premio,
os/as atletas galegos/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou documentación que acredite
o lugar de nacemento ao enderezo de correo electrónico secretaria@atletismo.gal
Atletas coruñesas e coruñeses (premio non acumulable) (3):
POSTO PREMIO
CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1.º coruñés/a 200 € Realizar 35:00 ou menos Realizar 40:00 ou menos
2.º coruñés/a 150 € Realizar 35:00 ou menos Realizar 40:00 ou menos
3.º coruñés/a 100 € Realizar 35:00 ou menos Realizar 40:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.
(3) Consideraranse atletas coruñeses/as os/as empadroados/as ou nados no Concello da Coruña. Para poder recibir o premio, os/as
atletas coruñeses/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou documentación que acredite o lugar de
nacemento ao enderezo de correo electrónico secretaria@atletismo.gal
Premio especial récord da proba (premio acumulable):
O/a atleta que gañe a carreira e que bata o récord da proba tanto na categoría masculina (28´09") como na
feminina (31´40") obterá un premio de 2.000 €.
NORMAS RELATIVAS A TODOS OS PREMIOS
Os premios en metálico non serán acumulables, con excepción do récord da proba.
En caso de obter dous premios ou máis, aboarase soamente o premio de maior contía, e non será o dito
premio acumulable co/s outro/s.
Por exemplo no caso da/o primeira/o galega/o obtén ademais un premio da Xeral, percibirá o importe
de maior contía. En ningún caso a/o segunda/o galega/o pasará a ocupar o posto do primeiro, debido
a que segue sendo o segundo galego da proba, e así sucesivamente.
Para poder recoller os premios será necesario xustificar documentalmente o ano de nacemento das persoas
participantes, por medio do DNI as españolas, ou do documento legal en vigor (pasaporte) as estranxeiras.
Todos os premios estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.
Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender a calquera posible reclamación, a
organización resérvase a posibilidade de entregar os premios en metálico a partir do luns seguinte á data da
competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios económicos quedarán retidos ata a súa
resolución oficial.¡
9
Art. 21 – ENTREGA DE TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no escenario da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas de
cada unha das categorías indicadas no artigo 10. E ás tres primeiras persoas gañadoras da carreira,
clasificación xeral (feminina e masculina).
Informarase do horario da entrega de trofeos a través da web oficial www.coruna.gal/carreraspopulares.
As/os atletas deberanse situar na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola megafonía se
anuncie o seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo, perderán o
dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o
trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non está presente
que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitar esperas innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega
deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo de 15 días, onde
se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a
este.
CARREIRAS DE MENORES
Art. 22 - INSCRICIÓNS
As inscricións (gratuítas) realizaranse a través do formulario da páxina web da Federación Galega de
Atletismo (www.carreirasgalegas.com).
Non se admitirá ningún/ningunha corredor/a sen estar inscrito/a e sen o dorsal correspondente co chip
incorporado.
Art. 23 - CATEGORÍAS, HORARIOS E DISTANCIAS
CATEGORÍA HORARIO* DISTANCIA
Sub 18 (nadas/os nos anos 2007/2008) 11.45 2.500 m aprox.
Sub 16 (nadas/os nos anos 2009/2010) 12.00 2.500 m aprox.
Sub 14 feminino (nadas nos anos 2011/2012) 12.15 1.425 m aprox.
Sub 14 masculino (nados nos anos 2011/2012) 12.30 1.425 m aprox.
Sub 12 feminino (nadas nos anos 2013/2014) 12.45 845 m aprox.
Sub 12 masculino (nados nos anos 2013/2014) 12.55 845 m aprox.
Sub 10 feminino (nadas nos anos 2015/2016) 13.05 845 m aprox.
Sub 10 masculino (nadas/os nos anos 2015/2016) 13.15 845 m aprox.
Peques (nadas/os nos anos 2017 e posteriores) 13.25 150 m aprox.
10
*Os horariosson aproximados, dependerán do volume de participantes de cada categoría.
A organización pode facer variar carreiras en cada idade.
Atletas con discapacidade: establécense tres categorías para atletas con discapacidade, que poderán
participar na categoría de menores que lles corresponda. No caso de necesitar algún tipo de adaptación
na distancia para percorrer deben solicitalo ao correo electrónico info@carreirasgalegas.com
Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á impulsión destas.
Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á roda. Non se permite handbike.
D) Discapacidades visuais
E) Discapacidades intelectuais
No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan
entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral de
tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta acreditativa
de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo electrónico
info@carreirasgalegas.com
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que necesitan
para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase unha persoa guía para os e as
atletas con discapacidade visual. O uso de guías, ou no caso de participantes con discapacidade
intelectual de atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de Atletismo.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde, para o que
deberán contactar coa organización a través do correo electrónico info@carreirasgalegas.com
Art. 24 - ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS
As persoas inscritas serán informadas da hora de recollida de dorsais e camisetas. Entregaranse o venres e
sábado previos á proba, e excepcionalmente o día da competición.
A organización non pode garantir o talle, xa que o pedido de camisetas realízase con anterioridade ao peche
de inscricións.
Art. 25 – TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas de
cada unha das categorías indicadas no artigo 23.
Informarase do horario da entrega de trofeos a través da web oficial
www.coruna.gal/carreraspopulares.
As/os atletas deberanse situar na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola megafonía se
anuncie o seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo, perderán o
dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o
trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
11
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non está presente
que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitaresperas innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega
deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo de 15 días, onde
se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian
a este.
Para a categoría “Peques”, a carreira é unicamente participativa e non competitiva. Todas as persoas
participantes nesta categoría recibirán unha medalla.
Informarase da organización dos/das peques no momento previo á saída.
Art. 26 – RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas participantes por
imprudencias ou descoidos delas mesmas.
O/a participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento médico que
lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita
responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá os incidentes inherentes
á proba.
Art. 27 – LOPD
Todas as persoas corredoras, ao realizaren a inscrición, aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e/ou Internet. Mediante a inscrición, o/a participante consente
expresamente que os seus datos sexan utilizados polo Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo
para comunicacións sobre as súas actividades.
En todo caso, de conformidade co establecido polo artigo 5 da LOPD, infórmase o seguinte:
a) De conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos infórmase de que os datos
persoais necesarios para a xestión económico contractual do servizo derivado do prego de contratación
relativo á organización técnica da “CARREIRA POPULAR CORUÑA 10” na cidade da Coruña para o ano
2024 adxudicado á Federación Galega de Atletismo serán tratados baixo a responsabilidade do Concello
da Coruña.
A base xurídica que lexitima o tratamento dos datos persoais é, por unha banda, o cumprimento por parte
do Concello da Coruña das obrigas legais dimanantes da lexislación de contratos do sector público (Lei
9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público) e, doutro lado, a formalización e execución do
contrato, en caso de resultar contratista. Os seus datos non serán comunicados a terceiras persoas.
RESPONSABILIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
12
Así mesmo, infórmase de que o Concello da Coruña poderá captar imaxes xerais do evento para a súa
posterior difusión en páxinas webs e redes sociais da súa propiedade conforme ao disposto na Lei
orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á
propia imaxe e no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril, relativo á protección da persoa física no
que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD), así como na Lei
orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
No caso de que o Concello da Coruña capte imaxes de persoas físicas concretas para a súa posterior
difusión polos medios previamente mencionados, o Concello da Coruña solicitará o consentimento
expreso das persoas interesadas conforme ao disposto na normativa anteriormente mencionada.
Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron
e para determinar as posibles responsabilidades que puidesen derivarse da devandita finalidade e do
tratamento dos datos, conforme á Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público,
ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.
Vde. poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación do tratamento
así como á portabilidade de datos, presentando un escrito no Rexistro de Entrada do Concello: Praza de
María Pita, 1. 15001, A Coruña ou, na seguinte ligazón https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-eservizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/exercicio-dedereitos-sobre-os-datos-de-caracter-persoal/contenido/1453762232714?argIdioma=gl De ser o caso,
poderá poñerse en contacto coa persoa Delegada de Protección de Datos a través do correo electrónico
delegadodeprotecciondedatos@coruna.gal ou, no seu caso, fronte á Axencia Española de Protección de
Datos en www.aepd.es Pode consultar a información adicional detallada sobre o tratamento dos seus
datos na seguinte ligazón: https://www.coruna.gal/web/es/rgpd
A Federación Galega de Atletismo é o encargado do tratamento dos datos persoais no relativo a xestión
económico-contractual e responsable do tratamento dos datos de carácter persoal, a efectos de tratar
os datos necesarios e resultantes das distintas competicións oficiais organizadas ou nas que colabore a
federación así coma na elaboración da clasificación, estatística e información dos atletas e, infórmalle de
que estes datos trataranse de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril
(GDPR), e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro (LOPDGDD), polo que se lle facilita a seguinte
información do tratamento denominado: COMPETICIÓNS.
A finalidade do tratamento é tratar os datos necesarios e resultantes das distintas competicións oficiais
organizadas ou nas que colabore a federación así coma a elaboración da clasificación, estatística e
información dos atletas.
A lexitimación do tratamento dos datos persoais é, por unha banda, o cumprimento da execución dun
contrato denominado organización técnica da “CARREIRA POPULAR CORUÑA 10” na cidade da Coruña
para o ano 2024 adxudicado á Federación Galega de Atletismo en calidade de encargado de tratamento
polo Concello da Coruña e doutro lado, por unha obrigación legal (artigo 6.1.c GDPR) artigo 56.4.b) da Lei
3/2012, do 2 de abril de 2012, do deporte de Galicia.
Voltar