Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Pontevedra
20/10/2024
11:00 - 13:30
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO
GRAN FONDO PONTEVEDRA 24
Máis info www.mmpontevedra.com / www.sgpontevedra.com
1. DATA E HORA
20 de outubro de 2024; 10:15 cativos, 10:30 h. 10 K., 10:35 Mini GF, 11:00 h. MM.
2. PARTICIPANTES
Persoas nadas no ano 2006 ou anteriores. Límites de participación: 300 menores,
500 10 K. e 1100 no medio maratón.
3. INSCRICIÓNS
En https://mmpontevedra.com/ cos seguintes períodos e prezos:
Prazo Proba Inicio Fin €
Desconto
desemprego
Primeiro Medio Maratón 15/III 31/V 15 Si
Segundo Medio Maratón 1/VI 30/IX 20 Si
Terceiro Medio Maratón 1/X 13/X 30 Non
Primeiro 10 K 15/III 30/IX 8 Si
Segundo 10 K 1/X 13/X 15 Non
Único Menores 15/III 17/X 1 Non
Tempo máximo de 01:10:00 para rematar o 10K. e 02:20:00 para rematar o Medio
Maratón sendo o límite de paso intermedio no último xiro de Corbaceiras (15K) en
01:39:00.
A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolverá o importe da
inscrición agás baixa médica documentada e enviada a info@sgpontevedra.com
antes das 23.59h do 19 de outubro. En caso contrario, non se fará o reembolso.
PROMOCIÓN INSCRICIÓN GRATUÍTA. Coa compra igual ou superior a 125€ na
tenda Miler Vintage Running Club na rúa Peregrina nº6 soto, en Pontevedra;
conseguirás a inscrición gratuíta no Medio Maratón. Promoción válida ata 30 de
setembro 2024.
4. PERCORRIDO DE RECOÑECEMENTO PREVIO.
A “quedada” para dar unha volta a todo o percorrido, será o venres 18/10/24 dende
a porta principal do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
5. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS.
OPCIÓN DATA LUGAR
1 Do 16/X ao 19/X Tenda Miler (Peregrina 6, Pontevedra)
2 20/X de 8:30 a 10:00 a.m. Só deportistas de fóra de Pontevedra
(Pavillón Universitario de Pontevedra)
Máis info www.mmpontevedra.com / www.sgpontevedra.com
6. PERCORRIDO.
Circuíto HOMOLOGADO 21.097 metros para o medio maratón e de 10.000 metros
para o 10K.
7. PREMIOS.
A partir das 13:30 h. recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as
individuais da categoría ABSOLUTA masculina e feminina do medio maratón e do
10K.
Ademais, no medio maratón haberá medallas para os tres primeiros homes tres
primeiras mulleres das seguintes categorías:
Máster 1 Máster 2 Máster 3 Máster 4
Maiores de 35 Maiores de 40 Maiores de 50 Maiores de 60
Establécense os seguintes premios en metálico para a categoría absoluta do medio
maratón:
1º 2º 3º 4º 5º
ABSOL. Mas. e Fem. 300€ 200€ 150€ 100€ 50€
LOCAL Mas. e Fem. 100€ - - - -
Para ter opción aos premios en metálico é requisito imprescindible facer un tempo
igual ou inferior a 1h14´00” en homes e 1h30´00” en mulleres.
Poderán optar ao premio local atletas do concello de Pontevedra ou vencellados aos
Clubs federados do mesmo concello. Este premio non é acumulable, optando o/a
atleta polo premio de maior contía, cedendo o outro premio ao seguinte participante
que cumpra os requisitos.
8. SERVIZOS
Os participantes recibirán unha camiseta, dous puntos de avituallamento no
circuito, unha bolsa de produtos alimenticios e bebida na meta; e contarán con
servizos de gardarroupa, duchas, fisioterapia, médico, ambulancia, etc.
8.1 TRANSPORTE
Ofrecemos servizo de transporte con saída dende A Coruña as 7:45 h. (lugar a
determinar), parada en Santiago de Compostela 8:25 (lugar a determinar) e chegada
a Pontevedra ás 9:15 h. e regreso ás 14:00 h. O custo do servizo será de 2€.
*Horario aproximado, contactaremos cos usuarios para confirmar horario e lugar de saída
[
Go Back
]