Calendario
Ver carrera

Brión

05/10/2024 18:00 - 19:30

[ Go Back ]

Descripción BASES DA XLI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA
O Concello de Brión, coa colaboración do Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago,
organiza a XLI edición da súa carreira popular o sábado 5 de outubro de 2024 a partir
das 16:30 horas nas inmediacións do Parque de Pedrouzos (ao lado do Campo de
Fútbol Municipal de Brión) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). Esta carreira é unha proba
oficial da FGA con distancia non homologada e pertencente ao IX Circuíto de Carreira
Deputación da Coruña.
PRIMEIRA.- NORMATIVA XERAL
A XLI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA rexerase polas actuais
regulamentacións de Seguridade Viaria do Estado e da Comunidade Autónoma de
Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na
vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE Nº 306 do
23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993
do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de
accidentes).
A proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do Concello de Brión.
Tamén contará con un seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas
no Real Decreto 849/199.
Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario composto dunha ambulancia
e un médico.
A organización resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como
aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade,
circunstancias que serán comunicadas aos participantes con tempo suficiente.
No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a
proba será suspendida automaticamente.
SEGUNDA.- PARTICIPANTES
Poderán participar atletas tanto federados como non federados.
Tódolos participantes deben recoñecer estar en perfecto estado físico e de saúde ó
realizar a inscrición e no momento da proba.
Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
poderá participar de trofeos nin de clasificacións. Tampouco estará amparada polos
seguros da proba.
As persoas participantes na XLI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA estarán
rexidos pola conducta “fair play” e comprométense a levar durante a realización da
mesma un comportamento leal e sincero ademais de correcto no deporte, en especial
fraterno cara o contrincante, respectuoso coa organización e correcto cos asistentes.
Os atletas con licenza pola FGA deberán competir coa camiseta oficial do club e terán
que aterse ao regulamento de Disciplina Deportiva en vigor.
Nesta proba a participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas
rexerase de acordo co disposto na sección terceira, artigos 16, 17 e 18 do regulamento
competicións da Real Federación Española de Atletismo, que se pode consultar na
seguinte ligazón:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2024-03/Reglamento%20de%20Competici%C3%B3n.pdf
TERCEIRA.- CATEGORÍAS, DISTANCIAS, HORARIOS E CIRCUITO
Na presente edición da proba establécense as seguintes categorías, distancias e
horarios:
CATEGORÍA SEXO NADOS/AS DISTANCIA HORARIO
MENORES SEN
CLASIFICACIÓN
PITUFO Mixto 2017 e posteriores 100m. 16:30
SUB 8 Mixto 2015/2016 400m. 16:45
MENORES
SUB 10 Másculino
Femenino 2014/2015 700m. 17:00
SUB 12 Másculino
Femenino 2013/2014 700m. 17:15
SUB 14 Másculino
Femenino 2011/2012 2000m. 17:30
SUB 16 Másculino
Femenino 2009/2010 2000m. 17:30
ABSOLUTA
SUB 18 Másculino
Femenino 2007/2008 10000m. 18:00
SUB 20 Másculino
Femenino 2005/2006 10000m. 18:00
SUB 23 Másculino
Femenino 2002/2003/2004 10000m. 18:00
SENIOR Másculino
Femenino 2001 ata 1990 10000m. 18:00
MÁSTER 1 Másculino
Femenino 1989 ata 1984 10000m. 18:00
MÁSTER 2 Másculino
Femenino 1983 ata 1974 10000m. 18:00
MÁSTER 3 Másculino
Femenino 1973 ata 1964 10000m. 18:00
MÁSTER 4 Másculino
Femenino 1963 e anteriores 10000m. 18:00
A recollida de dorsais poderá realizarse o venres día 4 de Outubro (opción
recomendada) na Casa da Cultura do Concello de Brión en horario de 9 a 14 e de 16 a
20h. e o propio día da carreira dende as 15:300h. ata 30 minutos antes do inicio de cada
proba nas inmediacións da liña de saída.
A proba absoluta da XLI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA realizarase
sobre un circuíto de 5.000m. aprox. (98% asfalto e 2% terra en bo estado) ao que se
lle darán dúas voltas para completar un total de 10.000m. aprox. En canto aos
circuítos das carreiras de menores desenvolveranse nas inmediacións do Campo de
Fútbol Municipal do Concello de Brión.
Ao finalizar a proba todas as persoas participantes recibirán un avituallamento líquido
na liña de meta.
CUARTA.- INSCRICIÓN, PREZOS E SISTEMA DE CRONOMETRAXE
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, ata o 2
de outubro ás 23:59h. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO
ESTABLECIDO NIN POR OUTROS MEDIOS.
Para o control de tempos da carreira todos os participantes deberán levar un CHIP que
lles será entregado xunto co seu dorsal.
Os prezos de inscrición serán os seguintes:
- Pitufos, Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16: GRATUÍTO
- ADULTOS (de Sub 18 a Máster): 5€
O/A atleta que non porte o chip-dorsal en todo momento non poderá entrar na
clasificación da proba.
O chip-dorsal é persoal e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos
atletas, sancionarase coa expulsión da carreira. Así mesmo anularánselle todos os
dereitos adquiridos coa inscrición na mesma.
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento
e calquera posible modificación.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
-O/A atleta inscrito/a declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
-Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo
constar no reverso do dorsal da proba.
-O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude
expresa por escrito.
As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a modo particular,
sen ser autorizadas polo organizador, non están amparadas polos seguros da proba.
Todos os participantes na proba, polo mero feito de realizar a inscrición na carreira
popular, aceptan todas e cada unha das regras do presente regulamento e no caso de
dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.
QUINTA.- CLASIFICACIÓNS E PREMIOS / TROFEOS
Establecerase unha clasificación individual segundo o tempo invertido en completar o
circuíto da proba e unha clasificación por categorías. As diversas clasificacións poderán
consultarse na páxina web: www.carreirasgalegas.com.
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros da cada categoría tanto feminina como
masculina.
Así mesmo recibirán trofeo e premio en metálico os tres homes e tres mulleres que
completen o circuíto da proba no menor tempo. Tamén haberá premios para os
tres primeiros clubs federados clasificados. Os premios económicos establécense
da seguinte maneira:
HOMES MULLERES CLUBS
FEDERADOS
1º CLASIFICADO 300€ + TROFEO 300€ + TROFEO 300€ + TROFEO
2º CLASIFICADO 250€ + TROFEO 250€ + TROFEO 250€ + TROFEO
3º CLASIFICADO 150€ + TROFEO 150€ + TROFEO 150€ + TROFEO
Na carreira absoluta tamén recibirán trofeo os tres primeiros homes e tres primeiras
mulleres clasificadas empadroados en Brión (para optar a este premios os atletas
deberán estar correctamente empadroados no Concello de Brión no momento de
formalizar a inscrición).
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous
trofeos, exceptuando os correspondentes aos empadroados no Concello de Brión.
A entrega de premios celebrarase nas inmediacións da liña de saída/meta, 30 minutos
despois de que o último participante finalice a proba absoluta.
Todas as persoas participantes recibiran como agasallo conmemorativo unha
CAMISETA TÉCNICA cortesía da organización como recordo da súa participación.
Sistema de puntuación e clasificación por equipos
A clasificación por clubs será establecida a través dos 6 primeiros corredores que crucen
a liña de meta no menor tempo, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que
menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu
6º compoñente.
Os equipos poderán ser mixtos.
Só se admitirá a participación de clubs federados nos premios en metálico. É requisito
indispensable que as persoas que vaian conformar un equipo se anoten todos co
mesmo nome de equipo. Na confección do club non poderán entrar atletas pertencentes
a outros clubs nin filiais do mesmo.
SEXTA.- RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da competición
na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da publicacións dos resultados
oficiais que serán expostos en lugar visible pola organización.
SÉTIMA.- DESCUALIFICACIÓNS
Os/as xuíces/as da proba e membros da organización reservaranse a facultade de
descualificar ao infractor/a que incumpra as normas da FGA e RFEA, por esta orde,
para probas en ruta ou realice calquera das seguintes irregularidades:
- Non leve o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión na parte anterior
do corpo.
- Manipule ou modifique o dorsal.
- Participe cun dorsal que corresponde a outro corredor.
- Non pase polos controis de carreira establecidos.
- Non realice o percorrido da carreira completo.
- Non atenda as indicacións dos membros da Organización ou xuíces.
- Entre fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da
proba.
- Pretenda participar na carreira popular sen terse inscrito previamente.
- Cometa conductas que a xuízo da organización da Carreira poidan ser consideradas
como antideportivas.
- Se teña inscrito alterando os datos de forma maliciosa respecto aos que figuran no
DNI ou ficha federativa.
- Manteña unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente na contra do espírito
deportivo.
- Manifeste un mal estado físico.-Non facilite á organización a documentación que se lle
requira.
- Incumpra calquera outra norma recollida nas normas de competición vixentes da FGA
e RFEA para probasen ruta.
Tamén serán descualificados os/as corredores/as que non respecten as indicacións da
Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, Xurado, Servicios Médicos ou membros da
Organización debidamente identificados.
Os/as corredores descualificados perderán o dereito a recibir calquera premio en
metálico ou trofeo.
OITAVA.- RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse
os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante
declara polo feito de inscribirse, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a
proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e accidentes deportivos que
cubrirá as incidencias inherentes á proba.
NOVENA.- NOTAS FINAIS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización;
nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar
ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na
zona de saída. Os servizos médicos e a organización da competición están facultados
para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico
durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos
os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis,
da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler,
entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese
derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus
dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de
xurdir algunha situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña
o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.

[ Go Back ]