Calendario
Ver carrera

Beade - Vigo

12/10/2024 10:00 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO “VIII TRAIL MONTES DE VIGO” - 2024
1. ORGANIZADOR DA PROBA
A Mancomunidade Montes de Vigo organiza o VIII Trail Montes de Vigo en colaboración con Noko 360 e
diferentes empresas e entidades colaboradoras.
2. ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
A participación nesta Trail implica a aceptación expresa e sen reservas deste regulamento, da
ética do evento e das instrucións transmitidas polo organizador aos participantes.
3. DEFINICIÓN DA PROBA
- Gran Trail "Montes de Vigo": 22 km, desnivel +1050
Saída: 10:00 horas
Abastecementos en carreira: 2 líquido + 1 sólido
- Mini Trail "Montes de Vigo": 12 km, desnivel +650 metros
Saída: 10:30.
Abastecementos en carreira: 1 sólido + 1 líquido
4. PERCORRIDO DAS PROBAS
O percorrido definitivo das probas será publicado na web www.montesdevigo.org.
A organización resérvase o dereito a realizar calquera cambio por necesidades organizativas ou
polo beneficio dos/das participantes, debendo comunicalo antes da saída ou no momento que
se identifique a necesidade.
5. PARTICIPACIÓN E RESPONSABILIDADES
5.1 Participación no Gran Trail e Mini Trail:
Os/As participantes teñen que ser maiores de idade, podendo participar tanto federad@s
como non federad@s, sendo o requisito mínimo ter un contacto mínimo con trail de montaña.
5.2 Categorías:
- Absoluta: masculina e femenina
- Master A: de 18 a 39 anos
- Master B: de 40 a 49 anos
- Master C: + 50 anos
5.3 Responsabilidade de participantes.
Cada participante ten a responsabilidade de:
- Atoparse en forma física e psíquica axeitada no momento de realización da proba.
- Seguir o trazado da proba escollida segundo a sinalización implantada e/ou as indicacións do
persoal da organización.
- Respectar as normas de circulación viaria e particularmente nos cruzamentos de estradas,
sendo os únicos responsables das infraccións que puideran cometer.
5.4 Declinación de responsabilidade en caso de accidente, neglixencia ou perda de obxectos
persoais.
A organización declina a súa responsabilidade nos casos de danos, prexuízos ou lesións que os
participantes puideran sufrir ou causar a terceiros, como tampouco dos gastos, débedas ou
danos que puideran contraer durante o evento.
A organización ten subscrito o correspondente seguro de responsabilidade civil e de
accidentes para todos os participantes debidamente inscritos que cubriran as incidencias
inherentes á proba. Quedan excluídos da póliza os casos derivados dun padecemento latente,
inobservancia das leis, imprudencia, os producidos por desprazamento a ou dende o lugar no
que se desenvolve a proba.
6. INSCRICIÓN, PREZOS, CANCELACIÓN E DORSAIS:
6.1 Prazo de inscrición:
Dende o 1 de setembro o 8 de outubro de 2024
6.2 Dereitos da inscrición:
Participar na proba escollida con dorsal, así como cos correspondentes abastecementos e
seguros.
Tamén se porá a disposición dos/das participantes duchas e aqueles obsequios que consiga a
organización.
6.3 Prezos e tramos de inscripción

Gran Trail Montes de Vigo
Ata o 15 de setembro: 18 euros
Do 16 de setembro o 6 de outubro: 21 euros
Do 7 o 8 de outubro: 24 euros
Mini Trail Montes de Vigo
Ata o 15 de setembro: 14 euros
Do 16 de setembo o 6 de outubro: 17 euros
Do 7 de outubro o 8 de outubro: 20 euros
6.4 Cancelación da inscrición:
Poderase solicitar en calquera momento ata o día 1 de outubro a cancelación da inscripción,
con unha penalización do 50% do custe da mesma
6.6 Retirada de dorsais:
Proximamente anunciaremos en redes sociais os horarios das diferentes entregas
7. ORGANIZACIÓN:
7.1 Lugar de inicio e finalización:
Campo de fútbol de Beade
7.2 Sinalización e controis.
Os distintos percorridos estarán sinalizados con cintas de plástico e sinalética con fondo
amarelo e tipografía negra, sendo obrigado o paso polos controis establecidos.
O percorrido da proba non estará totalmente cortado ao tráfico, se ben haberá persoal da
Organización nos puntos máis perigosos.
7.3 Dorsais e chip
Unha vez asignados os dorsais, estes son persoais e intransferibles, debendo colocarse na
camisola, fixados mediante imáns ou alfileres ou cinta para dorsais, quedando sempre visibles.
7.4 Tempos de paso.
A organización publicará os tempos de corte en cada control.
Os/as participantes que non acaden os controis nos tempos máximos, deberán retirarse da
proba e quedarán fora da cobertura da Organización.
Os responsables de cada control e os "corredores escoba" terán potestade para retirar da
proba a calquera participante se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o
aconsella.
O/A participante que se retire durante o transcurso da proba deberá avisar ao control máis
próximo e facer a entrega do dorsal.
7.5 Abastecementos.
Existirán abastecementos líquidos e sólidos que serán comunicados no momento do inicio da
proba.
Dado o noso compromiso co medio ambiente e para evitar a xeración de residuos, os
alimentos non contarán con recipientes e os vasos non poderán saír dos lugares de
abastecemento, provistos de contedores para o seu depósito.
Os participantes que leven envases ou residuos deberán levalos ata que sexan depositados no
posto de abastecemento máis próximo ou na meta onde haberá contedores para a súa
recollida.
7.6 Descualificacións e abandonos.
Quedará descualificado/a todo o/a que non cumpra co presente regulamento, non complete a
totalidade do percorrido, deteriore ou emporque a contorna, non leve o seu dorsal ben visible,
non respecte aos demais participantes, non se atope en condicións físicas para realizar a proba
ou desatenda as indicacións da organización.
Todo participante que abandone deberá notificalo á Organización cando lle sexa posible
7.7 Auxilio a accidentados e teléfono de emerxencia.
Os/as participantes están obrigados/as a auxiliar aos/ás accidentados/as
A Organización porá a disposición dos/das participantes un número de teléfono móbil ao que
dirixirse para comunicar calquera eventualidade ou accidente.
7.8 Vehículos autorizados e animais de compañía.
Os únicos autorizados a seguir a proba serán os designados pola Organización.
Para evitar posibles accidentes queda totalmente prohibido seguir aos participantes en moto,
bicicleta, quad ou similar.
Non está permitido levar animais de compañía durante a proba.
7.9 Infraccións descalificatorias.
- Non axudar nin socorrer a outro participante que estea en perigo ou lesionado.
- Realizar calquera acción voluntaria que poida danar o medio natural.
- Botar calquera desperdicio fóra dos depósitos facilitados pola Organización.
- Non facer o percorrido completo.
- Non levar o número, manipulalo nin cederllo a outra persoa.
- Modificar os datos facilitados á Organización respecto dos que figuran no seu D.N.I ou N.I.E.
- Comportamento non deportivo ou non respectuoso cos organizadores, colaboradores,
público e demais participantes.
- Responsabilidade ou participación neglixente nun accidente no que estea implicado outro
participante.
- Calquera outra causa non reflectida nos puntos anteriores que se considere sancionable pola
Organización.
7.10 Sancións.
Se se observa algunha irregularidade/infracción, a Organización avisará da mesma ao
corredor/ra infractor/ra sempre que sexa posible, reservándose o dereito de inhabilitalo,
comunicándoo ao Director/ra de Carreira e asumindo o infractor a responsabilidade derivada
da infracción cometida.
Os/as corredores/as descualificados non terán opción a premios e trofeos.
Os/as corredores/ras que non estean inscritos ou corran sen dorsal e chip non serán
admitidos/as pola Organización, impedíndolles o acceso á proba en defensa dos dereitos dos
inscritos regulamentariamente.
7.11 Reclamacións.
No caso de desacordo coa clasificación, deberá dirixirse ao director/ra da proba para expor as
alegacións oportunas.
Poderá facerse nos 10 minutos despois da súa publicación.
A decisión do director/ra da proba será inapelable.
7.12 Premios.
Entregarase un premio-trofeo aos tres primeiros de cada categoría das probas deportivas.
7.13 Cambios na organización da proba.
A Organización reservase a posibilidade de cancelación por causa xustificada e, de proceder,
ao cambio de datas e lugares de celebración, que será comunicado a través da web
www.montesdevigo.org.
A organización tamén se reserva o dereito de realizar calquera modificación na proba por
necesidades organizativas ou en beneficio dos participantes, debendo comunicarllo antes da
saída ou cando sexa posible.
Ademais, pódese suspender e aprazar a proba se se observa un risco para a seguridade dos
participantes, por causa de forza maior, por condicións meteorolóxicas extremas que a fan
desaconsellable. Calquera modificación deste estilo será debidamente comunicada.

[ Go Back ]