Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Mesoiro - A Coruña
24/11/2024
10:00 - 11:00
[
Go Back
]
Descripción
XII CARREIRA POPULAR DE NOVO MESOIRO - 24/11/2024
REGULAMENTO ESPECÍFICO
INSCRICIÓNS: a data límite será o domingo 17 de novembro ás 23.59 horas.
Inscrición en liña: www.corunacorre.com
No caso de participar en carreiras individuais, o dorsal será exclusivo para cada
unha das 7 carreiras que integran o circuíto.
As inscricións ao circuíto dispoñerán dun “dorsal único”, que é necesario
conservar para todas as carreiras. No caso de perda deberá comunicarse á
organización enviando un correo a consulta@championchipnorte.com e a súa
reposición terá un coste de 1 €.
HORARIO DE SAÍDAS E DISTANCIAS*
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10.00 ABSOLUTA 5.535 m aprox.
11.00 ENTREGA DE PREMIOS – CATEGORÍA ABSOLUTA
11.15 SUB 18* Que cumpran 17 e 16 anos durante este ano. 2.270 m aprox.
11.30 SUB 16* Que cumpran 15 e 14 anos durante este ano. 2.270 m aprox.
11.45 SUB 14 Que cumpran 13 e 12 anos durante este ano. 1.600 m aprox.
12.00 SUB 12* Que cumpran 11 e 10 anos durante este ano. 800 m aprox.
12.15 SUB 10* Que cumpran 9 e 8 anos durante este ano. 800 m aprox.
12.30 PEQUES* Que cumpran 7 anos ou menos durante este
ano.
150 m aprox.
13.00 ENTREGA DE PREMIOS - CATEGORÍAS INFERIORES*
*Horarios orientativos en función da participación
LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS
DOMINGO 24 de novembro no Polideportivo Municipal Novo Mesoiro, dende as
9:00 horas ata 1 hora antes do comenzo de cada una das carreiras.
Para as categorías inferiores, ata 1 hora antes do comezo de cada unha das
categorías.
As persoas participantes da categoría “peques”, ademais do dorsal, deberán recoller
as súas pulseiras identificadoras para a carreira no espazo de recollida de dorsais.
Media hora antes da súa saída, esta entrega realizarase no arco de saída de
peques.
LUGAR DE SAÍDA E META CARREIRA ABSOLUTA:
R/ Os Ancares, Zona Polideportivo Municipal Novo Mesoiro
PECHE DE CONTROL DA PROBA ABSOLUTA:
Ás 11.00 horas.
SERVIZO DE GARDARROUPA
Polideportivo Municipal Novo Mesoiro (R/ Os Ancares, A Coruña) de 09:30 a
11:30 h.
SERVIZO DE DUCHAS
Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro - 10:30 a 12:00 h.
USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP:
a) O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha
nocelleira á altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip
que utilice o/a corredor/a. Chip amarelo en propiedade (non se devolve).
Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do circuíto)
c) Chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das
carreiras (non se devolve).
AVITUALLAMENTO DE META:
Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en
cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar
visible despois da meta.
HORARIO DA ENTREGA DE PREMIOS:
Horario da entrega á Categoría Absoluta: 11.00 horas
Horario da entrega ás Categorías Menores: 13.00 horas (condicionado pola
participación na categoría de Peques)
Lugar: No Polideportivo de Novo Mesoiro.
Os/as atletas premiados/as deberanse situar na zona próxima á entrega de
premios no momento en que por megafonía se anuncie o inicio dela, así como
estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que
o/a atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premiación, para
evitar esperas innecesarias.
Exclusivamente poderán subir ao podio as e os atletas premiados.
Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio,
no momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.
Aqueles/as atletas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia,
no momento da entrega, deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de
Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos
non recollidos.
[
Go Back
]