Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Mañón
26/10/2024
10:00 - 13:00
Voltar
Regulamento
REGULAMENTO
II TRAIL CONCELLO DE MAÑÓN
( X CIRCUITO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA )
SÁBADO 26 DE OUTUBRO 2024
1. ORGANIZACIÓN:
O Concello de Mañón organiza o II TRAIL de Mañón. A proba terá lugar o Sábado 26 de
Outubro do 2024 con saída e chegada na praia de Esteiro, no Barqueiro.
As categorías de base correrán distancias de 100m, 400m e 800m nun circuíto en Esteiro.
Os/as corredores adultos/as terán una distancia aproximada de 18-20 km.
A andaina aproximadamente 12 km
Haberá control técnico por parte da Federación galega de Atletismo en todas as categorías.
2. PARTICIPACIÓN:
A proba estará aberta a todos/as os/as atletas, federados/as ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade.
3. CATEGORÍAS:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA
APROX
SAÍDA
Pequerrechos 2019 e posteriores 100m 11h 10´
Prebenxamíns 2017-2018 100m 11h 10´
Sub 10 2015-2016 400m 10h 50´
Sub 12 2013-2014 400m 10h 50´
Sub 14 2011-2012 800m 10h 30´
Sub 16 2009-2010 800m 10h 30´
Sub 18 2007-2008 800m 10h 30´
Sub 20 2005-2006 18-20km 10h
Sub 23 2002-2003-2004 18-20km 10h
Senior 2001 ata 1990 18-20km 10h
Máster 1 1989 ata 1984 18-20km 10h
Máster 2 1983 ata 1974 18-20km 10h
Máster 3 1973 ata 1964 18-20km 10h
Máster 4 A partir de 1964 18-20km 10h
Andaina 10 - 12 km 10h 2´
1
4. INSCRICIÓNS:
-A inscrición será de balde ou gratuíta para os atletas das categorías menores (de
prebenxamíns a sub 18).
Para os/as atletas da categoría absoluta (nados no ano 2006 ou anteriores) poderá
realizarse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo:
www.carreirasgalegas.com
Ata o Domingo 6 de Outubro ás 23h:59´ :12€
Dende o Luns 7 de Outubro ata o Domingo 20 de Outubro ás 23:59´(peche de
inscricións): 15€
Calquera dúbida ou máis información serán atendidas nos tfs 981414002 -
647536305 ou por correo electrónico: cultura.deportes@manon.es.
- Límite de prazas absoluta:400
- Non se admitirán inscricións fóra de prazo
- A inscrición da proba é persoal e intransferible
- A realización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado o
regulamento da proba
- A proba estará controlada polo persoal da Federación Galega de Atletismo
e estarán capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o
regulamento.
Protección de de datos: Todos/as os/as corredores/as ó realizar a inscrición
aceptan a publicación do seu nome e imaxe na clasificación, medios de
comunicación e /ou internet. Mediante a inscrición o corredor consinte
expresamente que os seus datos sexan empleados pola organización para
comunicacións acerca da súa actividade. En toda caso e tal como se establece a
Lei de Protección de datos, o interesado pode exercer os seus dereito de acceso
rectificación, cancelación e posición mediante un escrito ou correo electrónico.
5. ENTREGA DE DORSAIS:
Os dorsais entregaranse o día da proba, na zona habilitada pola organización
(Polideportivo de Esteiro),ata 1 hora antes da saída de cada proba.
6. DUCHAS:
A organización pon a disposición dos/as corredores/as duchas no Pavillón
municipal de Esteiro.
2
8. PERCORRIDOS:
- ANDAINA: Aprox. 10-12 km (non competitiva)
- TRAIL ADULTOS: Aprox. 18-20 km
- A saída situarase no Pavillón municipal da praia de Esteiro no Barqueiro e as
diferentes carreiras realizaranse no entorno próximo.
- É obrigatorio que os/as corredores/as leven durante toda a carreira o dorsal no peito,
e deben chegar á meta con él.
- As distancias sinaladas son aproximadas.
- A organización resérvase o dereito de realizar modificacións ou cambios no
percorrido se a seguridade ou as circunstancias o require,e na distribución das saídas,
dependendo da cantidade de inscritos.
9. ABASTECEMENTO:
Haberá servizo de abastecemento sólido e líquido á metade e ó final da proba.
10. VEHÍCULOS
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba son os designados pola organización, que
regularán o tráfico ó longo do percorrido. Queda totalmente prohibido seguir ós
corredores en coche, moto ou bicicleta, polo perigo que puidera supoñer para os atletas,
así como a participación de animais.
11. PREMIOS E AGASALLOS:
-A organización premiará con medallas ós/ás 3 primeiros/as clasificados/as de cada
categoría masculina e feminina exceptuando os pequerrechos/as que levarán todos/as a
súa.
-Trofeos para os/as 3 primeiros/as corredores/as en categoría absoluta.
-A entrega de trofeos realizarase unha vez remate a proba da categoría absoluta.
-Agasallos: Para os/as menores, una mochila de praia.
Para adultos/as, unha camiseta
12. SEGURO:
A proba conta cun seguro de accidentes para todos/as os/as corredores/as que cubre os
posibles danos e responsabilidade civil.
Esta carreira disporá de ambulancia e médico para atender posibles incidencias.
Igualmente o atleta declara estar en condicións físicas óptimas para realizar dita proba.
Todos/as os/as participantes polo feito de inscribirse, aceptan o presente regulamento e en
caso de dúbida ou de surxir algunha situación non reflexada no mesmo acatarase o que
dispoña o Comité Organizador da proba
13. DESCALIFICACIÓNS:
A proba estará controlada por técnicos da Federación Galega de Atletismo e polo persoal
do Concello de Mañón, e estarán capacitados para descualificar a calquera atleta que
incumpra o regulamento.
Voltar