Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Meaño
08/09/2024
11:00 - 12:00
Voltar
Regulamento
"1"" A inscrición debe realizarse no prazo sinalado, debendo facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, sexo, concello, data de nacemento, DNI, teléfono e, se procede, clube.
ATENCIÓN: Inscricións ata o xoves 5 de setembro ás 23.59 horas. En ningún caso se admitirán inscricións fora de prazo, nin o mesmo día da proba, en ningunha categoría, xa sexa competitiva ou non.
2• Facilitaráselle a cada participante o dorsal e o chip correspondente á súa categoria. Deberán colocar o dorsal no peito.
3• 0 chip e o dorsal recolleranse o día da proba na zona de saída/meta (Praza da Feira) entre as 9:00 e as 10.30
h. da mañá (cumprimento estrito de horario).
4^ Dado que o chip e os dorsais son intransferibles, cada quen debe retirar o seu de xeito individual.
5"" Ó longo do percorrido a Organización establecerá os controis que estime oportunos para a entrega de testemuños ou para seguridade da proba. Estes controis poderán ser fixos ou móviles e estarán autorizados para descualificar aos participantes que cometan algunha irregularidade ou atenten contra a seguridade individual (tanto propia como allea) ou colectiva durante a proba.
6^ Prohibido acompañar aos rapaces. De facelo o neno ou nena terá que ser descuaIificado/a.
7º Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.
8^ A categoría de chupetes, correspondente a participantes nados no ano 2020 ou posteriores, non ten carácter competitivo, só ten por obxecto fomentar o deporte entre os máis pequenos. A carreira pertencente a esta categoría celebrarase unha vez finalizada a Carreira Popular. (Aprox. sobre as 12:00 h.)
9• A Organización establece unha categoría de ANDANTES (non competitiva), sobre un circuito de 3,5 Km. Os interesados en participar na andaina deberán facer a inscrición na páxina web no prazo establecido e recoller o dorsal o día da Carreira en horario de 9.00-10.30 horas.
10º Recibirán trofeos especiais:1º Clasificado/a masculino e femenino do Concello (empadroado); Atleta máis veterano e veterana do Concello (empadroado/a); Atleta máis veterano absoluto.
11"" A Organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes desta Carreira, antes, durante e despois da proba, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios. Así como tampouco das persoas, que participen na mesma sen estar inscritos na páxina web, os cales o farán baixo a súa responsabilidade.
12a Dado o carócter eminentemente popular e festivo desta proba, a Organización agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.
13"" 0 descoñecemento destas normas non exime do seu cumprimento.
14"" Acción social: queremos convidar a cada participante que done un quilo de alimentos non perecedoiros cando recolla o dorsal o dia da carreira. Os alimentos recollidos será repartidos ás familias que máis o precisen do Concello.
15a A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos de estar en bo estado físico e pasado os pertinentes recoñecementos de saúde; autoriza a organización para a utilización da imaxeen publicacións, carteis... para a promoción do deporte e de próximas edicións da Carreira.
16"" Conforme á Ley Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Meaño. A finalidade do ficheiro é levar a cabo 4 xestión de datos para a Carreira Popular así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderó facelo dirixíndose por escrito R/ Campo da Feira n°1,36968 Meaño, xuntando unha fotocopia do seu DNI."
Voltar