Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Ponte Caldelas
14/09/2024
18:00 - 19:00
[
Go Back
]
Descripción
III CARREIRA POPULAR DAS DORES 2024
1. O Concello de Ponte Caldelas, conxuntamente co Club Atletismo Rías Baixas, organizan o sábado, 14 de
setembro de 2024 as 18:00h., a III Carreira Popular Das Dores 2024, na Alameda de Ponte Caldelas, cunha
distancia de 4 km. e coa colaboración da Federación Galega de Atletismo (FGA).
2. A carreira está aberta a atletas federados e non federados, dependendo das categorías sinaladas no presente
regulamento, sempre que se atopen en boa condición física.
3. CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIO.
A) Absoluta, nados en 2006 ou antes, 4 km. 18:00h.
Cadete/Sub16 e Xuvenil/Sub18, nados en 2010, 2009, 2008 ou 2007, 1.200m. 18:35h.
C) Infantil/Sub14, nados en 2012 ou 2011. 1.200m. 18:45h.
D) Alevín/Sub12, nados en 2014 ou 2013. 600m. 18:55h.
E) Benxamin/Sub10, nados en 2016 ou 2015. 600m. 19:03h.
F) Pre-benxamín/Sub8, nados en 2018 ou 2017. 150m. 19:11h.
G) Pitufos, nados en 2020 ou 2019. 100m. 19:16h.
H) Chupetes, nados en 2021 ou despois, 50m. 19:25h. (acompañados polos seus país).
4. PERCORRIDO. As carreiras para os mais pequenos (F, G, H), dispútanse na Avda. de Marín (Alameda
de Ponte Caldelas). Para os Benxamíns e ata os Cadetes (B, C, D, E), nun circuito con saída na Avda. de
Vigo (Alameda), xiro a esquerda para coller o Paseo Mamá Clotilde (orilla do Río Verdugo), e Avda. de Marín
(Alameda); ao que darán unha ou dúas voltas dependendo da categoría.
A carreira Absoluta, un circuito de 1.373 metros, ao que darán 3 voltas, para completar 4.150 metros,
aproximadamente. SAÍDA: Avda. de Vigo, seguir ata a ponte sobre o río Verdugo, facendo un troco de sentido
xusto antes da ponte; para voltar pola Avda. ata desviarse a dereita polo Paseo Mamá Clotilde (orilla do Río
Verdugo), Avda. de Marín (Alameda) META.
5. INSCRICIÓNS. A inscrición, efectuarase a través da páxina web: https://www.carreirasgalegas.com/,
pechando o prazo o martes, 10 de setembro. Haberá que indicar o nome completo, data de nacemento,
localidade, país, correo electrónico, teléfono e DNI ou documento análogo; así como os datos de autorización
do titor legal no caso dos menores de idade. Para os atletas federados a maiores: número de licenza e Clube.
Para as carreiras F), G), e H); poderán inscribirse tamén o día da carreira, na Alameda de Ponte Caldelas,
a partires das 16:00h. e ata media hora antes da súa carreira.
AQUELAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA OU INTELECTUAL, COMUNICALO A
MAIORES AO CORREO ELECTRÓNICO, ATA O MARTES 10 DE SETEMBRO:
atleriasbaixas@gmail.com
6. RECOLLIDA DE DORSAL E CHIP, O dorsal recollerase o día da carreira dende as 16:00h. na Alameda
de Ponte Caldelas e ata media hora antes da súa carreira. Procurade levar os alfinetes para suxeitar o dorsal.
7. PREMIACION. A partir das 19:30h. na Alameda de Ponte Caldelas. Entregaranse premios aos tres
primeiros por sexo e nas seguintes categorías: Infantil (nados en 2012, 11), Cadete (nados en 2010, 09),
Xuvenil (nados en 2008, 07); conxuntamente: Junior/sub20 e Promesa/sub23 (nados en 2006, 05, 04, 03, 02);
Senior e Máster35 (nados en 2001 e ata os 39 anos cumpridos); Máster40 e Máster45 (de 40 anos a 49 anos
cumpridos); Máster50 e Máster55 (de 50 anos a 59 anos cumpridos); Máster60 e Máster65 (de 60 anos a 69
anos cumpridos; Máster70 en diante (a partir de 70 anos cumpridos e maiores). Ademáis de premio ao gañador
e a gañadora da carreira Absoluta.
Estableceranse premios especiais ao millor clasificado, veciño de Ponte Caldelas, tanto home coma muller,
na carreira Absoluta e aos millores con discapacidade intelectual e física.
Os premios para as categorías de Chupetes a Alevín, entregaranse en meta a conclusión das súas carreiras.
9. USO DE VESTIARIOS. Poderanse usar os vestiarios do Pavillón Municipal Gustavo Dacal de Ponte
Caldelas (P. Chan Da Barcia), de 17:30h. a 20:30h.
10. RESPONSABILIDADE. A organización non se fai responsable dos danos que puidesen causar ou
causarse as persoas participantes polas súas imprudencias ou neglixencias. Os participantes corren baixo a súa
responsabilidade e teñen a condición física necesaria para correr a distancia programada.
11. PROTECCION DE DATOS PERSOAIS E SEGUROS. Os datos suministrados a organización,
utilizaranse para elaboración, publicación e difusión; da relación de persoas inscritas e os resultados das
carreiras. Ademáis coa inscrición autorizan a publicación da súa imaxe para o fomento do atletismo e a
publicidade desta carreira en calquer medio de difusión. Poderá exercer os seus dereitos ao correo electrónico:
atleriasbaixas@gmail.com.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor consente
expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil, así como a xestión da licenza de día
de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado
pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou
correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.
12. NORMATIVA APLICABLE. Ao inscribirse nesta carreira, as persoas aceptan o presente regulamento,
a lexislación aplicable a este tipo de competicións e as normas federativas de atletismo. Así mesmo para o non
reflexado neste regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA e WA en vigor para probas
en ruta. As reclamacións faranse verbalmente ante o xuiz árbitro da proba e ata 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
13. OBSERVACIÓNS. O presente regulamento poderá sufrir modificacións en función de causas alleas a esta
organización.
14. APARCADOIROS. Haberá aparcadoiros nas inmediacións da sede do Concello de Ponte Caldelas e
tamén no Pavillón Municipal (P. Chan Da Barcia).
[
Go Back
]