Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Mondariz
28/09/2024
18:30 - 19:30
[
Go Back
]
Descripción
VIII CARREIRA POPULAR DE MONDARIZ
1.- REGULAMENTO PREVIO Á CARREIRA
Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer,
entender e aceptar o presente regulamento
Art. 2º.- O concello de Mondariz con CIF, xunto coa colaboración de Sportkids,
con CIF G-04953576 organizan, o sábado 28 de setembro de 2024, a partires
das 17:30 horas a “VIII Carreira Popular de Mondariz” sobre un trazado
urbano de 7 Km.
Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS.
Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen
sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos para o efecto pola
organización, e cumpran as condicións de participación.
Categorías Establecidas:
A proba estará aberta a todos os atletas que estean comprendidas entre as
seguintes idades.
Categoría de menores:
CADETES: Nados entre os anos 2009/2010
INFANTÍS: Nados entre os anos 2011/2012
ALEVÍNS: Nados entre os anos 2013/2014
BENXAMÍNS: Nados entre os anos 2015/2016
PREBENXAMÍNS: Nados entre os anos 2017/2018
PITUFOS: Nados entre os anos 2019/2020
CHUPETES: Nados entre os anos 2021/2024
Categoría Absoluta:
SENIOR: Nados entre os anos 2008/1989.
VETERANOS A: Nados entre os anos 1988/1979
VETERANOS B: Nados no ano 1978 en adiante.
Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente
regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas
alleas á vontade da organización.
O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que
se expoñen deseguido:
● Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma
posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e ter
pasado os pertinentes controis médicos de saúde.
● A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento
por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.
● O/A participante exime de toda responsabilidade á organización de
calquera prexuízo que puidera derivarse da súa participación no evento (
Ex. Perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo
de lesións, atropelos, agresións...)
● Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións,
carteis ... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá
prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito
dirixida o concello de Mondariz.
A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte
os termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida,
ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña
a Organización.
Art. 5º.- INSCRICIÓNS.
Faranse na web Sportmaniacs.com, ata as 23:59 horas do luns 23 de
setembro de 2024, non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo
día da proba.
O custe da inscrición será de 5 euros por participante na categoría absoluta,
sendo para gratuíta para as categorías de menores .
A inscrición considerase finalizada ao facer o pago desta e non se retornará o
importe da inscrición por ningunha circunstancia.
A inscrición da proba é persoal e intransferible.
A inscrición na proba absoluta quedará limitada a 200 participantes.
A inscrición de menores poderá facerse a través da paxina web
sportmaniacs.com o no mail de contacto omix@mondariz.gal, indicando
nome e apelidos, data de nacemento, dirección, teléfono de contacto e
DNI se o tivese.
O DÍA DA PROBA
Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS.
Farase na zona de saída, na Praza de España de Mondariz, nun lugar habilitado
pola organización, de 11: a 14:00 e a partires das 15:30 horas.
O dorsal terá que ir colocado na parte dianteira ben visible en todo momento,
sen que poida ser tapado por un chaleco, chaqueta ou calquera outra prenda.
Na mesma zona farase a entrega da bolsa do corredor.
Os participantes disporán dun servizo de gardarroupa na zona de saída e meta.
Art. 7º.- PERCORRIDO.
A carreira absoluta fará un percorrido de 7 km, comprendendo parte urbana
polas rúas de Mondariz e rematará no centro do pobo.
Dando comezo a proba as 18:30h
O corte da carreira será de unha hora, Todo aquel que non chegou á meta
despois deste tempo, quedaría descalificado.
As carreiras de menores faranse por un circuíto totalmente urbano, realizando
na seguinte orde e horario:
17:30 CADETES: Circuíto de 1500m (aprox).
17:40 INFANTÍS: Circuíto de 1200m (aprox).
17:50 ALEVÍNS: Circuíto de 900m (aprox) 3 voltas á praza.
O rematar a carreira absoluta sairán os mais cativos:
19:30 BENXAMÍNS: Circuito de 600m (aprox) 2 voltas á praza.
19:40 PREBENXAMÍNS: Circuito de 300m (aprox) 1 volta á praza.
19:45 PITUFOS: Circuito de 100m (aprox).
19:50 CHUPETES: Circuito de 100m (aprox).
Avituallamento: Líquido no Km 4,5 aproximadamente e especial na liña de meta.
Art. 8º.- SERVICIOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
A Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico, un/ha
enfermeiro/a e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada
A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a
lexislación vixente
Así mesmo, tódolos participantes non federados, disporán dun seguro de
accidentes, por lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola
organización.
Art. 9º.- DESCALIFICACIÓNS.
O servizo médico da competición ou o director de carreira, están facultados para
retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente,
que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a
publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que
se reitere en protestas á organización.
Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS.
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade,
non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle
a abandonar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA
Art. 11º.- PREMIOS.
O rematar farase a entrega de trofeos, hora estimada 20:00h.
Haberá trofeos para os tres primeiros da clasificación da proba absoluta,
tanto feminina coma masculina, e serán obsequiados coa cantidade de 100
Euros + Noite no Hotel Balneario de Mondariz para o primeiro; 75 Euros +
Palacio da auga + cea no Hotel Balneario de Mondariz para o segundo; e 50
Euros + Palacio da auga para o terceiro. Asimesmo haberá trofeos para os
tres primeir@s clasificados da proba absoluta nados en Mondariz. Tamén
haberá trofeos para as categorías da Carreira Absoluta, tanto masculina
como feminina.
Tamén terán trofeos as categorías menores tanto masculino como
feminino excepto os pitufos e chupetes que serán obsequiados cun
agasallo.
Art. 12º.- SERVIZO DE DUCHA.
Os participantes disporán dun servizo de ducha no pavillón de Mondariz.
Para máis información: Omix Mondariz.
[
Go Back
]