Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Ribeira
12/10/2024
17:00 - 18:00
Voltar
Regulamento
Regulamento
I Milla Día de la Hispanidad
• A proba denomínase I Milla Día de la Hispanidad. E unha proba non
homologada.
• Terá lugar o sábado día 12 de outubro, dende as 17 horas ó longo da Avda.
do Malecón en Ribeira. O recorrido e totalmente cha e disponse en
circuito de ida e volta de iguais dimensións sobre o que iranse cubrindo as
distancias de cada unha das categorías. Haberá categorías tanto
masculinas como femeninas.
• Tanto en Soldadiños como en Sub 8 entregarase unha medalla a cada
participante e non existirá clasificación oficial nesas probas.
• Dende Sub 10 ata master4, haberá pódium das probas que será as 18:00 h,
con entrega de medallas aos/ás 1º,2º e 3º clasificados/as en cada
categoría tanto en masculinos como en femeninos.
• Haberá trofeo aos mellores tempos, gañador absoluto e á gañadora
absoluta da proba (1,6km), así como premio económico que será de 50€
para cada un deles.
• As inscricións faranse a través da páxina web da Federación Galega de
Atletismo, rematando o prazo ás 23.59 horas do domingo 6 de outubro. Os
dorsais poderán retirarse o mesmo sábado no mesmo lugar ata media
hora antes da proba. O custe da inscrición é de 5 euros a partir de Sub16
incluída e ata Master4. E de balde o resto das categorías.
• As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a
modo particular, sin ser autorizadas polo organizador, non están
amparadas polos seguros da proba. A FGA non se fai responsable dos
danos que estas persoas poidan causar ou causarse.
• As reclamacións referentes aos resultados oficiais, deberán ser feitas
verbalmente ao xuíz árbitro, non máis de 30 minutos despois de
comunicarse oficialmente os resultados.
• Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non
realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este,
falsificar datos persoais, competir co dorsal doutras persoas.
• Os atletas con licenza pola FGA, deberán competir ca camiseta oficial do
seu Club.
• Os atletas con licenza federativa, terán que aterse ao Regulamento de
Disciplina Deportiva vixente.
• Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
competición da FGA, RFEA e WA para a presente tempada, así como o
regulamento por instancias superiores.
• SERVIZOS: Persoal sanitario, ambulancia, zona hidratación. A proba conta
cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos
para os participantes.
ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS HORA
ESTIMADA
Soldadiños 2019-20-21-22 100m +- 17:50
Sub 8 2017-18 350m +- 17:45
Sub 10 2015-16 500m +- 17:40
Sub 12 2013-14 1km +- 17:30
Sub 14 2011-12 1km +- 17:30
Sub 16 2009-10 1,6km +- 17:20
Sub 18 2007-08 1,6km +- 17:20
Sub 20 2005-06 1,6km +- 17:10
Sub 23 2002-04 1,6km +- 17:10
Senior 1990-2001 1,6km +- 17:10
Master 1 1980-1989 1,6km +- 17:10
Master 2 1970-1979 1,6km +- 17:00
Master 3 1960-1969 1,6km +- 17:00
Master 4 Antes do 1959 1,6km +- 17:00
PERCORRIDO:
MILLA: 1,6 KM (duas voltas a un percorrido de 800m)
SUB10: unha volta de 500m. SUB12-SUB14: duas voltas de 500m
SUB8: unha volta de 350m
SOLDADIÑOS: 100m en liña recta ata a meta
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización;
nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados
dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da
competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao
lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o
compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de
toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar
a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir
alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité
Organizador e polas normas da FGA, RFEA e WA en vigor.
Voltar