Calendario
Ver carrera

Oroso - Ordes

19/10/2024 17:30 - 19:00

[ Go Back ]

Descripción I CARREIRA CAMIÑOS DA VÍA VERDE – DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña organizará coa colaboración da asociación de concellos da Vía
Verde Compostela - Tambre - Lengüelle, e o Club Atletismo Tambre o sábado 19 de outubro de
2024 a proba “I Carreira Camiños da Vía Verde”, unha proba de calendario autonómico que
entra dentro da especialidade de atletismo en ruta e que constará das seguintes probas:
• Carreira de 10 km aprox. en ruta
• Carreira de 2 km en ruta
• Carreira de 1 km en ruta
• Carreira de 400 m en ruta
• Andaina popular de 5 km en ruta
Esta proba celebrarase coa intención de impulsar a participación entre os/as nenos/as,
mozos/as e maiores da provincia da Coruña cunha proba que pon en valor a beleza
paisaxística e histórica da recén inaugurada Vía Verde entre os concellos de Oroso e
Ordes. Así mesmo, a proba tratará de fomentar e promocionar o deporte en xeral a través da
práctica do pedestrismo, ofrecendo a posibilidade a toda a poboación de participar nunha
proba singular na provincia da Coruña, nun rango de idade que dará cabida a desde os
máis xoves ata os de maior idade.
Sendo o percorrido entre a estación de Oroso – Vilacide e a antiga estación de Ordes – A
Pontagra.
As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo e rexerase polo seguinte regulamento:
1.- Horarios
HORA PROBA
16:45 h Andaina popular de 5 km aprox.
17:30 h 10 km aprox.
18:40 h 2 km aprox. escolares
19:00 h 1 km aprox. escolares
19:15 h 400 m aprox. escolares
19:30 H ENTREGA DE PREMIOS (LUGAR DA META)
2.- Participantes e inscricións
As inscricións realizaranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com.
Os prazos e cotas de inscrición serán os seguintes:
• Proba de 10 k (adultos): GRATUITA
• Proba de 2 k (escolares): GRATUITA
• Proba de 1 k (escolares): GRATUITA
• Proba de 400 m (escolares): GRATUITA
• Andaina de 5 k: GRATUITA
PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o 16 de outubro de 2024 ás 23:59 horas.
Deberán indicar a talla de camiseta (agasallo do participante) no momento da inscrición.
3.- Lugar de saída e meta das probas e data de celebración.
A saída da proba de 10 K será desde a zona de os Mallos (Oroso), unha vez pasada a
Estación do tren de Oroso - Vilacide. A meta estará ubicada na estación do tren de A
Pontraga de Ordes.
A saída da Andaina de 5 K será desde a Estación de Transmonte, nun punto do percorrido
característico.
As probas escolares realizaranse na estación do tren de A Pontraga de Ordes.
4.- Traslado en autobús.
Os participantes na andaina de 5 K aprox. serán traslados ao punto de saída en autobús
desde o punto de meta a partir das 16:00 horas.
Os corredores da proba de 10 K aprox. serán traslado ao punto de saída en autobús desde
o punto de meta a partir das 16:30 horas.
5.- Categorías dos participantes:
Proba de 10 K
CATEGORÍA ANO
Xuvenís / sub18 2007-2008
Xuniors / sub20 2005-2006
Promesas / sub23 2002-2004
Seniors 1990-2001
Máster 1 1984-1989
Máster 2 1974-1983
Máster 3 1964-1973
Máster 4 1963 e anteriores
Proba 2 K
CATEGORÍA ANO
Cadetes / sub16 2009-2010
Infantís / sub14 2011-2012
Proba 1 K
CATEGORÍA ANO
Alevíns / sub12 2013-2014
Benxamíns / sub10 2015-2016
Proba de 400 m
CATEGORÍA ANO
Prebenxamín / Sub 8 2017 e anteriores
Na andaina de 5k poderán participar todas as persoas que teñan nado no ano 2016 e
anteriores.
6.- Trofeos
PREMIOS PROBA DE 10 K
Outorgaranse trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as absolutos da proba de 10 K,
e os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento.
PREMIOS PROBA 1 K e 2 K ESCOLARES
Outorgaranse trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as cada categoría establecida
no presente regulamento.
A andaina e a proba de 400 m non serán competitivas, polo cal non se entregarán
premios nas mesmas.
Darase medalla a todos os participantes das categorías escolares pola súa participación.
PREMIOS ESPECIAIS A CLUBES NA PROBA DE 10 K
Os 3 clubs federados que máis participantes aporten á proba recibirán:
CLUBES FEDERADOS
POSTO PREMIO
1º Clube federado Trofeo + Vale material deportivo de 300 €
2º Clube federado Trofeo + Vale material deportivo de 200 €
3º Clube federado Trofeo + Vale material deportivo de 100 €
Deberán inscribirse coa mesma denominación na plataforma
www.carreirasgalegas.com e aportar o nome do club e a licencia federativa en vigor
na propia inscrición.
7.- Entrega de premios
A entrega de premios terá lugar a partir das 19:30 h na zona de meta (na estación do tren de A
Pontraga de Ordes).
8.- Avituallamentos
Haberá servizo de avituallamento líquido aprox. no punto km 5 da proba de 10 K e
avituallamento líquido e sólido na meta do resto de probas.
9.- Entrega de dorsais .-
A entrega de dorsais terá lugar no lugar de meta (na estación do tren de A Pontraga de
Ordes) a partir das 15:45 horas e ata 30’ antes do inicio de cada proba, agás os participantes
na andaina e na proba de 10 K que dependerán da saída dos autobuses.
10.- Servizo de gardarroupa e duchas
Haberá servizo de gardarroupa ubicado na zona de meta.
Habilitaranse tamén un servizo de duchas e vestiarios no polideportivo municipal de
Ordes a partir das 18:00 horas
11.- Circuíto
As probas sobre un circuíto en ruta, onde pasarán por camiños de terra, zonas de
asfalto e sendeiro propios da Vía Verde.
12.- Outras consideracións regulamentarias
Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas en ruta
da FGA e da RFEA en vigor.
A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a
total aceptación deste Regulamento.
Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os
participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante
declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico
que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á
organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes Deportivos e Responsabilidade Civil
que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

[ Go Back ]