Calendario
Ver carrera

Xermade - CANCELADA

19/10/2024 18:00 - 19:00

[ Go Back ]

Descripción XIII CARREIRA POPULAR DE XERMADE
REGULAMENTO
Artigo 1: Organización e Participación:
O Concello de Xermade organiza a XIII Carreira Popular de Xermade o Sábado 19 de Outubro de 2024
ás 17:30 horas, con saída e meta na Praza do Concello.
A proba estará aberta a todo os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Artigo 2: Percorrido, categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto e camiños de terra e estará pechado a todos os vehículos agás os
autorizados pola organización.
O control de chegada na proba absoluta pecharase 50’ despois da saída da mesma.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2019 e posteriores) 17:30 150m
PROMOCIÓN (2017-2018) 17:35 300m
SUB-10 (2015-2016) 17:40 800m
SUB-12 (2013-2014) 17:45 800m
SUB-14/16 (2009-2012) 17:50 1600m
XUVENIL (2005-2008) 18:00 6500m
SENIOR (1988-2004) 18:00 6500m
MÁSTER A (1980-1987) 18:00 6500m
MÁSTER B (1972-1979) 18:00 6500m
MÁSTER C (1971 e anteriores) 18:00 6500m
Artigo 3: Inscrición:
A inscrición farase a través da páxina da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com
• A inscrición nas carreiras de menores será GRATUÍTA
• A inscrición dos adultos terán un custe de 6€.
O prazo de inscrición pecharase o mércores 16 de outubro as 23:59h. Os datos necesarios para a
inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil,
correo electrónico e clube. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitar o número
de licenza e o clube.
Os dorsáis retiraranse o día da carreira na praza do Concello (no local de Protección Civil), ata 30’
antes da saída de cada proba.
Artigo 4: Condicións de Participación:
• Carreira con cronometraxe manual SEN CHIPS.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais, empregados e demais organizadores.
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión corresponderá á Organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e o Comité Galego de Xuíces e
estarán capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra oregulamento.
• Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF
para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 5: Premios:
• Todos os participantes na proba absoluta recibirán un agasallo conmemorativo.
• Nas categorías de Pitufos ata sub-14/16 todos os participantes recibirán 1 medalla
conmemorativa.
• Non se farán clasificacións nas carreiras de Pitufos e Promoción.
• Trofeos para 3 primeiros/as da clasificación xeral.
• Os premios NON serán ACUMULATIVOS (os vencedores da xeral non levarán premio por
categoría)
• Trofeo ao primeiro home e muller empadroados no Concello de Xermade.
• Nas categorías dende sub-10 ata Máster-C: trofeo para os 3 primeiros de cada categorÍa e sexo.
• A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará, aproximadamente, ás
19:00h (no caso de que o tempo non o permita será dende o pabellón polideportivo)
Artigo 6: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Agasallo conmemorativo para todos os participantes na carreira de adultos.
2. HINCHABLES con monitor de tempo libre para os nenos e nenas participantes na carreira.
3. Baños na zona de saída-meta.
4. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
5. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
6. Roupeiro, os participantes poderán deixar no local de recollida dos dorsais a roupa, que será
custodiada por voluntarios da organización.
7. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da
proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca
compañía de seguros que corresponda).
Artigo 7: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que
cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da
competición ou desde o mesmo.

[ Go Back ]