Calendario
Ver carrera

Mugardos

26/10/2024 20:30 - 21:30

[ Go Back ]

Descripción VII MILLA NOCTURNA CONCELLO DE MUGARDOS
REGULAMENTO E INFORMACIÓN
Artigo 1. DENOMINACIÓN.
O Concello de Mugardos a través da Concellaría de Deportes organiza a VII Milla nocturna
Concello de Mugardos o sábado, 26 de outubro de 2024.
Artigo 2. PARTICIPACIÓN.
A VII Milla nocturna Concello de Mugardos terá saída e meta na Avenida do Seixo, presentará
un circuíto urbano aglomerado, pensado para todas as idades, que abranguerá desde os 150 a
los 1.609 metros.
Poderán tomar parte nesta proba todas aquelas persoas que o desexen, sempre que estean
correctamente inscritas.
Artigo 3. DISTANCIAS, PERCORRIDO E CATEGORÍAS.
A primeira saída establécese ás 19:30 para a proba de pre-benxamíns, á que se lle sumaran o
resto de categorías segundo o seguinte cadro.
SAÍDA CATEGORÍA HORA DISTANCIA
1 PRE-BENXAMÍN MASC. E FEM. 2017 , 2018 e 2019 19:30 150 M.
2 SUB10 MASCULINO E FEMENINO 2.016 – 2.015 19:40 800 M.
3 SUB 12 MASCULINO E FEMININO 2.014 – 2.013 19:50 800 M.
4 SUB 14 MASCULINO E FEMININO 2.012 – 2.011 20:00
5 SUB 16 MASC E FEM 2.009 – 2.010 20:10 1.609 M.
SU18 - 20 MASC E FEM 2008 – 2005
6 SUB 23 FEMININA 2.004-2003 -2.002 20:20
SENIOR FEMININA 2.001 a 34 anos
MÁSTER A FEMININA 35 a 44 anos
MÁSTER B FEMININA 45 a 54 anos
MÁSTER C FEMININA 55 en diante
7 SUB 23 MASCULINO 2.004-2003 -2.002 20:40
SENIOR MASCULINO 2.001 a 34 anos
MÁSTER A MASCULINO 35 a 44 anos
MÁSTER B MASCULINO 45 a 54 anos
MÁSTER C MASCULINO 55 en diante
ENTREGA DE PREMIOS 21:00
Artigo 4. INSCRICIÓNS.
As inscricións poderán formalizarse até o mércores 23 de outubro de 2024 ás 23:59h a través
da web www.carreirasgalegas.com da FGA.
Os prezos de inscrición será de:
Gratuíta para categorías menores ate a Xuvenil-Iunior (Sub18-20)
6€ para todos as categorías Promesa (Sub 23) e superiores.
Artigo 5. RETIRADA DE DORSAIS.
O día da proba na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega (SAPG) dende as 18:30 até media hora
antes de cada saída.
A organización poderá pedir un documento de identidade ou a copia da inscrición. No caso, de
querer recoller o dorsal de outra persoa ten que levar unha autorización por escrito e fotocopia
del DNI da persoa á que se lle quere recoller el dorsal. No caso de clubs, un representante
acreditado poderá retirar todos os dorsais do mesmo.
Artigo 6. CRONOMETRAXE.
A cronometraxe da proba realizarase mediante Chip agás na categoría prebenxamin. Haberá
control en saída e meta, debendo pasar todos os corredores obrigatoriamente polas alfombras
de control.
Artigo 7. DESENVOLVEMENTO DA PROBA
A organización fará 7 saídas, podendo dividir categorías para favorecer o bo desenvolvemento
das diferentes carreiras.
Artigo 8. PREMIOS.
A organización entregará premios aos 3 primeiros clasificados de cada categoría agás na saída
1 categoría pre-benxamíns. A categoría Sub 10 a organización terá un detalle con toda a
participación ademais dos 3 primeiros nenos e nenas.
** Os premios que se obteñan en diferentes categorías e clasificacións non serán
acumulables agás os 3 primeiros postos absolutos masculinos e femininos que serán os tres
mellores tempos da milla masculina e feminina con independencia da saída.
*** Todas as medallas que non se recollan o día da proba quedarán a disposición da
Organización, ao entender esta que renuncian a elas.
Artigo 9. AVITUALLAMENTO.
Instalarase posto de avituallamento líquido na zona de meta e ao remate todas as persoas
participantes.
Artigo 10. CIRCUITO.
O circuíto estará pechado ao tráfico rodado dende o cruce da Av. Do Seixo coa Avd. Bello
Piñeiro no Seixo dirección ao peirao do Seixo. Neste tramo restrinxirase o aparcamento e o
acceso rodado. O circuíto contará con 800 m. Proba oficial da FGA con distancia non
homologada
Plano da proba
Artigo 11.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos
despois de comunicarse oficialmente os resultados.
Artigo 12.
Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar o circuíto da
carreira, non levar dorsal, ou manipular os datos persoais.
Todo o non disposto no presente regulamento rexerase polas normas de competición da FGA,
RFEA e a IAAF.

[ Go Back ]