Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Vilamartín de Valdeorras
27/10/2024
10:00 - 12:00
[
Go Back
]
Descripción
CARRERA DE LAS CIUDADES CONTRA EL CÁNCER DE
PÁNCREAS
VILAMARTÍN DE VALDEORRAS 27/10/2024
Andaina e Carreira
ACANPAN (Asociación Cáncer de Páncreas), AESPANC (Asociación Española de
Pancreatología), AEG (Asociación Española de Gastroenterología) e ACAPAVAL (Asociación
Cancro de Páncreas de Valdeorras), coa colaboración da Delegación da F.G.A en Valdeorras,
organizan a VIIª CARREIRA E ANDAINA DAS CIDADES CONTRA O CANCRO DE PANCREAS, que
terá lugar no Concello de Vilamartín o vindeiro 27 de outubro do 2024, a partir das 10.00 h.
As inscricións para a Carreira e a Andaina realizaranse preferentemente a través da
web de carreiras galegas, ata as 23.59 h do martes 22 de outubro, ou
ben nos puntos habilitados para a mesma ata o 22 de outubro nos horarios específicos
de cada establecemento ou punto habilitado.
Formas de inscricións e prezos:
Online: www.carreirasgalegas.com
Presencial: Establecementos colaboradores
o En O Barco:
A Tenda da Rita
Bicis Chapi
Deportes Trisport
Garoba
Pizpireta
Ton y Son
o En Rubiá: Librería Teresita e Trastos
o En Vilamartín: Fimar Consultores
INSCRICIÓN ANTICIPADA: ata o 22 de outubro
INSCRICIÓNS:
INSCRICIÓN ÚLTIMA HORA: 27 de outubro 1 hora antes do comezo da proba.
Recoméndase a realización da INSCRICIÓN ANTICIPADA online
PREZOS: Para todas as probas
Nenos menores de 16 anos: 6 €
De 16 anos en adiante: 12 €
Retirada de dorsais: Pavillón Municipal de Vilamartín de
Valdeorras
sábado 26 de outubro de 16:00 h. a 20:00 h.
domingo 27 de outubro de 08.30 h. a 10.00 h.
¡¡IMPORTANTE!!
O sábado 26 SOLO recollida de dorsais. NON se realizan inscricións.
Os menores de 16 so poderán participar na andaina e deberán aportar unha
autorización asinada polos pais ou titores legais.
Ademais de forma voluntaria, existe a posibilidade de facer donativos
ao Dorsal 0 habilitado na web de Carreiras Galegas.
O importe da inscrición así como do Dorsal 0 será destinado
integramente para o financiamento das becas de investigación contra
o Cancro de Páncreas
1. -Tódolos participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e
terá que ser visible no desenvolvemento da proba.
2. Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e o feito de
tomar parte na saída da proba significa a aceptar estas normas de
participación.
3. Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados
dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos
polo desprazamento; ao lugar da competición ou dende o mesmo. Non se
permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo non relacionado á
organización, estando estes últimos debidamente identificados.
4. A organización disporá DE AMBULANCIA dende una hora antes do comezo
da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servizos médicos,
están facultados para retirar da carreira a calquera participante que
manifestase un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma. Así
mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a cabo antes de tomar parte
na proba un recoñecemento de aptitude médico-deportivo que descarte
calquera patoloxía que impida a súa participación.
5. Coa inscrición, os participantes dan o seu consentimento para que a súa
imaxe poida ser utilizada con fins deportivos, de promoción, distribución
e/ou explotación para promover a celebración deste evento e/ou sucesivos,
sen límite temporal, e/ou fomentar a participación nos mesmos, mediante a
reprodución de fotografías/vídeos/gravacións da proba, a publicación de
listaxes clasificatorias, etc., independentemente do medio ou dispositivo a
través do cal se realice (Internet, publicidade, etc.). Os inscritos ceden de
forma expresa o dereito a reproducir o seu nome e apelidos, o posto obtido
na clasificación xeral e a propia do participante, a categoría, a marca
deportiva ou calquera outro dato derivado da participación no evento.
6. O descoñecemento destas normas non exime do seu cumprimento.
REGULAMENTO:
Trofeo para a persoa participante mais veterana na andaina longa
Trofeo para a persoa participante mais xove na andaina longa
Trofeo para a persoa participante mais veterana na andaina curta
Trofeo para a persoa participante mais xove na andaina curta
Trofeo para a persoa participante mais veterana carreira
Trofeo para a persoa participante mais xove na carreira
Agasaio ó grupo, equipo ou familia máis numerosa andaina larga
Agasaio ó grupo, equipo ou familia máis numerosa andaina corta
Agasaio ó grupo, equipo ou familia máis numerosa carreira
IMPORTANTE: Débese indicar o nome do equipo no momento da inscrición.
PREMIOS:
CARREIRA POPULAR: Idade mínima de participación 16 anos.
ANDAINA POPULAR: Poderán participar todas as idades.
Os participantes menores de 16 anos so poderán participar na andaina.
As distancias son orientativas e non homologadas.
SAIDA e META estará situada no Pavillón Municipal de Vilamartín de Valdeorras.
Distancias:
ANDAINA CURTA: 7,500 M.
ANDAINA LONGA: 13.000 M.
CARREIRA: 13.000 M.
[
Go Back
]