Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Villagarcía
24/11/2024
10:30 - 13:00
[
Go Back
]
Descripción
MEDIA MARATÓN
CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA 2024
INFORMACIÓN BÁSICA
Data: Domingo, 24 de novembro de 2024 Hora: 10:30 h
Lugar: Av. da Mariña, na explanada do auditorio, en Vilagarcía de Arousa.
Distancia: 21.097,50 metros homologados pola Real Federación Española de Atletismo
Inscrición: www.carreirasgalegas.com
Información: www.atletismo.gal e www.carreirasgalegas.com
A Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía e o Concello de Vilagarcía de Arousa
organizan, o domingo día 24 de novembro de 2024, a partir das 10:30 horas, a Media
Maratón Concello de Vilagarcía 2024 que nesta edición será a súa vez Campionato Xunta de
Galicia de Medio Maratón 2024.
As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo e estarán suxeitas ao seguinte:
REGULAMENTO
1.- Horario e Lugar:
A saída darase da Avenida da Mariña da localidade de Vilagarcía de Arousa, ás 10:30 horas.
A carpa de organización estará ubicada na explanada do auditorio municipal.
2.- Participantes:
Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que teñan cumpridos 18 anos o día
da mesma, estean ou non federadas, habendo unha única clasificación conxunta. O control
da carreira estará a cargo do comité galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Os/as participantes deben cumprir as condicións de participación e inscrición reflectidas no
presente regulamento.
Participación de atletas doutras federacións autonómicas e estranxeiros/as
Esta carreira está incluída no calendario autonómico da Federación Galega de Atletismo, polo cal
a participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas rexerase de acordo co
disposto na sección terceira, artigos 16, 17 e 18 do regulamento de competicións da Real
Federación Española de Atletismo, que se pode consultar na seguinte ligazón:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2024-03/Reglamento%20de%20Competición.pdf
A Organización, de acordo coa normativa RFEA e previo informe da FGA, rexeitará a inscrición
dos/as corredores/as federados/as doutras federacións autonómicas que excedan os límites
fixados pola RFEA.
Aqueles/as atletas que, sabendo da súa imposibilidade para participar nesta proba,
proporcionen datos falsos para poder facelo, serán descualificados/as.
3.- Categorías de participación
Establécense as seguintes categorías de participación:
CATEGORIAS ANOS
Sub 20 2005 – 2006
Sub 23 2002 – 2003 – 2004
Sénior De 2001 ata 34 anos
Máster 1 De 35 a 39 anos
Máster 2 De 40 a 49 anos
Máster 3 De 50 a 59 anos
Máster 4 60 anos e superiores
4.- Inscricións, prezos e prazos:
A inscrición para todas as categorías farase a través da páxina web
http://www.carreirasgalegas.com ata as 23:59 horas do 20 de novembro de 2024.
Non se admitirán inscricións fóra dese prazo.
O prezo da inscrición será variable en función dos seguintes prazos:
• Ata o 10 de novembro: 15 €
• Do 11 ao 20 de novembro: 20 €
A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Baixo ningún concepto, unha vez feita
a inscrición, poderase transferir a participación a outra persoa, amigo/a ou familiar por mor
de non poder acudir o día da proba.
5.- Entrega de dorsais-chips:
A entrega de dorsais-chips realizarase o sábado 23 de 18:00 a 20:00h no auditorio municipal
ou o mesmo día da proba, na explanada do auditorio municipal dende as 8:30am e ata 45
minutos antes do inicio da proba.
Os dorsais-chips son persoais e intransferibles. Deberán levarse na parte anterior do corpo,
de xeito totalmente visible. Todo/a corredor/a que entre en meta sen este elemento será
automaticamente descualificado/a a criterio do xuíz árbitro da competición.
6.- Percorrido:
O circuíto está homologado pola R.F.E.A. para a distancia de medio maratón, e terá unha
lonxitude total de 21.097,50 metros que se completará con 3 voltas (unha pequena de
1351m e duas voltas ao circuito), sendo este urbano, asfaltado e pechado ao tráfico.
Cada quilómetro estará sinalizado visualmente.
7.- Tempo límite para rematar a proba:
Establecerase un tempo límite de entrada en meta de 2 horas e 30 minutos. Todo corredor/a
que supere este tempo será retirado de competición sen posibilidade de entrar na
clasificación final.
8.- Avituallamentos:
Estableceranse 3 puntos de avituallamento líquido no percorrido (km 5, 10 e 15 aprox.) e un
punto líquido e sólido en liña de meta.
9.- Premios e agasallos:
Todos/as os/as participantes na Media Maratón Concello de Vilagarcía 2024 recibirán un
agasallo técnico, sendo preciso que se atopen inscritos/as na proba popular a través de
www.carreirasgalegas.com. De xeito contrario, non terán acceso aos premios e agasallos
desta.
TROFEOS
Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as absolutos/as da proba, así como
os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento. A maiores entregaranse trofeos os /as tres primeiros/as clasificados/as locais
(empadroados/as no Concello de Vilagarcía).
Poderá requirírselle o DNI a calquera atleta premiado para a comprobación dos seus datos
persoais.
PREMIOS ECONÓMICOS A CLUBS
1º Club federado masculino: 150 € 1º Club federado feminino: 150 €
2º Club federado masculino: 100 € 2º Club federado feminino: 100 €
3º Club federado masculino: 50 € 3º Club federado feminino: 50 €
A clasificación por clubs será establecida a través dos 3 primeiros/as corredores/as en cruzar
a liña de meta (dos cales só un/unha pode ser estranxeiro/a), pola suma dos seus tempos,
gañando o equipo que menos tempo obteña. Os clubs poderán ser masculinos ou femininos,
pero non poderán ser mixtos.
Tomarán parte da clasificación por clubs, unicamente, clubs federados compostos por atletas
con licenza en vigor por dito club.
Os premios serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal os equipos
gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (CIF e DNI do representante) unha
vez finalizada a carreira.
A entrega de premios terá lugar no auditorio municipal e comezará ás 13:00 horas.
10.- Retirada do circuíto polos servizos médicos ou organización
Os servizos médico da competición, ou o Persoal da Organización, están facultados para
retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente.
11.- Descualificacións:
Serán descualificados/as sempre a criterio do xuíz árbitro da competición:
- Aqueles/as corredores/as que alteren os datos facilitados á organización con
respecto aos que figuran no seu D.N.I.
- Non realizar o percorrido completo.
- Non ter dorsal-chip, ou manipular a súa publicidade.
- Manifestar un comportamento antideportivo.
12.- Duchas e vestiarios:
Haberá servizo de duchas tanto no auditorio (a carón da saída) coma no pavillónde de
deportes Náuticos e Fexdega.
13.- Todo o non presente neste regulamento, resolverase co Regulamento da FGA, RFEA e
a World Athletics en vigor, por esta orde.
14.- Condicións de participación:
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da
organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os
compromisos que aquí se expoñen:
- Exime de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da súa participación
no evento (Exemplos: perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo
de lesión, agresións,...).
- Autoriza á organización para que trate automaticamente e con finalidade exclusivamente
deportiva, promocional ou comercial a utilización dos seus datos persoais e a súa imaxe en
publicacións, carteis, clasificacións,. para a promoción do evento. De acordo co que se
establece na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro,da Protección de Datos de Carácter Persoal,
o participante ten dereito de acceder a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de xeito
total ou parcial o seu contido.
Para facelo deberá solicitalo por escrito ó domicilio social C/ Praza Ravella Nº 1 C.P. 36.605
Vilagarcía de Arousa ou mediante correo electrónico a Fdeportes@vilagarcia.gal
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos
e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir
algunha situación non reflectida no mesmo, aceptarase o que dispoña a organización.
[
Go Back
]