Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Bueu
09/11/2024
19:00 - 20:00
[
Go Back
]
Descripción
XXVII CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO
BUEU 2024
1) PRESENTACIÓN.
O Club Atletismo Corredoiras coa colaboración do servizo de deportes do concello de
Bueu organiza o sábado 09 de novembro a XXVII Carreira Pedestre de San Martiño.
As probas, tomarán a saída na zona da Avda. de Montero Rios, á altura do Museo Massó.
En primeiro lugar, a partir das 17:00h celebraranse as carreiras de categorías inferiores e
posteriormente, ás 19:00 horas disputarase a carreira de 6 quilómetros.
Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza
federativa.
2) CARACTERÍSTICAS DAS COMPETICIÓNS.
2.1.- CARREIRAS CATEGORÍAS INFERIORES (dende chupete ata cadete).
● Realizaranse diferentes distancias segundo as diferentes categorías.
● Os tempos serán recollidos manualmente polos xuíces da proba e soamente se tomará a
referencia dos tres primeiros clasificados.
Categorías:
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
CHUPETE 2019 a 2022
MINIBENXAMÍN 2017 a 2018
BENXAMÍN 2015 a 2016
ALEVÍN 2013 a 2014
INFANTÍL 2011 a 2012
CADETE 2009 a 2010
Categorías e horarios
CATEGORÍAS DISTANCIA HORARIO*
Chupete (conxunta) 100 metros 17:00 h
Minibenxamín feminino 300 metros 17:10 h
Minibenxamín masculino 300 metros 17:20 h
Benxamín feminino 500 metros 17:35 h
Benxamín masculino 500 metros 17:45 h
Alevín masculino 700 metros 17:55 h
Alevín feminino 700 metros 18:15 h
Infantil masculino/feminino 1000 metros 18:25 h
Cadete maculino e feminino 2.000 metros 18:35 h
*Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo o
desenrolo das probas.
**Ver percorridos ó final do regulamento
2.2.- CARREIRA CATEGORÍA ABSOLUTA (dende xuvenil ata veterán “F”).
● Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 2 km. de percorrido (1 Km. ida e 1 Km.
volta) ao longo da Avda. De Montero Rios (beiramar) ó que se darán 3 voltas, para así
completar os 6 Km. dos que consta a proba absoluta.
● Tanto a saída como a chegada estarán situadas á altura do museo Massó
● Poderán participar tódalas persoas maiores de 15 anos que o desexen. O corredor/a
debe estar ben preparado fisicamente para a carreira, gozar de boa saúde xeral, sen
padecer ningunha enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa
participación en dita proba.
● O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha condición física,
psíquica e deportiva.
Categorías absolutas
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
XUVENIL 2007 a 2008 (DE 16 A 17 anos*)
SENIOR 1985 a 2006 (DE 18 A 39 anos*)
VETERÁN “A” 1984 a 1980 (DE 40 A 44 anos*)
VETERÁN “B” 1979 a 1975 (DE 45 A 49 anos*)
VETERÁN “C” 1974 a 1970 (DE 50 A 54 anos*)
VETERÁN “D” 1969 a 1965 (DE 55 A 59 anos*)
VETERÁN “E” 1964 a 1960 (DE 60 A 64 anos*)
VETERÁN “F” 1959 e ANTERIORES (65 E
SUPERIORES*)
*Anos cumpridos a 31 de decembro de 2023.
Horarios
CATEGORÍA DISTANCIA HORARIO**
Absoluta 6000 metros 19:00 h
**Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo o
desenrolo das probas.
2.3.- NORMATIVA PARA TÓDALAS CARREIRAS.
● Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
● Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento
antideportivo que estime a Organización.
● Disporase de servizo de duchas no pavillón municipal Pablo Herbello.
● A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos
corredores.
● Quedará descualificado/a desta proba toda persoa que:
o Non complete a totalidade do recorrido.
o Deteriore ou ensucie o entorno.
o Non leve o seu dorsal ben visible.
o Desatenda as indicacións da organización.
o Non cumpra o presente regulamento
● A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se
as condicións meteorolóxicas o obrigan, ou por causas de forza maior.
● Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización,
quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores
en moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
● A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así
como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á
organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
● Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera
outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade
que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta
polo seguro contratado. Todos os participantes inscritos na marcha están amparados
por un seguro de responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da
inscrición figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.
3) INSCRICIÓNS.
● As inscricións faranse na web https://ccnorte.com/cun costo de 8 € por participante
para a categoría absoluta de 6 Km. que inclúe o dorsal, regalo conmemorativa (para
aquelas inscricións feitas antes do domingo 3 de novembro ás 23:59), froita e bebidas.
● As inscricións serán gratuítas dende a categoría chupete a cadete a través da mesma
páxina. Excepcionalmente aceptaranse inscricións na categoría chupete ata 30 minutos
antes de comezar a proba.
● A data límite de inscrición será o 5 de novembro.
● Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo.
● A organización non ten o deber de devolver a inscrición en caso de que o atleta non
puidera participar.
4) PERCORRIDO
● Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 2 km de percorrido . (1 km ida e 1 km.
Volta) ao longo da Avda. De Montero Rios (beiramar).
5) ENTREGA DORSAIS
● Dende as 16:00 do mesmo día da carreira no entorno de meta/saída e ata 30
minutos antes de cada proba.
6) ENTREGA DE PREMIOS.
● Chupetes: Medallas para tod@s os participantes.
● Resto de categorías: Trofeo para os tres primeir@s clasificados(trofeos non
acumulativos)
● Absoluta: Recibirán os seguintes premios en metálico, tanto na categoría feminina
como masculina:
1º Clasificad@: 100€
2º Clasificad@: 75€
3º Clasificad@: 50€
[
Go Back
]