Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Vigo + 11
03/11/2024
10:30 - 11:30
[
Go Back
]
Descripción
MILLA VIGO+11 2024
A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Concello de Vigo e a
colaboración de Atlántico Diario e Máis que Auga, organizan a MILLA VIGO +11. Esta proba está incluída
no circuíto Run RunVigo 2024.
As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo
e estarán suxeitas ao seguinte:
REGULAMENTO
1.- Data:
A proba celebrarase o domingo 3 de novembro de 2024 a partir das 10:30 horas na rúa Lamelas
frente as instalación de Máis Que Auga (Navia)
2.- Saída e Meta:
A saída e meta das probas será desde a zona do Máis que Auga Navia (Rúa Lamelas).
3.- Participantes:
Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, estean ou non federadas,
habendo unha única clasificación conxunta de cada carreira programada. O control da carreira
estará a cargo do comité galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Os/as
participantes deben cumprir as condicións de participación e inscrición reflectidas no presente
regulamento.
4.- Inscricións, prazos e prezos:
As inscripción realizaranse a través da páxina web https://magmasports.es/es/eventos/runrun-vigo.
Prezos de inscripción:
• Categorías Adultos: 5 €.
• Categorías peques ata sub 20: GRATUITA.
O prazo de inscripción rematará o día 31 de outubro ás 23:59 horas.
5.- Horarios, distancias aproximadas e Categorías:
CATEGORÍA ANOS NACEMENTO DISTANCIAS
(Aprox.) HORARIO
F3, F4 Y F5 Entre 1974 e anteriores 1.609 M 10:30 horas
M4 Y M5 Entre 1964 e anteriores 1.609 M 10:40 horas
M3 Entre 1965 e 1974 (ambos incluidos) 1.609 M 10:50 horas
F2 Entre 1975 e 1984 (ambos incluidos) 1.609 M 11:00 horas
M2 Entre 1975 e 1984 (ambos incluidos) 1.609 M 11:10 horas
F1 Entre 1985 e 2004 (ambos incluidos) 1.609 M 11:20 horas
M1 Entre 1985 e 2004 (ambos incluidos) 1.609 M 11:30 horas
ENTREGA PREMIOS 11:40 horas
SUB 18-20 Masc e Fem. Nados entre 2005 e 2008 1.609 M 12:00 horas
SUB 16 e Sub 14 Masc. Nados en 2009,2010,2011 e 2012 1.200 M 12:10 horas
SUB 16 e Sub 14 Fem. Nadas en 2009 ,2010,2011 e 2012 1.200 M 12:20 horas
SUB 12 Masc. Nados en 2013 e 2014 800 M 12:30 horas
SUB 12 Fem. Nadas en 2013 e 2014 800 M 12:40 horas
SUB 10 Masc. Nados en 2015 e 2016 400 M 12:50 horas
SUB 10 Fem. Nadas en 2015 e 2016 400 M 13:00 horas
SUB 8 Masc. Nados en 2017 e 2018 200 M 13:10 horas
SUB 8 Fem. Nadas en 2017 e 2018 200 M 13:20 horas
PEQUES Nad@s 2019 e posteriores 50 M 13:30 horas
ENTREGA PREMIOS
Os horarios e grupos definitivos están suxeitos a modificación dependiendo do número de inscritos para
cada categoría e comunicarase con suficiente antelación.
NAS PROBAS DE ADULTOS APLICARANSE AS CATEGORÍAS DO CIRCUITO Run RunVigo 2024.
6.- Percorridos:
Todas as carreiras desenvolveranse na rua Lamelas , con saída e meta diante das instalación de MQA.
As probas de adultos e ata a categoría SUB 18-Sub 20 terán unha distancia de 1.609 metros (Milla) con
4 voltas completas o percorrido. As demáis probas variarán o número de voltas en función da distancia
a percorrer.
7.- Entrega de dorsais :
Realizarase nas instalación de Máis que Auga Navia nos seguintes prazos:
• Domingo 3 de Novembro na zona da saída a partir das 09:00 horas e ate media hora antes do
inicio de cada proba.
8.- Premios:
• Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as, tanto masculinos como femininos das
categorías pertences o Run Run Vigo.
• Nas probas dende sub 8 ata sub 20 recibirán medalla os tres primeiros clasificados masculino e
feminino de cada unha das categorías.
• Na categoría de Peques tódolos participantes recibirán a súa medalla.
Os premios entregaranse na praza de entrada a Máis Que Auga unha vez rematadas todas a probas.
9.- Descualificacións.
Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o percorrido da
proba, non levar o dorsal ou manipulalo, falsificar datos persoais ou manter un comportamento
antideportivo.
Todo o non contemplado no presente regulamento resolverase segundo os regulamentos da FGA, RFEA
e World Athletics en vigor, por esta orde, para probas en ruta.
10.- Servizo de duchas e gardarroupa.
SERVIZO DE DUCHAS E SPA:
Grazas a Máis Que Auga tódolos atletas participantes no evento poderán facer uso tanto das duchas
como das instalacións da zona de SPA no horario establecido na instalación. Para poder facer uso do
mesmo será necesario o uso de gorro de baño e chanclas.
11.- OUTRAS DISPOSICIÓNS REGULAMETARIAS.
Non está permitido o acompañamento na proba por ningún vehículo alleo á organización, nin bicicletas,
patíns ou persoas NON inscritas que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
[
Go Back
]