Calendario
Ver carrera

Barreiros - Masma

10/11/2024 12:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción 1 PRESENTACIÓN:
O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros é unha asociación que nace no ano 2006 coa
finalidade de dinamizar a vida cultural e social do municipio barreirense. Máis de dez anos
despois da súa creación e cunha traxectoria de actividades que avalan a consecución dos
obxectivos plantexados inicialmente, Ollomao, no 2016 actualiza as súas fins fundacionais
ampliando os seus intereses e campos de actuación. É entendendo que os medios a
empregar para poñer en valor e dinamizar un territorio poden ser múltiples e de diversa
tipoloxía que se deseña a actividade que aquí se presenta, na cal destaca a práctica
deportiva como ferramenta fundamental.
Nesta traxectoria de traballo de Ollomao cumpre destacar as actividades, tanto lúdicas
como formativas e informativas, e de sensibilización, que teñen como protagonista o río
Masma ao seu paso por Celeiro de Mariñaos. Este, principal fluvial de Barreiros e concellos
colindantes como son Foz, Lourenzá e Mondoñedo, foi nos seus mellores momentos un
importante recurso natural, económico e industrial, véndose na actualidade nun estado de
abandono que impide o seu óptimo aproveitamento e desfrute.
Coa finalidade de dar a coñecer a importancia deste río e reivindicar a súa limpeza e
recuperación, así como de mostrar as múltiples oportunidades que podería ofrecer de verse
nun estado mellorado, o Colectivo Cultural Ollomao planificou no ano 2017 unha serie de
actividades encaixadas todas elas baixo a marca “Ao Son do Masma”, nome que recibía o
festival de música galega e encontro veciñal que este colectivo realizou á beira do río.
Atendendo a esa variedade de oportunidades que podería ofrecer o Masma e sendo a
práctica de actividades deportivas unha delas, deseñouse a realización dunha carreira
popular a carón do río.
Dende o Colectivo Cultural Ollomao acredítase nos valores de respeto á diversidade social,
os valores naturais e patrimoniais da nosa cultura ao longo da proba.
2 ORGANIZA E PATROCINA:
Colectivo Cultural Ollomao
O Domingo 10 de Novembro de 2024 a partires das 10:30 terá lugar a VI Carreira
Popular “Ao Son do Masma”.
3 COLABORA
Concello de Barreiros, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia, Protección Civil de Barreiros,
Eroski City Barreiros, Gadis, Frutas Morriña, Pastelería Artesá Obradoiro, Mel de Rexa, Estudio
Suki, Mel Alival, Asociación Deportiva Augas Santas e Asociación Cultural e Deportiva Praias
de Comado.
4 LUGAR- DÍA
Todas as probas terán saída e chegada nas Escolas de Celeiro de Mariñaos, Barreiros o día
10 de novembro de 2024
5 HORARIOS, CATEGORÍAS E ANOS DE NACEMENTO POR COMPETICIÓN:
- A partir das 10:00h ENTREGA DE DORSAIS
- 10:30h Saída da andaina
- 11:00 h TROITIÑAS/PITUF@S (NADOS 2019 E POSTERIORES) Non competitiva e
mixta. Distancia: 110 metros
- 11:05h TROITAS/SUB 8 (NADOS 2017-2018) Non competitiva e mixta. Distancia:
200 metros
- 11:10h REOS/SUB 10 (NADOS 2015-2016) Distancia: 410 metros
- 11:15h ANGUÍAS/SUB 12 (NADOS 2013-2014) Distancia: 700 metros
- 11:20h LAMPREAS/SUB 14 (NADOS 2011-2012) Distancia: 1550 metros
- 11:30h SOLLAS/SUB 16 (NADOS 2009-2010) Distancia: 2260 metros
- 11:45h ENTREGA DE PREMIOS DAS CATEGORÍAS MENORES
- 12:00h SAÍDA CARREIRA ABSOLUTA- SALMÓNS (2008 E
ANTERIORES) Distancia: 5600 metros
- 12:30h CHEGADA ANDAINA
- 13:00h ENTREGA DE PREMIOS
6 INFORMACIÓN E CARACTERÍSTICAS DOS PERCORRIDOS:
PERCORRIDOS CORTADOS AO TRÁFICO
TODOS OS PERCORRIDOS ESTARÁN DEBIDAMENTE SINALIZADOS
TODAS AS COMPETICIÓNS ACOMPAÑADAS POR CICLISTAS, ENCABEZARÁN A
MESMA E PECHARANA.
* Non se poderá acompañar aos participantes nin correndo nin en bici nin de ningún xeito
agás na proba de PITUF@S
7 PERCORRIDOS MENORES:
- Todas as probas terán a meta na pista das Escolas de Celeiro de Mariñaos.
- A proba dos pituf@s/ Troitiñas: Deberán ser acompañados por un responsable.
(non competitiva mixta). Distancia: 100 metros.
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/ao-son-do-masma-troitinas-pitufos-116782511
- Percorrido Troitas/ Sub 8 → Distancia: 200 metros. (non competitiva e
mixta) https://www.wikiloc.com/running-trails/ao-son-do-masma-sub8-troitas-116782642
- Percorrido Reos / Sub 10 → Distancia: 410 metros.
https://www.wikiloc.com/running-trails/ao-son-do-masma-reos-sub-10-116782729
- Percorrido Anguias/ Sub 12 → Distancia: 700 metros.
https://www.wikiloc.com/running-trails/ao-son-do-masma-anguias-sub12-116782921
- Percorrido Lampreas / Sub 14 → Distancia: 1.550 metros
https://www.wikiloc.com/running-trails/ao-son-do-masma-lampreas-sub14-116783183
- Percorrido Sollas / Sub 16 → Distancia: 2.260 metros
https://www.wikiloc.com/running-trails/ao-son-do-masma-sollas-sub16-116783233
8 PERCORRIDO CARREIRA ABSOLUTA:
- Percorrido carreira absoluta / salmóns → Distancia: 5.600 metros.
https://www.wikiloc.com/running-trails/ao-son-do-masma-salmons-absoluta-116783384
9 INSCRIPCIÓN E PREZOS:
O prazo de inscrición estará aberto ata o 7 de Novembro , na web
www.maiskmsbarreiros.gal ou en www.championchipnorte.com A inscrición nesta carreira
está ligada ao "CIRCUITO +KMBARREIROS".
- A inscrición para as categorías menores será de balde pola web durante o prazo de
inscrición.
- A inscrición para a carreira ABSOLUTA , será de 7 € máis 1€ de aluguer a os non
propietarios de chip amarelo ata o 4 de Novembro. Do 4 ao 7 de Novembro serán
9€.
10 RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida de dorsais realizarase nas Escolas de Celeiro de Mariñaos dende as 10:00 horas
ata media hora antes da saída da carreira absoluta.
11 TROFEOS E AGASALLOS DA CARREIRA
● Carreiras menores:
○ Medalla para os/as participantes.
● Carreira absoluta:
○ Agasallo para todos os participantes.
○ Medalla para os 3 primeiros/as de cada categoría.
○ Trofeo, medalla e agasallo especial para os/as gañadores/as absolutos.
● Categorías probas menores:
○ TROITIÑAS/PITUF@S → Nados no 2019 e posteriores (non competitiva e
mixta).
○ TROITAS/SUB 8 → Nados entre 2017-2018 (non competitiva e mixta).
○ REOS/SUB 10 → Nados entre 2015-2016 (masculina e feminina)
○ ANGUÍAS/SUB 12 → Nados entre 2013-2014 (masculina e feminina)
○ LAMPREAS/SUB 14 → Nados entre 2011-2012 (masculina e feminina)
○ SOLLAS/SUB 16 → Nados entre 2009-2010 (masculina e feminina)
● Categorías proba absoluta:
○ SUB - 23 → Nados entre 2002-2008 (masculina e feminina)
○ SENIOR → Nados entre 1990-2001 (masculina e feminina)
○ VETERANOS/AS A → Nados entre o 1980-1989 (masculina e feminina)
○ VETERANOS/AS B → Nados entre o 1970-1979 (masculina e feminina)
○ VETERANOS/AS C → Nados antes do 1970 (masculina e feminina)
1 INSCRIPCIÓN
➔ www.maiskmsbarreiros.gal (web oficial Circuito)
➔ www.championchipnorte.com
1 OUTRAS DISPOSICIÓNS
● Poderán participar atletas federados e non federados.
● Non se poderá acompañar aos participantes nin correndo nin en bici agás na proba
de pitufos/as.
● Si eres propietario do chip amarelo debes competir con él.
● É obrigatorio levar o chip na zapatilla e o dorsal no peito.
● É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP DE ALQUILER AO REMATAR A CARREIRA
● A organización non se fai responsable dos danos físicos, morais, materiais ou
económicos, tanto dos participantes como dos acompañantes, derivados da
participación nesta proba.
● A organización poderá descalificar a toda aquela persoa participante que teña unha
actitude antideportiva ou que dificulte o bo desenvolvemento da proba.
● A proba contará con unha ambulancia medicalizada, seguro de accidentes e de
Responsabilidade Civil e servizos de protección civil.
● Contarase tamén con seguro de accidentes que cumpra os requisitos legais para
unha proba deste tipo.
● Todos os participantes coa súa inscrición aceptan integramente o presente
regulamento e autorizan á Organización para poder facer uso das imaxes do
eventos.

[ Go Back ]