Calendario
Ver carrera

Mondariz

24/11/2024 11:00 - 12:10

[ Go Back ]

Descripción I Edición 2024
Regulamento.
Data: 24 de Novembro de 2024.
• REGULAMENTO XERAL
O Concello de Mondariz Balneario organizarán o vindeiro sábado, 24 de Novembro de 2024 , “I
CORRENDO ENTRE AUGA, MONDARIZ BALNEARIO”.
• HORARIO E LUGAR DE SAÍDA.
- A proba absoluta disputarase ás 11.00 horas (8km) e 11.10 (3km), e terá a saída
na Av Enrique Peinador (Xunto as pistas polideportivas) – e chegada no mesmo
lugar.
- A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará
baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. O percorrido terá dúas distancias de
3km e 8km. (Imaxe percorrido).
• CATEGORÍAS.
- As categorías biberóns, pitufos, prebenxamín, benxamín e alevín non serán competitivas,
recibirán todos un agasallo.
- O resto terán premiación para os 3 primeir@s de cada categoría.
CATEGORÍA MENORES:
▪ 11:10, Carreira Sub 18-20 2005-2008: 3km (Ao mesmo tempo que a carreira absoluta de 3km)
▪ 12:05 , Carreira Sub 16 2009-2010: 1.5km
▪ 12:15, Carreira Sub 14 2011-2012: 1km
▪ 12:25, Carreira Sub 12 2013-2014: 750 mts
▪ 12:35, Carreira Sub 10 2015-2016: 500 mts
▪ 12:45, Carreira Prebenxamin 2017-2018: 500 mts
▪ 12:55, Carreira Pitufos 2019-2020-2021 : 200 mts
▪ 13:00, Carreira Biberón 2022-2023-2024: 100 mts
*Na categoria Pitufos habrá dúas series, acompañados ou non. (Deberá ser notificado no momento da
inscrición)
*Na categoría biberóns faremos varias serias para facilitar a carreira, serán por orde de inscrición.
• CATEGORÍAS 3KM E 8KM:
SAÍDA 8KM: 11.00
- Senior: 2006 ata 1987.
- Máster: 1986 en adiante
- Premio especial: 1º,2º e 3º e 1ª,2ª e 3ª , nado/a ou censado/a no Concello de Mondariz Balneario.
SAÍDA 3KM: 11.10
- Senior: 2006 ata 1987.
- Máster: 1986 en adiante
• INSCRICIÓNS E PRAZOS
- A proba absoluta ten un custe de 8 € a través de www.carreirasgalegas.com ata o 3 de
novembroás 23:59h (tarifa reducida).
- Dende o 3 de novembro ao 17 de Novembro 10€ a través de www.carreirasgalegas.com. As 23.59
h (pechedefinitivo).
- Menores: A inscrición é de 1€. A INSCRICIÓN da proba de menores pode realizarse ata o
17 de novembro ás 23:59h en www.carreirasgalegas.com
- Poderán participar atletas federados e non federados.
• RECOLLIDA DE DORSAIS:
- Recollida de dorsais será o sábado 23 de 16.00 a 19.00 horas e o día da carreira de 09:00 ata 15
minutos antes de cada saída nas pistas polideportivas de Mondariz Balneario.
https://maps.app.goo.gl/NKZdMkAiYm4VkTXj9
• SISTEMA DE CRONOMETRAXE
- A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal. Haberá puntos de control ao longo do
percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de controlestablecidos
poderán ser descualificadas.
• SERVIZOS: PENDENTE
- Bolsa do corredor.
- Regalo conmemorativo
- Avituallamento líquido (durante o percorrido), e avituallamento líquido e sólido o rematala proba.
- Servizo de duchas (Polideportivo municipal)..
- Fotos, durante e o final da proba.
- Servizo de Gardarroupa.
- Premios os 3ºs/3ªs de cada categoría.
- Os resultados serán expostos en www.carreirasgalegas.com
- Seguros de accidentes e de responsabilidade civil.
• ENTREGA DE PREMIOS.
- A entrega de premios será ó finalizar a proba (13.00 horas) nas Pistas Polideportivas.
- Recibirán premio conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada
categoría da carreira de “Adultos” e “Xuvenil”- “Cadete” - “Infantil”. Nas carreiras “alevín –
benxamín” - “prebenxamin- pitufos e chupete” recibirán un agasallo ao cruzar a liña de meta.
- Premio especial: 1º,2º,3º e 1ª.2ª e 3ª, nado/a ou censado/a no Concello de Mondariz Balneario.
*As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios.
• NORMAS XERAIS.
- A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará baixo
ocontrol técnico do Comité Galego de Xuíces.
- A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as
seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa
identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola
organización, será automaticamente descualificado/a.
- Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada quilómetro. O control de chegada
pechará 1h despois da saída xeral da carreira.
- Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un
mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as
corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos
médicos ou membros da organización debidamente identificados.
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o
tráfico ó longo do percorrido.
• UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
- As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas
externas.
- Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar,
avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con
coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento
• RESPONSABILIDADE
- A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento
médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da
devandita responsabilidade.
- A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as
incidencias inherentes á proba.
• RECLAMACIÓNS
- As reclamacións aos resultados oficiais deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado
nazona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais

[ Go Back ]