Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
O Barco
17/11/2024
11:00 - 12:00
[
Go Back
]
Descripción
17/11/2024 - REGULAMENTO
1. ORGANIZACIÓN
A Delegación en Valdeorras da Federación Galega de Atletismo e ADAS O Barco co
patrocinio da Deputación de Ourense e Concello de O Barco de Valdeorras organiza a XLI
Copa Deputación Ourense – 5 K en ruta e a XVI Carreira Popular dos Santiños, que se
celebrará o domingo, 17 de novembro de 2024 en O Barco de Valdeorras.
A proba está incluída no calendario oficial de competición da Federación Galega de
Atletismo.
A proba ten carácter solidario a beneficio de Cruz Vermella en Valdeorras e recolleranse
xoguetes novos.
O stand para a recollida do "Xoguete Solidario" estará no Estadio Municipal de
Calabagueiros onde os atletas e calquera persoa, poderán doar o seu xoguete.
O xoguete debe ser novo, educativo e non bélico nin sexista.
2. PARTICIPACIÓN
Poderán participar atletas populares e atletas federados con licenza da FGA na presente
tempada.
3. INSCRICIÓN
A inscrición será gratuíta e realizarase a través da web carreirasgalegas.com ata as 23:59
h. do xoves, 14 de novembro de 2024. Os atletas federados deberán indicar o seu número
de licenza e club ao que pertencen no proceso de inscrición.
4. HORARIO – DISTANCIA - CATEGORÍAS
HORA DISTANCIA SUPERFICIE CATEGORÍA
11:00 5 Km. RUTA*
SUB18-SUB20-SUB23
MÁSTER A-B-C-D-E H/M
11:00 2,5 Km. RUTA* SUB16 H/M
12:00 600 m. PISTA AL SUB14 H/M
12:10 500 m. PISTA AL SUB12 H/M
12:20 300 m. PISTA AL SUB10 H/M
12:30 100 m. PISTA AL SUB8 H/M
*XLI Copa Deputación Ourense Atletismo en ruta
Actividade subvencionada pola Deputación Provincial de Ourense
CATEGORÍA ANO CATEGORÍA ANO
SUB8 2017 en adiante SUB23/SÉNIOR 2004 ata 34 anos
SUB10 2015/2016 MÁSTER A 35 a 44 anos
SUB12 2013/2014 MÁSTER B 45 a 54 anos
SUB14 2011/2012 MÁSTER C 55 a 64 anos
SUB16 2009/2010 MÁSTER D 65 a 74 anos
SUB18 2007/2008 MÁSTER E 75 anos en adiante
SUB20 2005/2006 ABSOLUTA Desde 2007 a Máster
5. PERCORRIDO
5 Km. DISTANCIA HOMOLOGADA – Ver Anexo I
O circuíto urbano consta de 2,5 Km. totalmente chan, que transcorrerá polas seguintes
rúas:
SAÍDA Pavillón de Calabagueiros (diante) - Rúa Río Mariñán - Rúa Barco de Avila - Paseo do
Malecón (control de paso) - Paseo do Malecón - Rúa A Coruña - Rúa Calabagueiros – META
Pavillón de Calabagueiros (diante)
5 Km – 2 Voltas – Categorías desde Sub18 ata Máster
2,5 Km. – 1 Volta – Categoría Sub16
6. RETIRADA DE DORSAIS
Os dorsais recolleranse no Estadio Municipal de Calabagueiros no espazo habilitado a tal
efecto nos seguintes días e horario:
Sábado, 16 de novembro de 2024 – 19:00 a 20:00
Domingo, 17 de novembro de 2024 – 09:30 a 10:30
7. PREMIOS
7.1 PREMIOS XLI COPA DEPUTACIÓN OURENSE ATLETISMO EN RUTA
Recibirán unha medalla os/as tres primeiros atletas clasificados/as de cada categoría na
proba de 5 Km. e 2,5 Km. que cumpran 3 das seguintes condicións:
Ser cidadán español (acreditado mediante o carné de identidade).
Ser ourensán de nacemento (acreditado mediante o carné de identidade ou partida
de nacemento)
Ter domicilio legal na provincia de Ourense (acreditado mediante certificado de
empadroamento).
Estar en posesión de licenza federativa por un club da provincia de Ourense para a
tempada 2024.
É de obrigado cumprimento acudir ao podio, no caso contrario non se fará a
entrega da medalla.
Actividade subvencionada pola Deputación Provincial de Ourense
7.2 PREMIOS XVI CARREIRA POPULAR DOS SANTIÑOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados na categoría absoluta homes e mulleres
Trofeo ós primeiros clasificados e medallas para o segundo e terceiro nas
categorías Sub14, Sub16, Sub18, Sub 20, Sub23, Sénior e todas a categorías Máster
homes e mulleres.
Nas carreiras de Sub14, sub12, sub10 e Sub8 entregaranse medallas aos 10
primeiros de cada categoría
Obsequiarase cunha bolsa do corredor os participantes na carreira absoluta.
Os trofeos da categoría absoluta, non serán acumulables coas outras categorías.
8. SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos obrigatorios e recomendados dacordo coa lexislación
vixente.
A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a
lexislación vixente. Todas as persoas inscritas estarán cubertas por unha póliza de seguros
de accidentes .
9. RESPONSABILIDADE
O/a participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e
exime a organización da devandita responsabilidade.
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun
padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición,
etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da
competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso
que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
[
Go Back
]