Calendario
Ver carrera

Ferrol

24/11/2024 11:10 - 12:10

[ Go Back ]

Descripción CIRCUÍTO DA CARREIRA: Discorrerá polo centro de Ferrol tendo saída e chegada na PRAZA DA
CONSTITUCIÓN (no Cantón). A saída será as 11:10 am do día 24 de novembro de 2024
INSCRICIÓNS: Desde o venres 8 de novembro ás 20h ata o xoves 21 de novembro as 23:59 h na
páxina: www.carreirasgalegas.com
REGULAMENTO DA CARREIRA:
Haberá dúas opcións de participar:
A) Carreira (5Km): poderán participar todos/as aqueles/as deportistas nados no ano
2007 ou anteriores. Na carreira farase unha clasificación oficial e repartiranse premios
entre as 3 primeiras persoas clasificadas de cada categoría e sexo.
- Categoría Xove: nados entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro de 2007.
- Categoría Senior: nados antes do 1 de xaneiro do 2002.
Ojo morado Andaina (5Km): poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, non
haberá clasificación nin tempos finais e poderán participar mulleres e homes de calquera
idade.
Inscrición máxima de 1500 participantes.
Quen participe tanto na carreira coma na andaina, terá asignado un dorsal, este irá situado no
peito e terá que ser visible no desenvolvemento da proba.
O dorsal entregarase xunto a unha camiseta (de balde) na casa da Muller, Rúa Lugo 56. 15402
Ferrol
inscricións ata: entrega a partir de :
martes 19 xoves 21 e venres 22
resto Domingo 24 desde as 9h
*as persoas inscritas antes do martes 19 tamén o poderán recoller o propio día da carreira.
horarios de entrega de dorsais
xoves 21 10 a 14 horas
venres 22 10 a 14 horas
domingo 24 9:00h a 10:30h nas inmediacións da saída
(Prégase retiren o dorsal na Casa da Muller para facilitar as labores do
persoal voluntario o día da carreira)
Faranse controis de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá durante o
transcurso da proba polos cales terán que pasar as/os participantes para non ser
descualificadas/os.
O peche do control de carreira será 1 hora despois de que entre a 1ª persoa clasificada en meta.
As reclamacións faranse verbalmente ao/a xuíz/a árbitro, non mais tarde de 30 minutos despois
de comunicarse oficialmente os resultados.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o/a xuíz/a árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Quen participe estará amparado por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento
latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén
quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o
mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.

[ Go Back ]