Calendario
Ver carrera

Vilamartín de Valdeorras

03/11/2024 10:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción Iª CARREIRA VERTICAL VALDEORRAS
CAMPIONATO DE GALICIA DE SUBIDA VERTICAL
O Concello de Vilamartín de Valdeorras, en colaboración do Clube ADAS CUPA, a Delegación en
Valdeorras da Federación Galega de Atletismo, organiza a Iª Carreira Vertical Valdeorras e
Campionato Xunta de Galicia de Subida Vertical, o vindeiro día 3 de novembro do 2024.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control técnico
do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
REGULAMENTO
En adultos disputarase sobre a distancia 4.2km cun desnivel positivo de 1015 metros; para categoría
sub 20 e inferiores disputarase sobre unha distancia de 2,1km cun desnivel positivo de 500 metros.
1. Lugar de SAIDA de todas as probas:
As probas sairán dende A Ponte nova da Barca de Arnado en Vilamartin de Valdeorras.
https://maps.app.goo.gl/rX27puceye9QdJPZ9
A Meta da proba longa estará situada no Alto do Monzón, a 1325 metros de altitude:
https://maps.app.goo.gl/P1Z5HeqkLmhZ1ipk7
2. Horarios e distancias.
Tódolos deportistas das modalidades de carreira deberán pasar por cámara de chamadas ata 15´ antes da
saída.
HORA PROBA DISTANCIA DESNIVEL ANOS CATEGORÍA PRAZAS
10:00 Vertical
Valdeorras 4.2 Km 1.015 m 2006 e anteriores ABSOLUTA 250
11:00
Medio
Vertical
Valdeorras
2.1 Km 1.000 m
Nados no 2005
ata o 2010
PROMOCIÓN 200
De realizarse saídas separadas na distancia longa por criterios de seguridade e ocupación, a primeira saída
será ás 10:00 e a seguinte ás 10:15 horas, que serán comunicadas con antelación suficiente.
3. Límite de prazas.
Establecerase, tal e como indica o cadro de horarios presente neste regulamento, un límite de
prazas en cada modalidade de Carreira.
Unha vez se chegue a esas cifras na inscrición, pecharase á mesma en cada carreira programada.
4. Categorías de competición.
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE VERTICAL
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SENIOR MASC / FMNO De 2006 ate máster
MASTER 1 MASC / FMNO Nados entre 1989 e 1979
MASTER 2 MASC / FMNO Nados entre 1978 e anteriores
ABSOLUTA MASC / FMNO Calquera das categorías anteriores
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE MEDIO VERTICAL
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 20 2005 – 2006
SUB 18 2007 – 2008
SUB 16 2009 – 2010
.
Artigo 4.1 – RANKING GALEGO DE TRAIL RUNNING:
Os participantes federados optarán á bonificación correspondente dentro do ranking galego de
Trail running nas seguintes modalidades, multiplicando x10 os puntos de clasificación:
Vertical – sub 23, absoluto e master
Medio Vertical – Sub 16, sub 18 e sub 20
5. PARTICIPACIÓN E SEGURO / LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquera deportista sexa ou non federado. Todos os participantes
inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running que incluirá un seguro de
accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán federadas no deporte de
atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os deportistas federados polo deporte do
atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licenza. Para o resto de participantes
subscribirase un seguro (licenza de día).
6. DISTANCIAS, DESNIVEIS e TEMPOS MÁXIMOS DE REALIZACIÓN DA PROBA NOS TRAILS
E ANDAINA:
PROBA: DISTANCIA: DESNIVEL
POSITIVO; HORA SAÍDA TEMPO
MÁXIMO
Vertical
Valdeorras 4.2 Km 1020 10:00 2h
Medio
Vertical
Valdeorras
2.1 Km 505 11:00 90’
Percorrido:
Saída en A Ponte nova da Barca (313 m.) cruzase a beira esquerda do río Sil ata chegar o
cumio do Monzón (1.329 m.) en un total de 4.2 Km, cun desnivel de 1.020 m
O percorrido cumpre coa normativa oficial sendo obrigatorio seguir a marcaxe.
O itinerario de baixada estará sinalizado, debendo facelo o deportista polo seu propio pé,
sempre respectando ós competidores presentes.
7. INSCRICIÓNS. PREZOS E PRAZOS
As inscricións realizaranse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com
Os participantes no Campionato de Galicia de Subida Vertical deberan inscribirse na Iª Carreira
Vertical Valdeorras, para optar o agasallo e premios.
 APERTURA DE INSCRICIONS: Venres 13 de setembro de 2024
 PECHE DE INSCRICIONS: martes 29 de outubro de 2024 ás 23:59 h.
 PREZOS DA INSCRICION:
▪ TRAMO 1 – DO 2 DE SETEMBRO Ó 15 DE OUTUBRO:
✓ PREZO ÚNICO: 10 €
▪ TRAMO 2 – DO 16 Ó 29 DE OUTUBRO:
✓ PREZO ÚNICO: 15 €
8. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais poderán recollerse no Pavillón Municipal “Luís Nogueira” en O Bañadoiro -Vilamartín-
 Sábado 02 de Novembro de 17:00 h. a 19:00 h.
 Domingo 03 de Novembro de 8:30 h a 9:30 h.
https://maps.app.goo.gl/na2aRwoW1teMPe5U9
9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:
▪ Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento.
▪ AGASALLO para todos os participantes (poderán recollelo xunto co dorsal de competición
antes da saída das probas).
▪ A entrega de premios realizarase a partir das 13:30 horas aproximadamente no Pavillón
Municipal “Luís Nogueira” situado en O Bañadoiro Vilamartín de Valdeorras.
▪ Premios NON acumulativos.
▪ Sorteo de productos Lurbel para tódolos inscritos en www.carreirasgalegas.com
10. SERVIZO DE DUCHAS e VESTIARIOS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas e vestiarios no Pavillón Municipal
“Luís Nogueira” situado en O Bañadoiro Vilamartín de Valdeorras.
11. AVITUALLAMENTO
 Haberá punto de avituallamento na meta de cada proba.
 Non haberá vasos polo que será imprescindible o uso de recipiente personal.
A asistencia externa a calquera deportista durante a competición non estará permitida, a
proba realízase en completa AUTOSUFICIENCIA
12. MATERIAL OBRIGATORIO
O material estará revisado polo comité galego de xuíces, podendo facerse total ou parcialmente en
saída, meta ou durante o percorrido.
O uso de auriculares ou elementos de igual índole non está permitido.
As penalizacións e descualificacións sobre o material obrigatorio serán as oficiais da circular 105-
2023 da Federación Galega de Atletismo.
 *LISTAXE DE MATERIAL OBRIGATORIO:
▪ Dorsal visible na parte frontal
▪ Manta térmica
 *LISTAXE DE MATERIAL RECOMENDADO:
▪ Curta ventos ou chaqueta impermeable.
▪ Sistema de hidratación
▪ Chifre
▪ Teléfono móbil operativo
▪ Camiseta térmica de manga longa ou combinación de térmica de manga curta e manguitos.
▪ Malla longa que cubra toda a perna.
▪ Gorro ou bandana
▪ Luvas
*IMPORTANTE: A organización publicará ata un máximo de 5 días antes o material obrigatorio
definitivo, podendo pasar o recomendado a ser obrigatorio en función da meteoroloxía prevista,
buscando a máxima protección e seguridade de tódolos atletas.
13. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
O Concello de Vilamartín de Valdeorras publicará a información de accesos para tódolos
participantes facilitando os accesos a recollida de dorsais, saída, meta e zonas de paso intermedias.
Os medios loxísticos para o envío de bolsa do corredor con roupa de abrigo ó punto de meta serán
publicados na web www.carreirasgalegas.com debendo de cumprir os usuarios as características de
peso e volume que a organización dispoña.
O evento conta con proxecto de percorrido alternativo e plan de evacuación ante calquera
imprevisto, sendo obrigatorio cumprir as indicacións correspondentes por parte dos participantes.
O plan de xestión de residuos e protección ambiental do evento garantiza un uso responsable do
medio natural e a preservación do mesmo así como a correcta distribución de calquera residuo ou
material empregado para a realización do evento.
14. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis tarde de
30’despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e WORLD
ATHLETICS para probas de Trail Running.

[ Go Back ]