Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Esteiro
10/11/2024
10:30 - 12:00
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO
Carreira popular Esteiro 2024
1. FICHA DA PROBA
Nome do evento deportivo Carreira popular Esteiro 2024
Persoa de contacto ossaltarrejos@gmail.com
Tipo de entidade Asociación deportiva sen ánimo de
lucro
Data de celebración 10/11/2024
Lugar de celebración Esteiro – Muros- A Coruña
Distancia da proba 10 kms, 2kms, 500m e 100m
Hora de comezo 10:30
Número de participantes 300
Entrega de trofeos Domingo día 10 novembro as 13:00
horas
Lugar de inscrición https://www.galitiming.com/
Data de inscrición Ata o 07/11/2024
Recollida dorsais Zona do O Artón de Esteiro desde
as 9:00 do día da proba
2. SEGUROS
Achegarase a documentación relativa ao Seguro de responsabilidade
Civil da empresa organizadora da proba, así como o seguro de
accidentes para participantes que contén as prestacións mínimas do
seguro obrigatorio deportivo regulado no Real Decreto 849/1993 do 4 de
xuño (idade máxima de 75 anos)
3. OBXECTIVO PRINCIPAL DA PROBA
Pretendemos reunir a todas aquelas persoas apaixonadas do deporte ao
aire libre e as carreiras promocionando a privilexiada localización onde
se atopa Esteiro, Muros, así como a solidariedade que teñen todos os
seus concidadáns, grazas aos enclaves únicos do municipio, que nos
axudarán a crear unha experiencia única.
As carreiras terán un compoñente solidario da man das asociacións da
contorna, que ofrecen formación, comprensión, información e un reto
deportivo a todas as familias coa oportunidades de práctica deportiva e
cultural na zona.
En definitiva, buscamos unir a un grupo de xente cun xene en común: o
da superación e a axuda aos demais, dándolle a ESTEIRO ese toque
responsable e promovendo as espectaculares zonas naturais das que
dispón a localidade.
4. PERCORRIDO E META
A SAÍDA/META de todas as probas será a chaira central de O
Artón de Esteiro.
O percorrido previsto consta dun circuíto de aproximadamente 10000m,
que discorre polos barrios de Esteiro, na súa maioría por anchas pistas e
camiños da alde, apisando ata en 3 ocasións a estrada comarcal C-550.
O resto do circuito estará marcado con sinais visibles no chan, con
valado, con cintas identificativas e con persoal auxiliar da organización
en cruces de aldea e zonas que se consideren.
Este circuíto ten 10000 metros , acabando en ambos os casos na
mesma zona de Saída/Meta. (Ver Anexo II para máis detalles).
5. HORARIO PREVISTO DE PASO DO PRIMEIRO CORREDOR E DO
ÚLTIMO POLA META
O paso pola meta dos primeiros corredores que realicen a proba de
10.000 m está prevista ás 11:05h. e os últimos corredores teñen prevista
a súa chegada sobre 12.00h.
6. MEDIDAS DE SEÑALIZACIÓN DA PROBA
A proba discorre por vía pública, todo o circuíto está pechado ao tráfico
rodado, agás na estrada C-550 con regulación por parte da Policía
Local. A organización dispoñerá da señalética necesaria para a correcta
orientación dos participantes consistente en balizas, catadióptricos e
carteis con frechas indicativas.
Ademais, dispoñerá dun número adecuado de persoal para facerse
cargo de cruces ou lugares conflitivos ao longo do percorrido.
Este persoal estará perfectamente identificado e visible, e seguirán en
todo momento as directrices marcadas polos axentes da Policía
Municipal, no caso de que as haxa.
7. PROGRAMA DEPORTIVO
Agosto 2024: apertura de inscricións en liña.
13 novembro: A partir das 9:00h., montaxe de saída/meta e percorrido
9:00 a 10:30 Recollida de dorsais na zona de O Artón.
10:30. Saída de 10 kms
11:05h. Chegada prevista dos primeiros participantes de 10 km
12:00h. Saída da carreira de 2 kms (2 VOLTAS DE 1000M)
12:20 h: Saída de 500m
12:40: saída de 100m
13:00h. Entrega de premios de 10km, 2 kms
7. REGULAMENTO TÉCNICO DA PROBA
CRONOMETRAXE
A proba será cronometrada mediante o sistema de chip electrónico.
Unicamente serán válidos os chips entregados pola organización á hora
da recollida de dorsais.
CATEGORÍAS e PREMIOS
10km_ 10:30h_ de 14 a 75 anos (nados entre o 1949-2010)
Absoluta masculino e feminino
Veteranos masculino e femenino desde 50 anos
Local masculino e femenino
2 Km_ 12:00h_(nados entre o 2011 -2014)
Rapaces/zas de 10 a 13 anos
Categoría masculina e femenina
500m_12:20h_(nados entre 2015-2018)
Rapaces/zas de 6 a 9 anos
Medallas a participantes
100m_12:40h (nados entre 2019-2024)
Rapaces/zas de 0 a 5 anos
Medallas a participantes
A idade para poder participar, será por ano de data de celebración da
proba.
A incomparecencia no acto de entrega de premios, entenderase como
renuncia aos mesmos.
COLOCACIÓN DO CHIP E DORSAL
Será obrigatorio que todos os participantes da proba leven o chip orixinal
ao longo do percorrido completo da proba.
Será descualificado todo aquel corredor que chegue á liña de meta sen
o chip ou que manifeste actitudes antideportivas a xuízo do Comité
Técnico Organizador.
Así mesmo, será descualificado todo corredor que manipule ou adultere
o chip e/o elsoporte no que o mesmo se atope, sendo o formato
asignado pola organización o único válido para a participación na proba.
Así como todos aqueles participantes que nalgún momento da proba
entreguen o seu chip asignado a outra persoa.
PREZOS da inscrición e número de PARTICIPANTES
10KM: 10€- Máximo de 200 participantes.
2 KM: 5€ - Máximo de 50 participantes.
500M: GRATIS - Máximo de 30 participantes.
100M: GRATIS _Máximo de 20 participantes.
PERCORRIDO
- Carteis para puntos quilométricos
- Carteis para indicación de dirección de proba
- Cinta de balizado para a sinalización do percorrido
AVITUALLAMIENTO FINAL e NO MEDIO DO PERCORRIDO 10K
(aproximadamente 100m da zona de Saída/Meta)
- Mostradores/mesas para a entrega de avituallamiento intermedio
- Contedores para a recollida de residuos
8. VEHÍCULOS
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os acreditados
pola organización: bicicletas
9. SEGURIDADE
Todos os participantes estarán cubertos por un seguro colectivo de
accidentes e ademáis debe entregarse asinado o consentimento
informado das capacidades físicas e actuacións en caso de accidente.
Os menores de 18 anos, traerán ademáis a autorización do titor/a para
poder participar.
Os corredores atenderán en todo momento as indicacións dadas pola
organización a través do seu persoal acreditado ou servizo oficial de
megafonía.
Todos os membros e vehículos da organización estarán correctamente
identificados e acreditados.
Todo corredor que participe na proba faio baixo a súa enteira
responsabilidade e declara posuír un nivel de condición física suficiente
para afrontar a proba.
A organización recomenda a todos os participantes a realización dun
recoñecemento médico e/o proba de esforzo previo á carreira.
A organización declina toda responsabilidade polos danos que os
participantes poidan sufrir ou causar a terceiros de forma posterior á
participación da carreira.
10. SERVIZOS MÉDICOS
Durante a carreira, os participantes terán á súa disposición asistencia
sanitaria a través do dispositivo establecido da ambulancia contratada
pola organización para cubrir o evento.
[
Go Back
]