Calendario
Ver carrera

Vedra - A Camelia

09/02/2025 8:30 - 15:30

[ Go Back ]

Descripción 1.- ORGANIZACIÓN E TIPO DE PROBA
1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Vedra, organiza a IX
Carreira por Montaña A Camelia 2025, que se celebrará o vindeiro domingo, día 9 de
febreiro do 2025, con saída e chegada en Santa Cruz de Ribadulla (Vedra).
2.- PERCORRIDOS
O itinerario percorre os montes e camiños de gran parte do Concello de Vedra,
adentrándose tamén nos concellos da Estrada e Boqueixón. Sendas cheas de historia,
lendas e tradicións, moldeadas pola forza da natureza. Tamén haberá tramos de
asfalto, tanto na saída como na chegada, así como enlaces entre distintas zonas das
carreiras.
TRAIL DO PICO:
A proba está aberta a calquera deportista que teña os 18 anos cumpridos o día da
carreira:
➢ Modalidade competitiva cunha distancia de 33 km.
➢ Desnivel positivo aproximado de 1.700 m e desnivel acumulado de 3.400 m.
➢ Elevación máxima: 523 m.
➢ Elevación mínima: 48 m.
➢ Dicultade física: alta.
➢ Dicultade técnica: media.
➢ Avituallamentos:
○ Km 6,5 (9,5 á volta) – Capela de Gundián: líquido e sólido.
○ Km 15 –Caldelas: líquido e sólido.
○ Km 23,5 – Pico Sacro: líquido e sólido.
○ Km 29,5 - A Ramalleira: líquido.
○ Km 33 – Meta: líquido e sólido.
A persoa participante que sobrepase o tempo límite, 6 horas e 30 minutos dende a
saída, ou supere as 3 horas e 30 minutos no avituallamiento de Caldelas (km 15),
deberá abandonar a proba de forma obrigatoria ou ben quedará excluído da proba,
pasando baixo a súa propia responsabilidade a ser un/unha usuario/a normal das vías
públicas, se decidiese continuar o percorrido ata rematar.
CDM Vértice - CIF: G70510516
Trasariz de Abaixo, 13 - 15885 Vedra (A Coruña)
Telf.: +34 625 204119 Emai: cdmvertice@gmail.com
TRAIL DO CASTRO:
A proba está aberta a calquera deportista que teña os 18 anos cumpridos o día da
carreira:
➢ Modalidade competitiva cunha distancia de 22 km.
➢ Desnivel positivo aproximado de 1.050 m e desnivel acumulado de 2.100 m.
➢ Elevación máxima: 523 m.
➢ Elevación mínima: 48 m.
➢ Dicultade física: media.
➢ Dicultade técnica: media.
➢ Avituallamentos:
○ Km 6,5 (9,5 á volta) – Capela de Gundián: líquido e sólido.
○ Km 15 –Caldelas: líquido e sólido.
○ Km 18,5 - A Ramalleira: líquido.
○ Km 22 – Meta: líquido e sólido.
A persoa participante que sobrepase o tempo límite, 6 horas e 30 minutos dende a
saída, ou supere as 3 horas e 30 minutos no avituallamiento de Caldelas (km 15),
deberá abandonar a proba de forma obrigatoria ou ben quedará excluído da proba,
pasando baixo a súa propia responsabilidade a ser un/unha usuario/a normal das vías
públicas, se decidiese continuar o percorrido ata rematar.
TRAIL DAS FERVENZAS:
A proba está aberta a calquera deportista nacido no ano 2008 ou anterior:
➢ Modalidade competitiva cunha distancia de 14 km.
➢ Desnivel positivo de 530 m e un desnivel acumulado de 1060 m.
➢ Dicultade física: media.
➢ Dicultade técnica: media.
➢ Avituallamentos:
○ Km 7 – Caldelas: líquido e sólido.
○ Km 11 - A Ramalleira: líquido.
○ Km 14 – Meta: líquido e sólido.
A persoa participante que sobrepase o tempo límite, 5 horas dende a saída, ou supere
as 2 horas no avituallamiento de Caldelas (km 7), deberá abandonar a proba de forma
obrigatoria ou ben quedará excluído da proba, pasando baixo a súa propia
responsabilidade a ser un/unha usuario/a normal das vías públicas, se decidiese
continuar o percorrido ata rematar.
TRAIL DA CRUZ DO COUTO:
A proba está aberta a calquera deportista nacido no ano 2012 ou anterior:
➢ Modalidade competitiva cunha distancia de 9 km.
➢ Desnivel positivo de 280 m e un desnivel acumulado de 560 m.
CDM Vértice - CIF: G70510516
Trasariz de Abaixo, 13 - 15885 Vedra (A Coruña)
Telf.: +34 625 204119 Emai: cdmvertice@gmail.com
➢ Dicultade física: baixa.
➢ Dicultade técnica: baixa.
➢ Avituallamentos:
○ Km 6 - A Ramalleira: líquido e sólido.
○ Km 9 – Meta: líquido e sólido.
ANDAINA:
➢ Modalidade non competitiva con unha distancia de 12 km.
➢ Desnivel positivo de 280 m e un desnivel acumulado de 560 m.
➢ Dicultade física: baixa.
➢ Dicultade técnica: baixa.
➢ As persoas menores de 16 anos deberán ir acompañadas dunha persoa adulta.
➢ Avituallamentos:
○ Km 7,5 –Ponte Ulla: líquido e sólido.
○ Km 12 – Meta: líquido e sólido.
PEQUETRAIL:
Carreiras para rapaces e rapazas nacid@s entre 2020 e 2012.
➢ Celébraranse o domingo 9 de febreiro ás 12:30 h.
➢ A inscrición será gratuíta e poderá realizarse previamente a través da
plataforma de inscrición ou no propio día da carreira ata media hora antes da
celebración das carreiras.
➢ Haberá tres distancias:
○ Escalos. Nacid@s entre 2019 e 2016: percorrido de 600 m.
○ Troitas. Nacid@s entre 2015 e 2013: percorrido de 2 km.
○ Salmóns. Nacid@s entre 2012 e 2011: percorrido de 3,2 km.
Haberá premio para tod@s @s participantes do pequetrail.
CDM Vértice - CIF: G70510516
Trasariz de Abaixo, 13 - 15885 Vedra (A Coruña)
Telf.: +34 625 204119 Emai: cdmvertice@gmail.com
3.- PROGRAMA
Domingo 9 de febreiro de 2025
07:30 – Apertura da dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais.
(Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla).
08:15 – Fin da entrega de dorsais para o Trail do Pico e Trail do Castro
08:30 – Saída do TRAIL DO PICO e TRAIL DO CASTRO
08:35 – Entrega de dorsais para a andaina, trail das Fervenzas e trail da Cruz do couto
9:15 – Fin da entrega de dorsais para a andaina.
09:30 – Saída da ANDAINA.
9:45 – Fin da entrega de dorsais para o Trail das Fervenzas e do Trail da Cruz do
Couto.
10:00 – Saída do TRAIL DAS FERVENZAS e do TRAIL DA CRUZ DO COUTO.
11:30 – Chegada prevista de primeiros/as participantes do Trail do Pico.
12:00 – Corte horario do Trail do Pico e o Tral do Castro no km 15 e do Trail das
Fervenzas no km 7.
12:30 – Saída PEQUETRAIL.
13:30 – Cerimonia de entrega de premios.
15:30 – Peche de meta e clausura da proba.
4.- PARTICIPACIÓN
4.1.- Cada participante deberá ser consciente da lonxitude e dicultade da proba, que
pode desenvolverse baixo condicións climáticas de frío, choiva e vento, polo cal deberá
prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de
carreiras de montaña. A realización da inscrición implica que os/as corredores/as
leron, entenderon e aceptan as condicións do presente regulamento e participan baixo
a súa enteira responsabilidade, arman poseer unhas condicións físicas sucientes
para a realización da proba.
4.2.- Material obrigatorio e recomendado nos trail (Trail do Pico, Trail do Castro ,Trail
das Fervenzas, e Trail da Cruz do Couto)
CDM Vértice - CIF: G70510516
Trasariz de Abaixo, 13 - 15885 Vedra (A Coruña)
Telf.: +34 625 204119 Emai: cdmvertice@gmail.com
Material obrigatorio:
➢ Chaqueta cortaventos con capucha e manga longa.
➢ Manta térmica.
➢ Vaso ou recipiente similar (non se repartirán vasos nos avituallamentos).
➢ Reserva de auga (mínimo 1 litro para o trail do Pico e trail do Castro, e mínimo
medio litro para o trail das Fervenzas e Cruz do Couto).
➢ Teléfono móbil encendido e con batería suciente.
➢ Chifre
Material recomendado:
➢ Gorra, viseira ou bandana.
O material recomendado e obrigatorio, pode variar en función da climatoloxía, polo que
se informará da relación denitiva na mesma semana da proba. Cada participante
deberá portar o seu material.
O uso de bastóns será voluntario, pero no caso de saír con eles, deberan levalos
durante toda a proba.
4.3- Material obrigatorio e recomendado na andaina:
Material obrigatorio:
➢ Teléfono móbil con carga suciente.
➢ Vaso ou recipiente similar (non se repartirán vasos nos avituallamentos).
Material recomendado (tendo en conta a climatoloxía do mes de febreiro):
➢ Chubasqueiro ou cortaventos.
➢ Reserva de auga de ⁄ litro.
➢ Reserva de alimentos.
O material recomendado e obrigatorio pode variar en función da climatoloxía, polo que
se informará da relación denitiva na mesma semana da proba.
4.4.- O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de cores
branca e vermella co logotipo do Club Vértice, pintura, carteis indicadores ou outros
elementos de sinalización. É responsabilidade de cada participante localizar a
sinalización e seguila.
4.5.- Os tramos que discorran por estradas non estarán cortados ao tráco rodado,
debendo as persoas participantes respectar as normas de tráco e indicacións da
organización.
CDM Vértice - CIF: G70510516
Trasariz de Abaixo, 13 - 15885 Vedra (A Coruña)
Telf.: +34 625 204119 Emai: cdmvertice@gmail.com
4.6.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis
regulamentarios establecidos. Será motivo de descalicación o incumprimento desta
norma.
4.7.- A organización poderá realizar as modicacións que considere necesarias no
percorrido, incluso a suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así o
aconsellan.
4.8.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza (Rede Natura,
Vía da Prata), polo que non debemos ensucialos nin deterioralos, tirando desperdicios
fóra das áreas de control. Será motivo de descalicación o incumprimento desta
norma.
4.9.- O/A participante presta o seu consentimento á organización da IX Carreira por
Montaña A Camelia 2025, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e
difusión da proba, de toda as formas posibles. Calquera persoa inscrita poderá prohibir
a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o Club de Montaña
Vértice a través do seu enderezo electrónico: cdmvertice@gmail.com
A organización garantirá o pleno cumprimento da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de
decembro, de protección de datos persoais e de dereitos dixitais, e de acordo co
disposto en dita lei, a persoa que se inscriba queda informada e presta seu
consentimento para a incorporación dos seus datos persoais aos cheiros
automatizados da organización e ao tratamento dos mesmos para a súa utilización en
relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da
mesma. A persoa participante poderá exercer os dereitos de acceso, recticación,
cancelación e oposición, mediante escrito dirixido ao Club de Montaña Vértice a través
do seu enderezo electrónicol: cdmvertice@gmail.com
5.- INSCRICIÓN
5.2.- As inscricións poderanse formalizar a partir do sábado 9 de novembro de 2024, a
través da páxina web https://www.empa-t.com/inscripciones/ cubrindo o formulario
habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria correspondente.
Prezos das inscricións:
Trail do Pico:
➢ Desde o 09/11/2024 a 19/01/2025 (ata as 23:59 h): 30€
➢ Desde 20/01/2025 a 05/02/2025 (ata as 23:59 h): 35€
Trail do Castro:
CDM Vértice - CIF: G70510516
Trasariz de Abaixo, 13 - 15885 Vedra (A Coruña)
Telf.: +34 625 204119 Emai: cdmvertice@gmail.com
➢ Desde o 09/11/2024 a 19/01/2025 (ata as 23:59 h): 25€
➢ Desde 20/01/2025 a 05/02/2025 (ata as 23:59 h): 30€
Trail das Fervenzas:
➢ Desde o 09/11/2024 a 19/01/2025 (ata as 23:59 h): 20€
➢ Desde 20/01/2025 a 05/02/2025 (ata as 23:59 h): 25€
Trail da Cruz do Couto
➢ As inscricións para nacidos/as entre 2012 e 2009 será de 8 €.
Para o resto de corredores ten os seguintes prezos:
➢ Desde o 09/11/2024 a 19/01/2025 (ata as 23:59 h): 15€
➢ Desde 20/01/2025 a 05/02/2025 (ata as 23:59 h): 20€
Andaina:
➢ Desde o 09/11/2024 ata o 05/02/2025 (ata as 23:59 h): 12€
Pequetrail
➢ A inscrición é gratuíta.
Unha vez realizada a inscrición, só se accederá á devolución do importe en caso de
lesión ou enfermidade, sendo necesario a presentación dun certicado médico
mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: cdmvertice@gmail.com
Ata o 24 de xaneiro de 2025 será posible realizar cambios na inscrición. En ningún
caso se procederá a devolución de parte do importe a aqueles participantes que
decidan cambiarse a unha modalidade cun prezo de inscrición menor.
A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación deste regulamento e a
renuncia de todos os dereitos contra a organización, renunciando a toda acción legal
que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún
concepto, poderá ser utilizada por outra persoa diferente á inscrita.
5.3.- O dorsal debe ser recollido presentando á organización un documento de
identicación: DNI ou permiso de conducir, NIE, pasaporte. As persoas federadas
deberán presentar tamén a licenza federativa. En caso de recoller o dorsal doutro
participante, será obrigatoro presentar fotocopia ou fotografía no móbil do DNI desa
persoa.
6.- CATEGORÍAS E PREMIOS
TRAIL DO PICO:
Trofeos aos tres primeiros/as de cada unha das categorías:
➢ Categoría absoluta masculina e feminina.
➢ Veteranos (nacidos en 1985 e anteriores) masculina e feminina (non
acumulable co podio absoluto).
CDM Vértice - CIF: G70510516
Trasariz de Abaixo, 13 - 15885 Vedra (A Coruña)
Telf.: +34 625 204119 Emai: cdmvertice@gmail.com
➢ Equipos, cun mínimo 4 participantes, sendo obrigatorio que sexan mixtos, e
puntuarán polo menos unha muller e un home. A clasicación realizarase por
tempos.
TRAIL DO CASTRO:
Trofeos aos tres primeiros/as de cada unha das categorías:
➢ Categoría absoluta masculina e feminina.
➢ Veteranos (nacidos en 1985 e anteriores) masculina e feminina (non
acumulable co podio absoluto).
➢ Equipos, cun mínimo 4 participantes, sendo obrigatorio que sexan mixtos, e
puntuarán polo menos unha muller e un home. A clasicación realizarase por
tempos.
TRAIL DAS FERVENZAS:
Trofeos aos tres primeiros/as de cada unha das categorías:
➢ Categoría absoluta masculina e feminina.
➢ Xuvenís (2007-2008) masculina e feminina (acumulable co podio absoluto).
TRAIL DA CRUZ DO COUTO:
Trofeos aos tres primeiros/as de cada unha das categorías:
➢ Categoría absoluta masculina e feminina.
➢ Menores nacidos ata 2009 masculina e feminina (acumulable co podio
absoluto).
PEQUETRAIL:
Trofeos aos tres primeiros nenos e as tres primeiras nenas de cada unha das
categorías:
○ Escalos. Nacidos entre 2019 e 2016.
○ Troitas. Nacidos entre 2015 e 2013.
○ Salmóns. Nacidos en 2012 e 2011.
7.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
Motivos de descalicación:
➢ Non pasar polos puntos de control establecidos.
➢ Non realizar o percorrido completo.
➢ Non respectar o itinerario balizado ou a sinalización do percorrido.
➢ Entrar na meta sen dorsal.
➢ Deixar lixo (envases, envoltorios ou calquer outro desperdicio), fóra das zonas
de avituallamentos e control).
➢ Non prestar auxilio a outro/a corredor/a que o necesite.
➢ Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa.
CDM Vértice - CIF: G70510516
Trasariz de Abaixo, 13 - 15885 Vedra (A Coruña)
Telf.: +34 625 204119 Emai: cdmvertice@gmail.com
8.- RETIRADA E ABANDONOS
8.1.- Calquera corredor/a poderá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo
ao control máis próximo ou o persoal da organización e entregando o dorsal.
Se por caso de accidente ou lesión o/a corredor/a queda inmobilizado e non pode
chegar ata un punto de control, terá que avisar ao corredor/a máis cercano/a ou
esperar ao corredor escoba. Existirá un número de teléfono para emerxencias.
8.2.- A organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, aos participantes
que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio,
etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas
condicións físicas para continuar en carreira.
8.3.- Os/as participantes están obrigados/as a prestar auxilio aos accidentados/as ou
a aqueles/as que o requiran.
9.- ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase a partir das 13:30 horas, acompañado dun pincho nal.

[ Go Back ]