Calendario
Ver carrera

Pereiro de Aguiar

30/11/2024 12:55 - 13:55

[ Go Back ]

Descripción "XXVII CROSS GUILLELME BROWN"
O sábado 30 de novembro de 2024 celebrarase o "XXVII Cross Guillelme
Brown", proba incluída no calendario oficial da Federación Galega de
Atletismo, atendendo ás seguintes normas:
1. HORARIO, CATEGORÍAS E PERCORRIDO:

Hora Categoría Ano de
nacemento Distancia
10:30
Cadete Feminino (S16)
Xuvenil Feminino (S18)
2009-2010
2007-2008
3 voltas (2.520m)
10:45
Cadete Masculino (S16)
Xuvenil Masculino
(S18)
2009-2010
2007-2008
4 voltas (3.360 m)
11:00 Infantil Feminino (S14) 2011-2012 2 voltas (1.680 m)
11:15 Infantil Masculino
(S14) 2011-2012 3 voltas (2.520 m)
11:30 Alevín Feminino (S12) 2013-2014 1 volta (840 m)
11:45 Alevín Masculino (S12) 2013-2014 2 voltas (1.680 m)
12:00 Benxamín Feminino
(S10) 2015-2016 1 volta (840 m)
12:10 Benxamín Masculino
(S10) 2015-2016 1 volta (840 m)
12:20 Prebenxamín (S8) 2017-2018 400 m
12:30 Chupetes: nados no 2019-2020 200 m
12:40 Pais, nais e profesores do colexio 2 voltas (1.680 m)
12:55 Absoluta 2006 e anteriores 5 voltas (4.200 m)
13:30 Entrega de trofeos
O percorrido, parte terra e herba, parte asfalto, realizarase no
interior do recinto escolar.
2. PARTICIPACIÓN
Poderán participar todos os colexios, clubs e asociacións
convidadas ao efecto cun só equipo por categoría sen número límite de
corredores/as, e calquera atleta que o desexe a nivel individual.
3. INSCRICIÓNS
Os deportistas non federados realizarán a súa inscrición, ata as
23’59 horas do mércores 27 de novembro, cubrindo o formulario na páxina:
https://www.carreirasgalegas.com/events/xxvii-cross-guillelmebrown/WyjPRnme
A Organización establece un límite de 500 inscricións.
O día da proba poderanse realizar os cambios que sexan precisos
ata 30 minutos antes do inicio de cada proba.

4. DORSAIS
Os dorsais serán facilitados pola organización e entregaranse 30
minutos antes do inicio do Cross.

5. CLASIFICACIÓNS:
Establécense dúas clasificacións:
a) Individual: segundo a orde de entrada en meta.
Ojo morado Por equipos: sumando os puntos obtidos polos cinco atletas mellor
clasificados/as de cada equipo, resultando vencedor o equipo que
sume menor número de puntos.
6. PREMIOS E TROFEOS:
a) Trofeo ao mellor equipo clasificado nas categorías benxamín, alevín,
infantil, cadete e xuvenil tanto masculino como feminino.
Ojo morado Medalla aos tres primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
c) Bolsas a todos os participantes que cheguen á meta.
A clasificación será individual e por categorías (Chupetes, Prebenxamín
(S8), benxamín (S10), alevín (S12), infantil (S14), cadete (S16), xuvenil (S18)
e absoluta, tanto masculino como feminino).
7. OUTROS APARTADOS:
- Debido ao carácter popular e sobre todo gratuíto da proba, o colexio
contará con 350 bolsas deportivas como agasallo para os participantes,
que serán preferentemente para as categorías escolares e para os
adultos en función da súa orde de chegada e ata acabar as existencias.
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes
do inicio, unha vez avisados polos xuíces.
- Aqueles corredores que posúan licencia federativa deberán indicar na
ficha de inscrición o seu número.
- Ao longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Aqueles aspectos que non contemple este regulamento serán decididos
tendo en conta o regulamento da Federación Galega de Atletismo e, de
ser preciso, a normativa RFEA e WA.

[ Go Back ]