Calendario
Ver carrera

Castrelo de Miño - San Silvestre

31/12/2024 16:30 - 17:30

[ Go Back ]

Descripción XXVI CARREIRA SAN SILVESTRE
DE CASTRELO DE MIÑO
REGULAMENTO
A proba está incluida no calendario autonómico oficial da Federación Galega de Atletismo e estará
cronometrada e controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
I.- Organización
O Concello de Castrelo de Miño, coa colaboración do Club Naútico de Castrelo de Miño e da
Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, organiza a XXVI Carreira San Silvestre
de Castrelo de Miño, que se celebrará o 31 de decembro de 2024 no Parque Náutico de Castrelo
de Miño.
II.- Participación e Inscricións
Poderán participar toda clase de corredores, federados ou non federados, que estean
correctamente inscritos, na forma e nos prazos establecidos neste regulamento. O número
máximo de atletas que poderán inscribirse para a proba será de 250 adultos e 75 menores.
O prazo de inscripción será desde o 1 ata o 26 de decembro, ambos inclusive, salvo que se agoten
os dorsais con anterioridade ó día de peche. A inscripción realizarase a través da web de carreiras
galegas: https://www.carreirasgalegas.com
A cota de inscrición será de 2 euros para os participantes (SUB10, SUB12, SUB14 e SUB16) e
de 5 euros para (SUB18, SENIOR E MÁSTER). A inscrición para os (SUB Cool será gratuita. Unha
vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
III. - Categorías e clasificacións
Establécense as seguintes categorías:
SUB8: Nados o ano 2017 e posteriores. A proba de esta categoría ten carácter participativo polo
que non se realizará clasificación. Tódolos participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
SUB10, masculina e feminina: Nados os anos 2015 e 2016.
SUB12, masculina e feminina: Nados os anos 2013 e 2014.
SUB14, masculina e feminina: Nados os anos 2011 e 2012.
SUB16, masculina e feminina: Nados os anos 2009 e 2010.
SUB18, masculina e feminina: Nados os anos 2007 e 2008.
SENIOR, masculina e feminina: Nados en 2006 e anteriores ata Máster A.
MASTER A, masculina e feminina: De 35 a 49 anos.
MÁSTER B, masculina e feminina: De 50 anos en adiante.
XXVI CARREIRA SAN SILVESTRE
DE CASTRELO DE MIÑO
ABSOLUTA, masculina e feminina: Sub18, Sénior, Máster A e Máster B.
Haberá unha clasificación por cada categoría, excepto para a categoría “PITUFOS”.
IV. - Recollida de dorsais e Chips
Os dorsais e chips entregaránse preferentemente os días 30 e 31 de decembro na Casa do Concello
de Castrelo de Miño en horario de 08:30 a 15:00 h., excepcionalmente o día 31 entregaránse en
horario de 15:15 a 16:00 horas no Parque Náutico.
Os/as deportistas terán que portar obrigatoriamente o dorsal no peito en todo momento, sen
dobrar nin ocultar, ben visible.
V. - Horarios de Saída e Percorridos
HORARIO SAÍDA CATEGORÍAS CIRCUITO Nº DE VOLTAS DISTANCIA TOTAL
CARREIRA
SUB 12 E SUB10
15:45 h.
SUB12 e SUB10 1,15 Km. 1 1,15 Km.
CARREIRA
SUB 16 E SUB 14
16:00 h.
SUB16 e SUB14 2,75 Km. 1 2,75 Km.
CARREIRA
ABSOLUTA
16:30 h.
SUB18
SENIOR
MÁSTER A
MÁSTER B
2,75 Km. 2 5,5 km.
CARRERIRA
SUB 8
17:15 h.
SUB8
125 m.
Paseo fluvial do
Parque Náutico
- 125 m.
A carreira disputaráse sobre circuitos con saída e meta no Parque Naútico de Castrelo de Miño
según os mapas orientativos que figuran nos anexos de este regulamento. A organización poderá
modificar o percorrido previsto por motivos de seguridade ou por causa de forza maior.
VI. - Premios
Haberá os seguintes premios por categoría:
 PITUFOS: Medalla para tódolos participantes.
 SUB10, SUB12, SUB14 e SUB16: Medalla para as 3 primeiras mulleres e para os 3 primeiros
homes de cada categoría.
XXVI CARREIRA SAN SILVESTRE
DE CASTRELO DE MIÑO
 SUB18 e SENIOR: Trofeo para as 3 primeiras mulleres e para os 3 primeiros homes de cada
categoría.
 MÁSTER A e MÁSTER B: Agasallo ou medalla para as 3 primeiras mulleres e para os 3
primeiros homes de cada categoría.
 ABSOLUTA: Trofeo para as 3 primeiras mulleres e para os 3 primeiros homes de cada
categoría.
Na carreira absoluta os premios non serán acumulativos de xeito que os que consigan premio na
categoría absoluta non recibirán outro premio pola categoría de idade á que pertenzan, pasando
estos aos seguintes clasificados por categoría de idade.
O acto de entrega de premios realizárase a partir das 17:30 h., ao rematar a carreira de PITUFOS, e
haberá chocolate quente para tódolos participantes.
VII. - Seguros e Servizos Médicos
Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de Seguro de Responsabilidade Civil e
cun Seguro de Accidentes.
É imprescindible estar inscrito/a para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes. Haberá
servizo de ambulancia para a atención dos participantes.
Quedan excluídos, da cobertura destes seguros, os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, os casos producidos polo desprazamento ao lugar da
competición ou desde este á orixe, da normativa de competición, etc.
VIII. - Descualificacións
Serán motivos de descualificación, entre outros, os seguintes:
- Non realizar todo o circuíto da carreira.
- Non levar dorsal visible por diante.
- Manipular o chip.
- Falsificar datos persoais.
- Suplantación de identidade.
Todo/a aquel/a atletas descualificado/a deberá retirar o seu dorsal e abandoar o circuito de forma
inmediata. Os servizos médicos, o xuíz árbitro da competición e o persoal da organización, están
facultados para retirar xustificadamente da carreira a calquera atleta que manifesta un mal estado
físico evidente.
XXVI CARREIRA SAN SILVESTRE
DE CASTRELO DE MIÑO
IX - Reclamacións
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis tarde de 30’ despois de
comunicarse oficialmente os resultados.
X. – Normativa de referencia
Para todo o non disposto neste regulamento aplicarase a normativa FGA e, de ser preciso, a
normativa RFEA e WA.
XI. - Outras Disposicións
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición
implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores.
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída
na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación
non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e WA en vigor.

[ Go Back ]