Calendario
Ver carrera

Ordes - San Silvestre

31/12/2024 12:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción VII SAN SILVESTRE ORDES
O Concello de Ordes celebra a VII edición da San Silvestre non competitiva, o
martes 31 de decembro de 2024 na localidade de Ordes e de acordo co seguinte:
REGULAMENTO
Poderá participar calquera persoa federada ou non federada, independentemente da
súa idade ou condición física, de maneira non competitiva sen clasificación ou
resultado algún.
HORARIO
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio
de cada proba, que será ás 12:00 h., sita na rúa Entreparques (detrás da Casa
Consistorial).
PERCORRIDO:
Saída e meta na rúa Entreparques, cunha distancia de 3,9 km aproximadamente.
INSCRICIONS:
Poderán facelo visitando a páxina web www.carreirasgalegas.com onde se lle
indicarán os pasos que deberán efectuar para formalizar a inscrición, que será gratuíta.
O prazo de inscrición rematará o domingo 29 de decembro de 2024 ás 23:59 horas.
NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais
recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN ao carón do Concello de Ordes ata
MEDIA HORA antes do inicio da proba.
PARTICIPACIÓN:
Anímase a tódolos participantes a acudir disfrazados ou con motivos de nadal.
Ao final da proba, haberá chocolate e roscón para todos os participantes.
Para máis información, poderán utilizar o teléfono 981 680002 (ext. 5).

[ Go Back ]