Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Betanzos - San Silvestre
31/12/2024
17:00 - 18:00
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO
San Silvestre de Betanceira 2024
O Clube Atletismo Betanzos coa coorganización do Concello de Betanzos e a
colaboración de Acebe, Protección Civil de Betanzos, Club Ciclista Betanzos e
As Vellas Non Paramos organizan o martes 31 de Decembro do 2024 a SAN
SILVESTRE DE BETANCEIRA 2024.
A continuación detallamos o regulamento da proba:
REGULAMENTO:
1- A saída e chegada das probas serán na Praza da Constitución.
2- O percorrido será completamente urbano con bo firme.
3- A competición non será cronometrada.
Todos os/as atletas deberán levar nun lugar ben visible o dorsal que lle
proporcionará a organización.
4- Contaremos con avituallamento na meta.
5- Os/as participantes deberán recoller o dorsal para poder participar na proba.
Este será entregado o día da proba no lugar de Saída/Meta dende ás 13:00h
da maña ata 15:00h d da tarde. * Para recoller o dorsal doutro participante
será posible acudir coa fotocopia ou foto de tlf do DNI deste.
6- A inscripción na proba farase a través da web championchipnorte.com
antes do día 29 de Decembro e presencial nas oficinas de ACCEBE do
3/12/2024 a 13/12/2024 no horario de 10:00h a 14:00h, requisito
imprescindible para participar na proba sexa cal sexa a categoría.
Datas de inscripción e prezos en cada disciplina:
- Infantís(sub6,sub10,sub14,sub16): 3€ do (3/12 ó 29/12).
- Adultos: 7€ do (3/12 ó 29/12.)
- Sub18: 7€ do (3/12 ó 29/12)
- Andaina: 6€ do (3/12 ó 29/12 )
- Inscricion en ACEBE do 3/12/24 a 13/12/2024
*(1€ de cada inscripción será donado para Cruz Roja Betanzos)
7- Distancias e horarios: (As distancias son aproximadas)
PEQUES Posterior a 2017: 100 metros, saída as 16:35h (Poden ir acompañados dun
adulto)
SUB10 (2015-2016): 500m saída as 16:40 H.
SUB12 (2013-2014): 500m saída as 16:40 H.
SUB14(2011-2012): 900m, saída as 16:40 H.
SUB16 (2009-2010): 900m saída as 16:40 H.
ABSOLUTA/sub18( 2007-2008): 5km saída as 17:00H
ANDAINA: 17:10 H
- Teremos un masimo de 600 plazas para a carreira e andaina.
9- Premios e trofeos:
- O pódium estará ubicado na Praza da Constitución.
- As categorías PEQUES, SUB10,SUB12,SUB14,SUB16,SUB18 e Absoluta
non terán clasificación final segundo o espírito non competitivo e festivo da
proba. Agasallo para todos e todas os/as atletas nas categorías infantís na
chegada dos/as participantes a meta.
-TROFEO para os 3 primeiros clasificados na categoría
absoluta/sub18 masculina e feminina. -TROFEO para o mellor
disfraz individual e colectivo. **(A categoria sub18 conta como
absoluta)
10-O tempo máximo para completar a proba de 5k é de 50 minutos. Unha vez
transcorrido este tempo dende que tivo lugar a saída, procederase a retirarlle
o dorsal a aqueles atletas que ainda poidan estar correndo a proba e
continuaran pola súa conta sen ter a garantida a atención por parte da
organización.
11-As reclamacións faránse ao director da proba non máis tarde de 20
minutos finalizada a 6 San Silvestre Betanceira.
12-A proba conta cos servizos médicos regulamentarios.
13-Duchas : non teremos duchas
14- Calquer corredor que teña un comportamento que vaia en contra do
espírito da deportividade, presente malos modos con outros participantes,
voluntarios, membros da organización ou público en xeral pode ser
descualificado inmediatamente.
15-Cada corredor acepta as normas da proba polo mero feito de inscribirse e
tamén participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma ter un nivel de
condición física suficiente para afrontar a proba e que pasou os pertinentes
recoñecementos de saúde. A organización e empresas colaboradoras non
se fan responsables de calquera lesión ou padecemento por imprudencia,
neglixencia ou falla de forma física do participante. O participante exime de
toda responsabilidade a organización que puidera derivar da súa
participación no evento (pérdida de obxectos persoais, roubo, lesión,
atropelos, agresións...)
16-No referente á Lei Órganica de Protección de Datos: Tódolos corredores
inscritos no evento aceptan a publicación do seu nome e posibles imaxes nas
clasificacións, medios de comunicación e internet, páxina web do evento, de
empresas colaboradoras, foros deportivos, etc…
17- A organización reserva o dereito de modificar este regulamento se
considera que as circustancias excepcionais da proba o esixen.
[
Go Back
]