Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Trail da Filloa - Zas
02/02/2025
9:00 - 14:00
[
Go Back
]
Descripción
VIII TRAIL DA FILLOA DE ZAS - Regulamento
1. LUGAR, DATA E HORA:
Zas ( A Coruña). Praza do Concello de Zas
Domingo, 2 de Febreiro do 2025
Trail Longo 28K: saída ás 9:00 horas
Trail Curto 18K: saída ás 9:45 horas
Trailiño 13K: saída ás 10:15 horas
Andaina Longa 20K: saída ás 9:05 horas
Andaina Curta 12K: saída ás 10:20 horas.
2. A PROBA:
Proba NON competitiva con saída da praza do Concello e chegada no pabellón polideportivo de Zas. O percorrido discorrerá polos montes do Concello de Zas, sendo o ascenso ó monte Brondo a parte máis dura e máis técnica de todo o percorrido. Pasaremos por distintas ribeiras de ríos, carballeiras, soutos , etc. Descubriremos unas das carballeiras máis bonitas e descoñecidas da zona. Nas probas máis longas subirán o Pico de Meda, o punto máis alto do Concello de Zas, ademais de descubrir unha nova zona inédita nos arredores da parroquia de Roma.
O ascenso a Pico de Meda e ó Monte Brondo polos cortalumes con gran desnivel e moi técnicos, serán momentos que os corredores recordarán. Chegaremos ós dous picos onde as vistas son espectaculares.
Non o dubidedes. Apuntádevos ó noso trail que seguro que repetiredes para o ano.
Dentro do trail hai tres distancias:
TRAIL LONGO 28K. 1600 M+ (aproximados)
TRAIL CURTO 18K. 950 m+ (aproximados)
Trailiño 13K . 700 m+ (aproximados)
Dentro das andainas haberá 2 distancias:
ANDAINA CURTA 12K. 400 m+ (aproximados)
ANDAINA LONGA DE 20K. 750 m+ (aproximados)
O mal tempo non será impedimento para a celebración da proba. A organización poderá interrumpir a proba en calquer punto se considera que poida haber serio perigo para a integridade física dos corredores, ou en casos de forza maior.
3. CATEGORÍAS:
SENIOR (FEMENINA E MASCULINA): participantes de menos de 40 anos no 1 de xaneiro do 2025
VETERANOS (FEMENINA E MASCULINA): participantes de 40 anos ou mais no 1 de xaneiro do 2025
@s participantes teñen que ter cumpridos os 16 anos para participar no trail 13K Y 18K, e ter cumpridos 18 anos para participar no trail 28K.
Na andaina poden participar menores de idade sempre acompañados dun adulto.
Os menores de idade que queiran participara no trail ou na andaina deberán entregar unha autorización firmada polos titores.
4. INSCRICIÓNS:
A data de apertura de inscricións é o 29 de Novembro do 2024 às 20:00 .
Na web: https://inscripciones.empa-t.com/inscripcion/viii-trail-da-filloa-de-zas/
5. DORSAIS:
Pódense recoller os dorsais o sábado 1 de Febreiro de 19:00 h. ata 22:00 h. no Restaurante Tivoli (Zas). O domingo 2 de Febreiro pódense recoller na Casa do Concello de Zas unha hora antes da saída de cada carreira.
A saída encóntrase na praza do Concello de Zas. Para poder retirar o dorsal hai que presentar o D.N.I. Para poder retirar o dorsal unha terceira persoa ten que presentar unha fotocopia do D.N.I. do titular de dito dorsal e a autorización de recollida correctamente cuberta.
6. PREZO:
TRAILIÑO 13K
Ata o 19 de Xaneiro do 2025 ás 23:59 horas: 13 Euros
A partir do 20 de Xaneiro do 2025 ata o 28 de Xaneiro ás 23:59 horas: 17 Euros
Disporanse de ata 200 prazas.
TRAIL CURTO 18K
Ata o 19 de Xaneiro do 2025 ás 23:59 horas: 15 Euros
A partir do 20 de Xaneiro do 2025 ata o 28 de Xaneiro ás 23:59 horas: 19 Euros
Disporanse de ata 300 prazas.
TRAIL LONGO 28K
Ata o 19 de Xaneiro do 2025 ás 23:59 horas: 19 Euros
A partir do 20 de Xaneiro do 2025 ata o 28 de Xaneiro ás 23:59 horas: 23 Euros
Disporanse de ata 100 prazas.
ANDAINA CURTA 12K
Ata o 19 de Xaneiro do 2025 ás 23:59 horas: 11 Euros
A partir do 20 de Xaneiro do 2025 ata o 28 de Xaneiro ás 23:59 horas: 14 Euros
Disporanse de ata 250 prazas.
ANDAINA LONGA 20K
Ata o 19 de Xaneiro do 2025 ás 23:59 horas: 14 Euros
A partir do 20 de Xaneiro do 2025 ata o 28 de Xaneiro ás 23:59 horas: 18 Euros
Disporanse de ata 200 prazas.
Ata o 20 de Xaneiro podérase anular ou variar a inscrición ( incluidos cambio de titular do dorsal), tendo en caso de anulación, dereito á devolución da mesma (gastos de devolución: 3 Euros). A partir do 20 de Xaneiro non se poderá anular nin variar a inscrición.
Todos os participantes contarán con seguro de accidentes durante a proba. A inscrición dá dereito a participar na proba, seguros, avituallamentos, gardarroupa, duchas, obsequios, servicio de gardería e avituallamento post-carreira ofrecidos pola organización.
Haberá servicio de Gardarroupa, coa recollida na Casa do Concello de Zas (Saída) e devolución no pabellón polideportivo de Zas (chegada).
O Concello de Zas pon a disposición dos corredores un servicio de duchas no pabellón deportivo de Zas (zona da chegada) e no campo de futbol San Andrés.
A organización aconsella utilizar o aparcamento cerca do pabellón deportivo de Zas (zona de chegada). Ademáis desta zona haberá outras duas zonas de aparcamento, no parking do campo de futbol e parking da Casa da Cultura.
7. SINALIZACIÓN E CONTROIS:
O percorrido estará sinalado con banderolas e sinais, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos.
8. RETIRADAS E TEMPOS DE CORTE.
Peche de meta: 15:00 horas para tódalas carreiras
Así mesmo os corredores Escoba teñen a potestade para retirar da proba a calquera corredor se o seu estado de saúde así o aconsella.
9. AVITUALLAMIENTOS:
TRAIL LONGO 28K.
Tres avituallamentos líquido e sólido: km 6, km 13, km 21.
TRAIL CURTO 18K
Dous avituallamentos líquido e sólido: km 6, km 13
TRAILIÑO 13K
Un avituallamento líquido e sólido no km 6.
Avituallamento final líquido e sólido na meta (Pabellón polideportivo)
Haberá Filloas á Pedra de Zas acompañado de caldo e chourizos no Pabellón Polideportivo. Os acompañantes podrán disfrutar deste avituallamento final por un prezo de 4 Euros, previa reserva no momento da inscrición.
Os avituallamentos encóntranse en lugares visibles e sinalados. En ningún dos avituallamentos se disporá de vasos de plástico, polo que todo corredor terá que levar sistema de hidratación propio. Disporase de contedores para residuos orgánicos e envoltorios de plástico. Non existirá ningún punto para depositar basura pasado o control de avituallamento. Está prohibido o avitullamento e a axuda externa durante o desarrollo da carreira de calquer persona non participante. Así mesmo está prohibido sair da zona de avituallamento con calquer tipo de envase ou envoltorio.
10. MATERIAL OBRIGATORIO
Trail Longo 28K
Teléfono móvil con batería cargada
Contenedor de agua (minimo ½ litro)
Provision de alimentos
Manta térmica
Zapatillas de montaña
Dito material ten que estar visible no momento de entrar na zona de saída para poder chequear.
Non dispor deste material será motivo de descalificación.
11. SERVICIO SANITARIO:
Haberá persoal médico-sanitario con potestade para retirar o dorsal a calquer corredor cando considere que a sua saude está en perigo.
12. TROFEOS:
Entregaranse os seguintes trofeos:
Ós tres primeiros clasificadas/os da categoría absoluta, tanto femenino coma masculino.
Ó máis veterana/o.
Ó primeira/o, tanto femenino como masculino, do Concello de Zas (necesario estar empadroada/o)
Os tres primeiros clasificadas/os da categoría Senior e categoría Veteranos recibirán unha medalla conmemorativa, tanto femenino coma masculino.
NOTA: Os trofeos non son acumulativos. A entrega de trofeos realizarase no pabellón deportivo de Zas arredor da 13:30 horas. O non estar presente na mesma, anularáse o dereito a recibir os mesmos.
13. DESCALIFICACIÓN:
Será descalificado todo o corredor que non cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou emporque o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización
14. PARTICIPANTES:
Para participar na proba cada deportista deberá levar o dorsal de forma visible para facilitar o labor de control da proba. Así mesmo facilitarase un chip para control de tempos que deberá colocarse correctamente na zapatilla. Se non se coloca correctamente é posible que non apareza reflexado nas clasificacións finais, non admitíndose reclamación algunha ó respecto.
Tódolos participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces e estradas.
É aconsellable utilizar roupa e calzado adecuado para carreiras de montaña, autorizándose a utilización de bastóns. De elexir levar bastóns , éstos deberan ser portados durante toda a proba, non podendo desprenderse deles durante todo o percorrido.
Os participantes corren baixo a sua responsabilidade. Sobre eles recae a decisión da saída e realización da carreira. É responsabilidade de cada participante estar fisicamente preparado para realizar a proba. Os participantes eximen á organización das reclamacións ou demandas basadas en supostas accións ou non acción dos participantes u outros que actuen ó seu favor, así como das demandas resultantes dos danos que poidan sucederlles a eles como ó seus materiais.
Os participantes deberán firmar os documentos que se requiran para evidenciar máis claramente este apartado do regulamento.
15. VOLUNTARIOS:
Prestarán asistencia e facilitarán información ós corredores un grupo de voluntarios claramente identificados, situados en cruces, avituallamentos e zoas perigosas.
16. SERVICIO DE GARDERIA
A organización pon a disposición dos participantes un servicio de gardería, totalmente gratuito, previa reserva de dito servicio.
17. A ORGANIZACIÓN:
Correrá a cargo do Concello de Zas e a A. D. Monte Brondo. Resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a sua suspensión en caso de condicións meteorolóxicas adversas
Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
O percorrido non estará pechado ó trafico polo que hai que respetar o código de circulación e extremar as precaucións ó cruzar calquera estrada ou ó chegar a un cruce.
A organización resérvase os dereitos exclusivos sobre as imaxes, vídeo e información da proba, nas que poidan aparecer participantes, e para utilizar este material para a publicidade, relacións públicas ou outros fins xornalísticos ou promoción do evento. Calquera proxecto multimedia ou publicidade ten que ter o consentimento previo da organización. Para todo o non especificado no regulamento a comisión organizadora disporá unha solución o antes posible.
18. MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO
O regulamento pode ser modificado en calquer momento pola organización por previsión meteorolóxica ou por calquer tipo de circunstancia necesaria.
[
Go Back
]