Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Ferrol
22/02/2025
11:00 - 12:00
[
Go Back
]
Descripción
LVIII TROFEO “JOAQUÍN ROMERO”
O LVIII TROFEO “JOAQUÍN ROMERO”, é unha proba popular de campo a
través, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Ferrol
e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de
Atletismo. Terá lugar o sábado 22 de febreiro de 2025 a partir das 11:00 h
da mañá no lugar das Cabazas1
. A proba está suxeita ás normas da
F.G. A e R.F.E.A.
Art.1.- As probas estarán abertas a todos os atletas, federados ou non,
sen distinción de sexo ou nacionalidade. Establécense as mesmas
categorías segundo regulamentos WA, RFEA, FGA e, con carácter de
promoción engádese a categoría peques.
LVIII Trofeo Joaquin Romero de cross.
Sub 20: Nacidos/as no ano 2006 e 2007
Sub 23: Nacidos/as no ano 2005 – 2004 - 2003
Sénior Nacidos/as no ano 2002 ata o 1990
Master A Nacidos/as en 1989 ata 1984
Master B Nacidos/as en 1983 ata 1975
Master C Nacidos/as en 1974 ata 1965
Master D Nacidos/as 1964 e anteriores
LVIII Trofeo Joaquin Romero de cross.
CATEGORÍA DE MENORES
Sub 18 Nacidos/as no 2009 - 2008
Sub 16 Nacidos/as no 2011 - 2010
Sub 14 Nacidos/as no 2013 - 2012
Sub 12 Nacidos/as no 2015 - 2014
Sub 10 Nacidos/as no 2017 - 2016
Sub 8 Nacidos/as 2018 – 2019
Peques 2020 e posteriores
1Suxeito o estado do terreo.
Art 2.- INSCRICIÓN E RETIRADA DE CHIPS E DORSAIS. As inscricións
poderán efectuarse a partir do día 27 de xaneiro ata as 22:00 horas do
día 19 de febreiro a través da páxina web. carreirasgalegas. Non se
admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
Os dorsais retiraranse dende as 9:00 horas ata 10 minutos antes de cada
proba na carpa de organización.
Art 3.- PREMIOS. A organización premiará as tres primeiras persoas
clasificadas de cada categoría das absolutas e menores agás a
categoría peques. A entrega de trofeos realizarase unha vez pechado o
control de meta.
Art 4.- CIRCUITO E HORARIOS.- A proba discorrerá por un circuíto de
acordo co plano deseñado.
Hora Categoría Distancia
11:00 Master,sénior; sub 23; sub 20 ; sub 18 5.200 mts aprox 1C+3D
11:25 Sub 16 3.500 mts aprox 1B+2D
11:45 Sub 14 2.500 mts aprox 1C+1D
12:00 Sub 12 1.700 mts aprox 1B+1C
12:15 Sub 10 700 mts aprox 1B
12:25 Sub 8 400 mts aprox 1A
12:30 Peques 50 mts aprox 1 recta
Art. 6.- Serán motivos de descualificacións os seguintes:
• 6.1- Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de
coches de apoio. O incumprimento desta norma implicará a
inmediata descualificación dos corredores que a infrinxiran. Os
únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os
das forzas de seguridade e os de apoio a organización, que
contarán con roupa apropiada e visible.
• 6.2.- Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súas
extensión (no peito durante todo o recorrido) ata a súa entrada
en meta.
• 6.3.- Participar con un dorsal que corresponde a outro corredor
• 6.4.- Non realizar o percorrido da carreira completo.
• 6.5.- Non pasar polos controis de carreira establecidos.
• 6.6.- Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo
máximo de duración da proba.
• 6.7.- Non atender as indicacións dos membros da organización e
dos xuíces.
• 6.8.- Participar na carreira sen terse inscrito previamente.
• 6.9.- Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
• 6.10.- Manter unha actitude groseira, violenta ou que en xeral
atente co espírito deportivo da proba.
• 6.11.- Aquela conduta que sexa estimada antideportiva, sempre
que non sexa motivo de expulsión da carreira.
• 6.12.- Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da
organización poda se considerada como conduta antideportiva
merecedora de sanción disciplinaria
• 6.13.- Ser reincidente en algunha infracción de descualificación
de carreira.
• 6.14.- Ningún/ha atleta federado/a poderá competir con outro
club que non sexa o que figure na súa licenza correspondente. No
caso de que se producise esta situación, o/a atleta será
descualificado/a automaticamente
• 6.15.- A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces,
que establecerá os correspondentes controis ao longo do circuíto.
Art, 7. A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto
polo que discorrerá a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a
facultade de decidir sobre calquera circunstancia ou aspecto que non
se considere neste regulamento.
Art 8.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do
seu nome e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación
e/ou a Internet. De igual maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a
consente expresamente que os seus datos sexan empregados pola
organización para comunicacións acerca da súa actividade.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos
de carácter persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través dun
escrito ou correo electrónico dirixido a Concellería de Deportes do
Concello de Ferrol, praza de Armas s/n, 15402 Ferrol,
.
Art. 9.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas
e demais consideracións reflectidas neste regulamento.
Art. 10.- A Organización ten subscrito un seguro colectivo de accidentes
e responsabilidade civil. De todos os xeitos, a Organización
recoméndalles aos participantes que, con anterioridade á proba,
efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un
adestramento axeitado para as características desta competición
Art 11.- As reclamacións relativas a clasificación faranse verbalmente
antes dos 30 minutos posteriores de facerse publico o Xuíz Árbitro ou na
secretaría da competición, sendo o Xuíz árbitro o encargado de
resolvelas. Para todo o non previsto neste regulamento, resolverase
conforme as normas da F.G.A ; R.F.E.A e a W.A. por este orden.
.Art. 12 - Non se disporá de servizo de consigna nin de duchas.
[
Go Back
]