Calendario
Ver carrera

Trazo

01/03/2025 10:30 - 11:30

[ Go Back ]

Descripción IX Carreira Entroido Trazo
01 de Marzo de 2025
REGULAMENTO DA PROBA
 FILOSOFÍA DA PROBA
O Concello de Trazo organiza coa colaboración da Federación Galega de
Atletismo esta proba dende fai 8 anos. O carácter lúdico da mesma é pé
fundamental xunto co fomento do deporte. O primeiro ben dado polas datas do
Entroido nas que ten lugar a proba e o segundo foi en aumento.
Para manter o carácter lúdico realizarase unha carreira con distintas
categorías nas que é obrigatorio participar disfrazado.
No caso do obxectivo deportivo contamos co TRILLAZO (3 millas de
Trazo), que ten un percorrido polas inmediacións de Viaño Pequeno (lugar de
comezo e fin da proba). Cunha superficie mixta de asfalto e pista forestal.
Nesta proba non é imprescindible ir disfrazado.......
 aínda que non será prohibido 
As dúas probas teñen un carácter popular, non profesional, nas que
pode participar todo aquel que o desexe. PROBA GRATUITA PARA TOD@S.
 LUGAR DA SAÍDA E CHEGADA
Nas inmediacións do Pavillón Municipal do Concello de Trazo.
 CATEGORÍAS
CATEGORÍA ANOS DE NACIMENTO
Pitufos/as Nados 2018 e posteriores
Sub. 10 Nados en 2016 e 2017
Sub. 12 Nados en 2014 e 2015
Sub. 14 Nados en 2012 e 2013
Adultos/as Nados en 2011 e anteriores
 HORARIOS
CATEGORÍA HORAS DISTANCIA
TRILLAZO (Adultos/as) 10:30h 3 Millas/4,8km
Pitufos/as 11.15h 100m
Sub. 10 11:25h 200m
Sub. 12
11:35h
400m
Sub. 14 400m
Adultos/as 11:45h 1,2km
A partir das 9:30h abrirase a Secretaría da proba para retirar o dorsal.
Ata ½ hora antes do comezo da correspondente carreira.
 INSCRICIÓNS
As inscricións na proba serán gratuítas para todas as categorías.
A data límite de inscrición será o xoves 27 de febreiro de 2025 ás 24:00h.
Lugar Datos a aportar
www.carreirasgalegas.com Nome e apelidos
Home/muller
Data de nacemento
NIF
Telefono
e-mail
Federado/a--si/non
serviciosdeportivostrazo@gmail.com
Pavillón Municipal Trazo
Telf: 682902185
Non hai límite de participantes.
 CONTROL DE CHEGADA
O cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo.
Tódalas reclamacións deberán realizarse verbalmente ao Xuíz Árbitro,
non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime
oportunos.
 PARTICIPACIÓN
Os/as participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e
manter limpo a contorna da mesma. Para tal fin débese comer e beber sen
deixar ningún envase fora dos recipientes habilitados.
Tódolos/as participantes da proba deberá levar en todo momento o dorsal
facilitado pola Organización, nun lugar visible (parte anterior do corpo) non
podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O incumprimento carrexará a
descualificación do/da corredor/a.
O percorrido da proba estará marcado con sinais visibles e facilmente
identificables. A Organización terá os puntos de control oportunos para o
correcto desenvolvemento da proba.
 AVITUALLAMENTO Ó FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE
DUCHAS
Ó fin de cada proba proporcionarase @s deportistas unha bolsa con
bebida, froita...
Dispoñible servicio de duchas no Pavillón Municipal.
 PREMIOS
Recibirán medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas de
cada carreira por categorías. Na carreira de Pitufos levarán medalla tod@s
@s participantes.
Recibirán un premio especial os mellores disfraces nas diferentes
carreiras, en categoría infantil e adulto. Premiarase ó Mellor disfrace, Mellor
disfrace feito na casa e Mellor disfrace colectivo.
O xurado levará a cabo a valoración dos disfraces ó longo da xornada.
A entrega dos premios levarase a cabo ó fin de tódalas probas.

[ Go Back ]