Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Santiago
29/03/2025
18:30 - 19:30
[
Go Back
]
Descripción
5º CROSS Y ANDAINA SOLIDARIA
A FAVOR DA INVESTIGACIÓN DE DUCHENNE Y BECKER
“UNHA TARDE CON SAMUEL” 29/03/2025
Organizarase no circuíto de Campo a Través do Parque de MONTE DO GOZO en
Santiago de Compostela, un Cross Solidario para dar a coñecer esta enfermidade e
outras recadando fondos para a investigación da enfermidade de distrofia muscular
DUCHENNE e BECKER.
Baixo o lema dunha “TARDE CON SAMUEL”, afectado por esta enfermidade rara,
organizarase a terceira edición dun Cross Solidario que estará baixo o control do
Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo e coa colaboración do
Concello de Santiago e outras entidades.
Esta proba de carácter 100% solidario, celebrarase o SÁBADO 29 DE MARZO 2025,
no Parque de MONTE DO GOZO en Santiago de Compostela.
Toda a información respecto a esta enfermidade poderana consultar no ligazón
https://www.duchenne-spain.org/que-es-duchenne/ .
As probas rexeranse polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. Participación.
Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que formalicen a súa inscrición
no tempo e prazo preciso e sempre que entren dentro do rango de idades
establecido para as categorías establecidas no presente regulamento. O control da
proba estará baixo a supervisión do Comité de Xuices da Federación Galega de
Atletismo.
Artigo 2. Categorías de competición.
Estableceranse as seguintes categorías de competición, tanto masculinas como
femininas:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA
Pitufos/as Nadas/os en 2021 e posteriores 350 m aprox. 17:30 H
Sub 10 Nadas/os en 2016 e 2017 1200 m
aprox.
17:45 H
Sub 12 Nadas/os en 2014 e 2015 1200 m
aprox.
17:45 H
Sub 14 Nadas/os en 2012 e 2013 2000 m
aprox.
18:00 h
Sub 16 Nadas/os en 2010 e 2011 2000 m
aprox.
18:00 h
Sub 18-Sub 20 Nadas/os entre 2006 e 2009 5000 m
aprox.
18:30 h
Senior Nadas/os en 2005 ata máster 5000 m
aprox.
18:30 h
Máster 1 De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba 5000 m
aprox.
18:30 h
Máster 2 De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba 5000 m
aprox.
18:30 h
Máster 3 De 55 anos cumpridos o día da proba en adiante 5000 m
aprox.
18:30 h
ANDAINA 2800m
aprox.
17.00h
Artigo 3. Lugar de saída das probas.
As probas terán a súa SAIDA e Meta no Parque MONTE DO GOZO a partir das 17:30
horas do sábado 29 de marzo de 2025.
Artigo 4. Inscricións. PREZO e PRAZO.
As inscricións poderán realizarse a través das páxinas web atletismo.gal e
www.carreirasgalegas.com con prazo límite o mércores 26 de marzo de 2025 ás
23:59 horas.
PREZOS DE INSCRICIÓN
Adultos (de sub 18 - sub 20 en adiante) 9 euros
ANDAINA adaptada para persoas con movidaDE reducida 6 euros
Escolares 3 euros
(Donativo solidario “voluntario no momento de recoller o dorsal)
Na páxina web www.carreirasgalegas.com existirá a posibilidade de inscribirse con
DORSAL 0, a través da cal poderase facer un donativo sen necesidade de participar
na proba.
TODA A RECADACIÓN IRÁ DESTINADA AO MOTIVO REAL DA PROBA.
Artigo 5. Retirada de dorsais.
Os dorsais recolleranse o día
venres 28 marzo no Departamento de deportes, planta baixa, de EL CORTE INGLÉS
de SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Horarios: venres 11h-13.30h/ 16h-20h E O sábado 29 marzo de 10.30h. -13.00h.
logo recolleranse na zona de saída a partir das 16.00h.
Artigo 6. Avituallamento.
Haberá servicio de AVITUALLAMENTO líquido e sólido na zona de meta por cortesía
dos colaboradores.
Artigo 7. Premios.
A entrega de premios realizarase unha vez conclúan as probas. Establecen os
seguintes premios:
Medallas as categorías ata sub 16 e os da andaina incluídas
trofeos para os tres primeiros/ras clasificados/as de cada categoría establecida no
presente regulamento.
Trofeo para os tres clubes federados máis numerosos da proba, entre adultos e
escolares.
Artigo 8. Responsabilidade e reclamacións.
A organización da proba non se fará responsable dos danos morais que a si mesmo
ou a outras persoas ocasionen os participantes desta proba.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da proba (o que
designe o comité galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo) non máis
tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
A organización reservase o dereito de modificar este regulamento se as
circunstancias o requiren (informando previamente)
Todo o non recollido no presente regulamento resolverase de acordo a normativa en
vigor da RFEA e FGA para probas en ruta da tempada 2020.
ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de
inscribirse e participar na proba, aceptan esta normativa e, en caso de dúbida ou
xurdindo algunha situación non prevista nela, resolveranse de acordo coas
disposicións dispoñibles, o Comité Organizador e as regras da FGA, RFEA e IAAF en
vigor.
[
Go Back
]