FisiCOVID - DXT Galego

Actualízase o apartado de competición do protocolo FisiCOVID - DXT Galego da federación galega de atletismo. No referente a probas en ruta, campo a través ou trail federativas queda así:

:: Comenta o protocolo neste tema do foro ::
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA COMPETICIÓNS
Os participantes deben coñecer e asumir o risco inherente á práctica deportiva en canto a un posible contaxio e iso aínda cando as organizacións adopten toda unha serie de medidas para que isto non se produza.

Nalgúns casos a adopción de tales medidas por parte das organizacións deportivas poderá alterar ou modificar a dinámica habitual de desenvolvemento das competicións.

CONSIDERACIÓNS XERAIS
Todos os atletas deberán permanecer en todo momento coa máscara posta salvo no momento da competición.

Carreiras en ruta, campo a través ou trail
Condicións de participación

Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o certificado de vacinación COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba. Calquera de unha destas tres condicións deberá ser amosada á organización no momento da recollida do dorsal ou con antelación segundo a propia organización do evento así o estableza.

- Poderanse realizar saídas de ata 500 atletas simultaneamente, sempre e cando todos os atletas estean coa máscara posta. Só poderán quitala se cumpren a distancia de seguridade de 1,5m segundo as indicacións do xuíz de saídas ou da organización, momentos antes da saída cando todos os atletas se achegan a posición de: aos seus postos antes do disparo. En caso de non poder manter a distancia, os/as atletas deberan saír correndo coa máscara posta, podéndoa retirar transcorridos os suficientes metros que garantan a distancia de seguridade.

- A máscara poderá ser gardada polo atleta que a poderá portar durante a carreira, poderá correr con ela se así o desexa, ou poderá ser quitada e tirada nos contedores que a organización poderá dispoñer para tal efecto.

- Poderán ser realizadas tantas quendas como a organización estime cumprindo coas medidas de seguridade e control establecidas.

- A cadencia mínima entre as diferentes quendas será de 1 minuto.

- 0 número máximo de atletas permitidos nunha competición en ruta, campo a través ou trail será regulado pola Xunta de Galicia, se procede.

- Unha vez finalizada a carreira, o atleta deberá colocar a máscara, ben empregando unha persoal ou a facilitada pola organización.

Naquelas carreiras que non poidan cumprir con calquera das condicións anteriormente mencionadas. Todos os participantes deberán participar en todo momento coa máscara posta, non podendo ser retirada en ningún momento con independencia da idade dos participantes.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

:: FisiCOVID - DXT Galego da FGA :: (PDF co apartado competición)

Correr en Galicia

Enviado por Admin o 11-Mar-2022 (1997 Lecturas)
"FisiCOVID - DXT Galego" | 0 comentarios

Os comentarios son propiedade de quen os enviou. Non somos responsables do seu contido.