Correndo polos foros

Correndo polos foros (I)
O que se comenta estes días

Esta fin de semana celebrouse a primeira media maratón do ano en terras galegas, a Coruña 21, unha proba con máis de 1.000 chegados a meta e que se viu acompañada por outra carreira de 5 km e unha climatoloxía favorable.

:: Comentarios media :: Comentarios 5 km :: Fotos e vídeo das probas (grazas a Tere e Tania)

Outro dos temas que despertou interés estes días no foro foi o da posible suspensión da única maratón de ruta que temos en Galicia, prevista para o mes de outubro, e que bloqueou as inscricións hai unhas semanas.

:: Posible suspensión Maratón Atlántica

A organización dos 10 quilómetros de O Porriño tamén notificou o cambio de data da súa carreira para o 30 de abril. E, nos diarios de adestramento, celebramos a apertura dun novo diario polo foreiro Mac-Ray, moitas grazas por compartir no foro as túas experiencias deportivas.

Correr en Galicia

Posted by Admin on 14-Feb-2023 (1038 reads)
"Correndo polos foros" | 0 comments

The comments are owned by the poster. We aren't responsible for their content.