Fotografías: Fotos Carreras San Silvestre en Galicia
Fotos Carreras San Silvestre en Galicia
Álbumes de fotos de carreiras de fin de ano
Xa tedes no foro de Fotos e Vídeos instantáneas das moitas carreiras San Silvestre celebradas en Galicia o derradeiro día do ano. Coma sempre, agradecer o traballo dos fotógrafos voluntarios pola súa dedicación, paciencia na proba e o tempo que botan subindo as fotos. Se che gustan as fotos ou saes nelas, deixa unha mensaxe de agradecemento no tema. Son 10 segundos e o fotógrafo o agradecerá!!
:: Foro de Fotos e Vídeos
Sobre fotografías de menores no foro
A partir deste ano pedimos a colaboración de todos para non publicar fotos ou enlaces a álbumes que conteñan fotos de menores de idade. Aínda que a moitos rapaces (e nais, pais, avós...) gústalles buscarse e verse reflexados nas fotos, tamén hai quen non lle gusta ver aos seus cativos reflexado nun foro ou álbum público e non podemos pasalo por alto. Ante a imposibilidade técnica de separar a uns e outros vémonos na obriga de non permitir esas fotos.
:: Publicación de menores nas fotos
Moitas gracias a todos pola vosa colaboración.
Correr en Galicia
"Lo más incomprensible del mundo es que es comprensible" Albert Einstein