Feliz 2015!! / 31-Dec-2014
Cos nosos mellores desexos para este 2015 que comeza...

Correr en Galicia
Cos nosos mellores desexos para este 2015 que comeza...

Correr en Galicia
Carreira Popular de Abegondo / Resultados
Invasión Celeste / Resultados
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Corre con Nós I / Clasificación
Media Maratón Solidaria Zona Aberta, Vilagarcia / Resultados
Vigo +11 / Resultados
Enviar postos para o Circuíto
San Silvestres 2014
Arenteiro, Ares-Mugardos, Ribadeo e As Pontes
Comezamos co repaso das numerosas probas que teremos nos últimos días do ano espalladas por toda Galicia. A pesares do carácter festivo das mesmas, as que leven indicado o seu coeficiente serán puntuables para o Circuíto 2014-15.
Domingo 28
/ Solidaria do Arenteiro / Organizada polo Concello de O Carballiño e coa colaboración do Atletismo Arenteiro e Kórpore Carballiño, a proba chega a súa sexta edición sobre una distancia duns 10.000 m. Coeficiente 1,5.
/ Carreira de Fin de Ano / Esta carreira alterna a súa saída anualmente entre os concellos de Ares e Mugardos, sendo este 2014 o percorrido dende Ares ata Mugardos e volta. Coeficiente 1,50.
Mércores 31
/ San Silvestre de Ribadeo / Empezamos polo norte de Galicia. O Concello de Ribadeo organiza esta proba con 5.000 metros de percorrido e probas para todas as categorías. Coeficiente 1.
/ San Silvestre Pontesa / Un ano máis o Club Atletismo Olympo e o Concello de As Pontes invitan a todos os veciños e afeccioados a despedir o ano deportivamente e con premios para os mellores disfraces. Coeficiente 1.
Seguide atentos ao calendario porque seguen chegando probas. Para consultas ou aclarar dúbidas usade os temas abertos no foro e enlazados nos regulamentos das probas.
Correr en Galicia
"Vivir consiste en construir futuros recuerdos". Ernesto Sábato.
Solidaria pola Esclerose Múltiple (AVEMPO) / Proba de 5 km / Proba de 10 km
Legua Solidaria Marítima R.S.D Hípica, A Coruña / Resultados
E.ON Night Race, Lugo / Clasificación xeral
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Contra el Cáncer Ferrol / Resultados
Os Santiños / Resultados
Carreira Popular do San Martiño, Ourense / Clasificación xeral
Vigo contra el Cáncer / Proba de 5 Km / Proba de 10 km
Concello de Monterrei / Clasificación xeral
Enviar posto para O Circuíto
Novas clasificacións no Circuíto
Categorías e localidades
Esta tempada estamos a traballar na web do Circuíto para engadirlle melloras que fagan máis divertido o xogo. Entre elas xa podedes atopar varias clasificacións novas ás que se accede tanto dende o panel lateral coma dende a vosa ficha particular, premendo no voso nick nas clasificacións individuais.
/ Clasificacións por categorías: unha petición de moitos dos participantes, saber o seu posto entre os corredores do mesmo rango de idade. Empezando pola categoría senior (M18) e avanzando logo en tramos de 5 anos segundo a data de nacemento.
/ Clasificacións por localidades: agora temos mini-circuitos por pobos e cidades. Todas aquelas localidades con alomenos 5 inscritos en individual teñen a súa propia clasificación persoalizada.
/ Clasificación entre localidades: e por último un ranking para saber en que localidade están os mellores corredores de Galicia. A clasificación configurase collendo as 6 mellores puntuacións en cada momento de cada localidade.
En todas elas podedes voltar a vosa ficha facendo clic sobre o voso nick.
Desexamos que estas novidades sexan do voso agrado e agardamos que faga máis divertida a competición. Para calquera comentario, idea ou mellora podedes facelo a través deste tema do foro.
Correr en Galicia
"Independiente siempre, aislado nunca." Emilio Visconti-Venosta
XI Aniversario Correr en Galicia
Grazas a tod@s por facelo posible
Este mes de novembro Correr en Galicia cumpre 11 anos dende que abriu as súas "portas" alá polo ano 2003... de cando usar un móvil para conectarse a Internet parecía cousas de marcianos
Ata este ano 2014 chegamos cos nosos altibaxos, con centos de historias, miles de fotos e centos de miles de puntos no Circuíto...
Moitas grazas por facer deste foro un dos máis lonxevos e activos da Internet galaica e formar entre todos unha grande familia de corredores espallados por todo o territorio e máis aló... un saúdo especial aos foreiros emigrados que seguen conectados de xeito virtual.
Unha grande aperta a tod@s e quilómetros!!
E, coma todos non entramos, aquí vai unha pequena "foto de familia" cos emoticonos "tomando" ao asalto o Calendario ![]()

Correr en Galicia
Correndo xuntos, medrando xuntos
Ascensos administrativos
Divisións individuais
Coma todas as temporadas, completamos as 200 prazas do Circuíto na 1ª e 2ª división cos postos do 41º en adiante da 2ª e 3ª da tempada anterior para cubrir aos participantes non re-inscritos. A partir de agora, tanto as novas coma as re-inscricións empezarán a puntuar en terceira. A configuración definitiva das divisións individuais queda así:
:: 1ª División :: 2ª División :: 3ª División ::
Noraboa aos novos ascendidos. Podes consultar todos os ascendidos na seguinte listaxe ordeada alfabéticamente.
De 2ª a 1ª
1.- Freddygl
2.- Kiks
3.- Luishermida
4.- Mon
5.- Sr.Ito
6.- Toneco
7.- Vir
De 3ª a 2ª
1.- Betos
2.- Buru
3.- Casor.agra
4.- Casper
5.- Charrua
6.- Crs23
7.- Dalogax
8.- Danielsanv
9.- Deivitri
10.- Deltaford
Participa no Circuíto 2014-15
Fai as túas carreiras máis divertidas
O Circuíto Galego de Carreiras Populares 2014-15 é un xogo aberto a todos os atletas populares onde o importante é pasalo ben e onde NON gaña o corredor máis rápido, senón o máis constante ao longo da tempada. O único requisito é ter cumpridos os 18 anos o 6/9/2014.
Podes sumar puntos entre as máis de 200 carreiras que serán puntuables ao longo da tempada co único límite de 40 probas enviadas na túa ficha. A tempada vai do 6/9/2014 ata o 28/6/2015.
¿Cómo vai iso de sumar puntos?
Primeiro tes que inscribirte na modalidade individual do Circuito e logo participar nalgunha das probas puntuables. Unha vez publicados os resultados da carreira na que participaches só tes que ir á sección enviar posto e indicar o teu nick, a proba e o posto logrado. Nada máis.
Hai un prazo de 15 días por proba para enviar o posto.
:: Quero participar
¿Qué carreiras puntúan?
As probas puntuables actualízanse nesta listaxe segundo as organizacións vaian confirmando a data da celebración de cada carreiras. Podes facerte unha idea das probas puntuables consultando as da tempada pasada.
¿Cómo podo competir por parellas e equipos?
Para facer máis divertido o xogo podes participar cun amigo ou grupo de amigos na modalidade de parellas e equipos.
Por parellas.
Hai unha clasificación xeral para todas as parellas (femininas, masculinas ou mixtas) e outra só para as parellas mixtas.
Para participar só tes deixar unha mensaxe cos 2 nicks da parella neste tema do foro.
Para repetir a parella da tempada anterior, indicalo neste outro tema.
Por equipos
Hai tres divisións de equipos e as novas inscricións empezan en 3ª.
Están formados por 6 corredores dos que un deles é o capitán.
A puntuación do equipo é a suma dos 5 que en cada momento leven máis puntuación.
En caso de empate ponse por diante o que teña o capitán con máis puntos.
Para inscribir a un equipo o capitán ten que deixar unha mensaxe neste tema coa alineación.
Podes buscar corredores para o teu equipo no mercado de fichaxes.
As clasificacións actualizadas de cada división e a lista de inscritos a podes consultar da web do Circuíto 2014-15. Se tes calquera dúbida podes enviar un correo ou facer a consulta no foro do Circuíto.
Correr en Galicia
“En España, de cada diez cabezas nueve embisten y una piensa.” Antonio Machado.
Popular de Campañó (CCCP) :: Resultados :: Foro :: Fotos (por Laura e Rosa)
Carreira Popular de Mos :: Resultados :: Foro :: Fotos (por Xornal21)
21 Costa da Vela :: Resultados :: Foro :: Fotos (por Hoxxkar, Merce, AnaMaría, Xurxo64 e Caminante)
"Entre pazos e carballos", Taboada :: Resultados :: Foro :: Fotos (por Tatiana)
Carreira Julia Vaquero, A Guarda
Carreira Popular de Viveiro
Nocturna de Ferrol
Carreira Popular de Mesía
Carreira Popular de Mesía (mini)
Gundián, Ponte Ulla
Carreira Popular de Meaño
A Ponte, Correndo por Ourense
Romería Viquinga, Catoira
Benquerencia Terra e Mar
Media Maratón de Ribadeo - As Catedrais
Suma os teus primeiros puntos da tempada